Skip to Content

Visita ao Pazo de Rubianes (4º e 5º de Infantil)

Hoxe era a quenda dos máis pequenos/as do cole para a visita do Pazo de Rubianes.

Marchamos cargadiños de ilusión e volvimos abraiados/as coa beleza dos xardíns, que cousa tan bonitiña!

Visita ao Pazo de Rubianes (6º inf e 2º Prim)

Esta semana visitaremos por grupos o Pazo de Rubianes

Tiñamos moitas ganas de realizar esta visita para coñecer o histórico Pazo e os seus marabillosos xardíns que se atopa na nosa parroquía. 

O primeiro grupo en poder gozar desta excursión foron o alumnado de 5 anos e o de 2º de primaria.

Os xardíns estaban preciosos, gustóunos moito a visita. Graciñas Pazo de Rubianes!!

A Ruta das Esculturas: Infantil

Os venres do mes de maio van a estar cargadiños de aventuras.

Por grupos imos realizar "A ruta das Esculturas".

Dentro do proxecto Sabela Artista, estivemos investigando as esculturas que había en Vilagarcía. Descubrimos que había moitas máis das que pensabamos!.

Agora tocaba ir visitalas, é que mellor que viaxar en tren? Así que Sabela e os pequenos do cole, cargadiños de ilusión emprendemos a viaxe.

Contamos ademais cuns guías de luxo. Aitor e Antón de 6º foron falando das diferentes esculturas, dos seus autores e dos seus significados. Canto aprendemos!

Vimos Man con man, a Porta da luz salgada, os leóns do Concello", o busto de Rosalía, as ameixas de Carril, fixemos unha paradiña no parque de Miguel Hernández, pois alí hai varias esculturas que destacar, achegámonos ao porto de pasaxeiros e dende alí avistamos a cruz de Lobeira. Logo tivemos a sorte de poder entrar no porto comercial, grazas a Autoridade Portuaria para ver de preto a Rosa do mar unha escultura impresionante que estamos afeitos a vela sempre dende moi lonxe. Depois seguimos a Vilaxoan e voltamos ao cole pasando antes polo centro da Vila.

Que ben o pasamos! Non tiñamos ganas de volver, se non fora porque xa tiñamos fame quedariamos todo o día no tren!!

Día do libro

Por fin poidemos retomar unha das activades que máis nos gusta para commemorar o día do libro, o apadriñamento lector.

Aos maiores encántalle lerlle aos máis pequenos e os pequenos gozan da lectura por parte dos maiores creando así un vínculo e unha corresponsabilidade que nos fai moi felices.

Chef de Rubiáns 2022

Por fin voltamos a realizar unha das actividades que máis nos gusta: O chef de Rubiáns.

Aínda que non puidemos gozar do banquete final con todo o cole por moitivos sanitarios, o alumando de 6º pasamos unha mañá estupenda co noso benquerido Richar Santamaria de @lamalqueridavilla

Este ano o noso plato foi unha "obra de arte" nunca mellor dito pois estamos co proxecto Sabela artista.

O emplatado das diferentes verduras que empregamos: apio, berenxena, remolacha, cabaciña, cenoria, raviños, cúrcuma, pemento, cebolas.... era digno de exporse nun museo!

Cociñamos as verduras á plancha, probámolas en cru e acompañámolas de Hummus e Baba Ganush, deliciosas!!!

Mil grazas a Richar por acompañarnos un ano máis, esperamos que o vindeiro xa poidamos celebrar todos xuntos.

 

 

DIFUSIÓN NOS MEDIOS

24/03/22 - La Voz de Galicia: Un chef bien querido en el colegio de Rubiáns

24/03/22 - Faro de Vigo: Ricardo Santamaria enseña el arte de la cocina a los alumnos de Rubiáns.

Obradoiros benestar emocional e mediación

Levamos uns días realizando uns obradoiros de benestar emocional e mediación impartidos polo Centro de Intervención e Estimulación en Neurodesenvolvemento e Aprendizaxe (TECNIDAE)

O obxectivo destes obradoiros é mellorar a convivencia na aula a través da xestión das nosas emocións. Vai dirixido a todo o alumnado do centro.

PAZ en Ucraína

Na clase de 5 anos estivemos falando sobre Ucraína, pois estamos moi preocupad@s co que sae sobre a guerra na TV.

Aprendemos onde estaba Ucraína e que cidades importantes ten, como era o país antes da guerra e moitas cousas máis.

Reflexionamos sobre o que está a pasar e fixemos este mural tan chulo para pedir a PAZ.

Distribuir contido


by Dr. Radut