Skip to Content

Os cegos tamén poden montar en bici

Achegámonos ao ciclismo paralímpico da man do vilagarcián Dani Barreiro, que foi guía do ciclista cego Pablo Rodríguez nas paralimpíadas de Atlanta 96.
Que interesante coñecelo de 1° man!

Literatur 2024

O alumnado de 1° e 2° participou un ano máis en Literatur, actividade para achegar a lectura aos máis peques dentro da Cidade do Libro na que se converte Vilagarcía cada xuño. Coma sempre, voltaron encantados.

Taewondo no cole con Miguel Cuevas

Hoxe visitou o centro Miguel Cuevas, seleccionador galego de varias disciplinas de taekwondo. Acompañado de Marga e Miguel dirixiu unha exhibición espectacular, na que un gran número de alumnos e alumnas do cole amosaron todo o aprendido no Olimpic.
Parabéns a todos os participantes e grazas ao equipo do Olimpic por colaborar connosco.

XOGADE 5º

Nunha nova xornada deportiva dentro do programa XOGADE, o alumnado de 5° coñeceu 4 modalidades deportivas: balonmán, rugby, esgrima e baloncesto. O ambiente que viviron xunto a outro centros educativos da cidade foi moi bo, permitíndlles ver as ventaxas de facer deporte no eido ludico e social, ademais do xa consabido benestar físico.

O Chef de Rubiáns 2024

Por fin chegou o tan ansiado día! O alumnado de 6° tivo a fortuna de cociñar co Richar, de La Malquerida, e coñecer como os alimentos son fundamentais para ter uns bos resultados deportivos. Humus, pementos, cenoiras, cabaciña... unha combinación perfecta para un aperitivo ou unha merenda saudables.
Despois, todo o alumnado gozou coas elaboracións que fixeron as familias inspirándose nos Xogos Olímpicos. Había de todo: aros olímpicos, fachos, biscoitos con diferentes decoracións, pesas, as tortiñas.coa receita segreda de Ana Peleteiro, tortilla francesa... Todo estaba boísimo e como non demos comido todo, mañá darémoslle boa conta.
Moitas grazas a Richard e a todas as familias. Sen vós sería imposible realizar esta actividade.

XOGADE 3º

Que gran día tivo o alumnado de 3° grazas ao programa XOGADE! Xunto a outros centros de Vilagarcía puido achegarse a deportes como a esgrima ou o rugby.

Pasárono xenial!

Coñecemos ao taekwondista paralímpico Alex Vidal

Hoxe tivemos a sorte de coñecer a Alex Vidal, parataekwondista participante en Tokio 2020.
O 4 veces campión mundial falounos de como se iniciou no taekwondo e doutros que practicou. Contounos unha morea de anecdotas e permitiunos preguntar libremente sobre calquera curiosidade que tiveramos.
Alex Vidal deunos unha lección de vida ao explicarnos como a base de ser "cabezón" conseguiu moitos fitos que poderían parecer impensables, como xogar ao voleibol, montar en bici, escribir ou abotoar un pantalón... e chegou ao deporte paralímpico.
Está moi agradecido de onde naceu e de todos os amigos, compañeiros, adestradores (ademais da familia) que tivo ao longo da súa vida, pois nunca se riron del, senón que o axudaban ou tiraban del para que conseguira novos retos.
Foi un auténtico pracer contar con el nesta aventura olímpica.

Coñecemos a praza de abastos

A rapazada do 2° ciclo coñeceu a praza de abastos, a nova biblioteca municipal e tras un paseíño polo paseo da praia chegaron á estación do ferrocarril.

Pasárono xenial mentres coñeceron os rincóns da nosa vila e as marabillas que atopamos no mercado local.

 

Obradoiro Nós mesmas

O alumnado de todas as aulas puideron realizar os obradoiros "Nós mesmas" que nos axudarán a coñecernos mellor e entender o mundo que nos arrodea con actividades e historias adecuadas a cada idade.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Solicitude de axuda para libros de texto, material escolar e fondo libros para o curso 2024/2025

A continuación preséntase toda a información de interese relativa á convocatoria de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar, así como do Fondo de libros de texto. 

É moi importante ler a información con atención e cubrir os documentos correctamente.

NOTA: naqueles casos de separación, divorcio, non convivencia ou situación similar, a solicitude deberá vir asinada POLOS DOUS PROXENITORES.

A continuación da seguinte presentación pódese descargar a información e os Anexos I e II.

O horario de entrega da documentación será de luns a venres, de 09:50 a 10:40 e de 14:00 a 14:50.

ENLACES:

APLICATIVO FONDO LIBROS

SEDE ELECTRÓNICA

 

 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut