Skip to Content

Axudas Educación Infantil

Infórmase da convocatoria de axudas á Educación Infantil para o curso 2021/22, dependentes das concellerías de Educación e de Benestar Social.

A axuda é de 60 €.

 

Establécense dous prazos para a presentación:

          1ª convocatoria, ata o 18 de xuño.

          2ª convocatoria, do 6 ao 17 de setembro.

 

Os límites de renda obtidos no 2020 son:

Unidade familiar

Límite de ingresos anuais

Unidade familiar

Límite de ingresos anuais

2 membros

13823,22 €

5 membros

23038,84

3 membros

17663,04 €

6 membros

24574,77 €

4 membros

20734,96 €

7 membros

26110,70 €

 

Dos ingresos, poderán deducirse ata 250€/mes no caso de aluguer ou hipoteca.

As solicitudes poderán obterse no departamento de Servizos Sociais, na sede electrónica do Concello de Vilagarcía https://sede.vilagarcia.gal/ ou no colexio e serán presentadas no Rexistro xeral municipal, ou na sede electrónica do Concello.

Poden consultarse as bases no documento adxunto.

Consellos para loitar contra o plástico

Con estes consellos será doado reducir o uso de plástico. Xuntos podemos coidar o noso planeta.

Reto 14: a bailar!

Volvemos cun novo reto, Nesta ocasión imos mover os esqueletes!!!
 
Que vos parece esta coreografía para bailar en familia?? Animádesvos?? Estamos desexando ver os vosos vídeos!
 

Maios 2021

A elaboración dos Maios sempre se converte nunha festa no cole. Este ano non podiamos facer coma sempre e colaborar entre todos para facer os Maios, pero aínda así, non pensabamos quedarnos sen celebrar unha das nosas tradicións favoritas.

Así que decidimos que cada curso faría o seu propio maio. O cole encheuse de cor grazas as achegas por parte das familias de fiuncho, flores, calas, ovos, cocos.....

Quedaron preciosos non vos parece?

Reto 13 zumes naturais!

Mañá comezamos o mes de maio, así que aproveitando que xa temos unha gran variedade de froitas á nosa disposición, que vos parece si facemos un reto de zumes, granizados e smoothies??

Deixamos a continuación unha serie de enlaces a diferentes receitas que vos poden servir de guía, pero podedes aportar as vosas creacións. Agardamos que vos guste este reto e que nos deleitedes unha vez máis coas vosas imaxes.

Día do Libro 2021

O venres 23 de abril visitóunos a escritora Maite Mosconi. Non podiamos conmemorar o día do Libro duha maneira mellor!

Maite contounos lendas e historias sobre o seu libro Guerreiras de Lenda. Nós, como xa leramos o libro puidemos facerlle preguntas. Ademais tamén lle amosamos as diferentes actividades que fixemos co seu libro, como debuxos, interpretacións propias das lendas....

A autora regalounos un marcapáxinas sobre unha das lendas do libro "A lobra branca" que nos puidemos  decorar.

Moitas grazas Maite pola túa visita!

No blogue da biblio podedes ver outras actividades que fixemos.

Distribuir contido


by Dr. Radut