Skip to Content

UN DÍA DE MEDO!

Comezamos a semana cunha exposición de cabazas, á que se presentaron 88 cabazas (dos 145 alumnos que temos matriculados) e o mércores pasámolo "de medo".

En 2 turnos, EI e o 1º ciclo de Primaria primeiro, e o alumnado de 3º a 6º, despois, tivemos a sorte de poder escoitar a Robin, o auxiliar de conversa, que nos contou a historia de  apoiada en imaxes en inglés.

 Little dead riding hood

 

Logo a profe Chus e o profe Breogán, co apoio musical que ofrecía o piano do profe Borja, contáronnos o conto de Corre, corre cabaciña aos máis pequenos e unha historia de medo aos maiores.

 

Para finalizar, a bruxiña Belén fixo unha apócema cun conxuro e logo bebémola todos.

Como remate do día proxectouse unha película en cada ciclo.

Foi un día de medo!

 



story | by Dr. Radut