Skip to Content

A máquina do tempo!

Tiñamos o listón moi alto despois dos éxitos dos veráns pasados (Que bonito é ser muller!, O Bosque de Sabela ou Coida o mar! ) pero volvémolo facer!

Este ano compuxemos "A máquina do tempo" unha pegañosa canción sobre a historia que vai camiño de converterse no novo hit do verán.

A orquestra Panorama está interesada en incluíla no seu repertorio e a vós, gústavos??

(se queres ver o vídeo en pantalla completa preme na palabra Vimeo)

Telexornal 2018

Un ano máis o "Telexornal de Rubiáns" é unha das actividades que causa moita expectación no festival de curso.

O alumnado de 6º é o encargado de facer un resumo a modo de noticieiro de todo o acontecido no cole durante o curso.

Este ano, non podía ser doutro modo, viaxamos no tempo e cada bloque estivo recreado nunha etapa da historia. O alumnado traballou moito pero cremos que valeu a pena non si? Que vos parece?

(se queres ver o vídeo en pantalla completa preme na palabra Vimeo)

Festival fin de curso

Este ano decidimos facer o festival de fin de curso no centro cultural da parroquia, pois o noso "auditorio" queda sempre pequeno.

Pensamos que foi unha boa decisión e que as actuacións do alumnado luciron moito máis neste escenario.

Mil grazas á asociación cultural O Souto porque todo foron facilidades para poder utilizar este espazo. 

No seguinte vídeo podedes ver algunhas fotos das actuacións.

Bo verán a todos e vémonos en setembro!!

Festa do Deporte 2018

Este ano para celebrar a Festa do Deporte recibimos a visita de "Os Ingleses" Club de Rugby da nosa cidade.

Primeiro aprendemos un pouco de teoría e despois saímos á pista, porque facendo é como mellor se aprende.

Grazas aos Ingleses pola visita e polo agasallo de clases gratis para os premiados por consumir froita.

Un pracer recibirvos no cole!

Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

Un ano máis tivemos a sorte de poder realizar no cole o obradoiro moi divertido "O sabor da aventura está no mar"  dentro do Proxecta "Aliméntate ben"

Lembramos os superpoderes (o seu principal aporte nutricional...) dos nosos amigos da pandilla dos Arroases

Fixemos uns xogos moi entretidos e aprendemos moitas cousas tanto sobre alimentación saudable coma limpeza e coidado do medio ambiente.

Incidimos na importancia de coidar o noso mar que tanto beneficio nos aporta e tamén descubrimos moitas maneiras diferentes e moi atractivas de comer peixes e mariscos.

Parabéns!!!

Os nenos de 4 anos están dobremente de noraboa.

Hai uns días comunicávannos que o seu vídeo "Pizza Vegetal" foi seleccionado como 2º premio no concurso "Chefs Saudables", organizado pola Consellería de Sanidade dentro do Plan Xermola do Plan Proxecta.

Agora ademais, son os gañadores do concurso "Fai eco do lóxico" organizado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), dentro do Plan Proxecta "Aliméntate ben" cun vídeo sobre "O horto de Sabela".

 Parabéns!!!! Xa vedes que alimentarse ben sempre ten premio.

Tapóns solidarios

Amigos de Galicia recollen os tapóns

Que a Comunidade Educativa do CEIP Rubiáns é solidaria queda demostrado cada vez que se fai unha campaña de axuda.

Nesta ocasión Amigos de Galicia recolleu os millerios de tapóns que fomos recompilando entre todos.

Grazas ás familias e ao persoal pola súa colaboración tamén nos proxectos solidarios que levamos a cabo.

 

Ponlle as pilas ao teu bocata!

Que ben merendamos hoxe!!!

Dentro do programa Aliméntate ben, do Plan Proxecta, recibimos a visita do PANS (Profesores da Alimentación e Nutrición Saudable) que nos falaron sobre as conservas, a súa orixe, proceso de elaboración...

O que máis nos gustou deste obradoiro foi a parte práctica porque nós xa sabemos o bos que son os produtos do mar para o noso organismo, para iso estudamos moito sobre o mar curso pasado.

Ás veces non queremos probar alimentos novos porque pensamos que non nos van gustar, pero só o saberemos se os probamos, así que cadaquén elixiu o que lle parecía máis axeitado para o seu bocata: sardiñas, mexillóns, atúns, choquiños, leituga, tomate, olivas, millo...  Que bos estaban todos!

O atún, un ano máis, resultou o máis popular pero tamén houbo quen fixo orixinais mesturas!

Theatre in English

Hoxe tivemos a sorte de volver a gozar dunha obra de teatro no cole! Esta vez o equipo de Kids&Us representou a obra "Under the sea" e coma sempre pasamos un rato moi divertido. 

Mil grazas a Kids&Us pola súa visita! 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

 

A Orde do 3 de maio de 2019, publicada no DOG de 20 de maio, regula:

a) Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º  de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

b) Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP e EE.

c) Axudas para adquirir material escolar: EP, ESO e EE.

d) Axudas para adquirir material escolar: Cursos de E-DIXGAL

Distribuir contido


by Dr. Radut