Skip to Content

Actividades

Día do libro

Para celebrar este día tan importamte, os mestres e as mestras do cole quixemos facer algo especial. Decidimos achegarnos a vós aínda que fose a través dunha pantalla, contándovos unha fermosa historia que preparamos con moito cariño. Esperamos que vos guste.

Ademais, no blog da biblioteca, Sabela deixouvos algunhas actividades moi interesantes. Atrevédesvos con elas?

E lembrade que, agora máis que nunca,  a lectura é un gran remedio para o aburrimento.

8 marzo: Día Internacional da Muller

Cada ano conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha charla con algunha muller relacionada co noso proxecto anual.

Este ano dedicado ao cine, non era doado atopar unha muller relevante que viñese ao cole. Por sorte, Isabel Blanco, actriz e produtora aceptou a nosa invitación aínda sendo a véspera da gala dos Mestre Mateo, os Óscars galegos, dos que foi gañadora por partida dobre en pasadas edicións.

Isabel non só falou da sua traxectoria no mundo do cine e da televisión se non que tamén contou anécdotas da súa vida coas que arrincou gargalladas a todos os presentes.

Tamén nos fixo reflexionar sobre a igualdade a cultura e a importancia da educación.

Respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas, con cariño e sentido do humor e ata tivo tempo de asinarnos autógrafos e facer unhas fotiños de recordo para as profes que son fans dende os seus comezos como María Ares en Mareas Vivas.

Foi unha ledicia ter a Isabel no cole!! Mil grazas!!

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo| A actriz Isabel Blanco visita el colegio de Rubiáns

Inauguración da Biblioteca e Letras Galegas

Ampliamos a biblioteca e quedounos chulísima!!!! Por iso, tiñamos que facer unha inauguración por todo o alto. Invitamos ata a Conselleira, que atrevidos!

Xa sabedes canto nos gustan as visitas, así que o cole encheuse de personalidades!

Recitamos o poema "A aventura de escribir", de Antón Fraguas - autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Día do libro 2019

O mal tempo nesta ocasión non nos permitiu gozar plentamente dunha das actividades que máis nos gustan, o apadriñamento lector.

Así que xa que non podiamos saír a ler polo patio, tivemos que facelo polos corredores do colexio. Aínda así, os maiores gozamos moito lendolles aos pequenos e os pequenos coma sempre ademais de divertirse coas historias que lles contaron fixeron uns marcapáxinas con moito cariño para agasallar aos seus "padriños".

Visita de Xavier Estévez

O faro da Escola permitiunos recibir a visita de Xavier Estévez no noso centro. O escritor falounos do seu libro "Avións de papel", pero tamén das súas outras obras, doque lle inspira, do oficio de escritor...

Foi unha visita moi interesante na que aprendemos o importante que é amosarlle as nosas creacións aos demais para continuar aprendendo.

 

Faro de Vigo. Aviones de papel sobrevuelan Rubiáns.

Faro de Vigo. Fotos

As nosas recomendacións

Curso 2018 - 2019

O inicio de curso é un momento cheo de emoción, nervios, algunhas bágoas... pero este ano o recibimiento que fixeron os mestres foi sobre todo inesperado!

Este ano, Sabela vai coñecer a nosa terra e vainos ensinar un montón de cousas: xeografía, gastronomía, cultura.... por iso os mestres estaban vestidos con roupas tradicionais e as gaitas, pandeiretas e tambor soaron por todo o alto.

Quedamos abraiados! Isto si que non o esperabamos! Subimos ás clases todos contentos porque ademais recibimos unha chapa da nosa querida Sabela.

A ledicia foi a nota predominante de toda a xornada que completamos xogando con xogos tradicionais cedidos polo Concello de O Grove.

FELIZ CURSO A TODOS/AS!!!

Visita Susa Herrera

No CEIP de Rubiáns encántannos as visitas e nesta ocasión, tivemos a sorte de contar coa visita de Susa Herrera.

Susa veu presentarnos o seu traballo "Cantos animais" un libro-disco cheo de alegres cancións nos que os protagonistas son os animais que tanto nos gustan: o cangrexo, o crocodilo, a xoaniña o elefante e ata un poni que falaba "inglés do que se entende"

Coa súa música, fixo as delicias non só dos máis pequenos do cole se non tamén dos mestres (moitos antigos alumnos de Susa na Universidade)

Día do libro 2018

Hoxe, como cada 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro.

Fixemos unha actividade que nos encanta. De 3º a 5º apadriñamos a un neno/a ao que lle lemos un conto escollido por nós.

Este ano tivemos moita sorte,  fixo un día marabilloso así que puidemos gozar da lectura ao aire libre.

Ao rematar os nosos "afillados" agasalláronnos cun marcapáxinas de "Sabela viaxa no tempo" moi chulo.

Tamén fixemos un minilibro sobre os castros.

Lembra: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”.
Proverbio Indú.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut