Skip to Content

Papá Noel

Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole.

Como Papá Noel xa vai un pouco maior e ten tanto traballo coa morea de agasallos que pedimos (lembrade que hai pedir pouquiño) este ano visitóunos unha das súas axudantes.

Estabamos un pouco nerviosos pero gustounos moito que viñera ao cole.

ENQUISA XOGUETES!

Queridas familias:

Seguimos traballando a igualdade e, neste momento, estamos analizando os xoguetes e a súa publicidade. Convidámosvos a participar nesta actividade a través dunha enquisa.

A enquisa é totalmente anónima polo que vos rogamos sinceridade para que os datos sexan reais. Premede na imaxe e seleccionade a resposta correcta. Logo non esqiezades premer en enviar para que as respostas queden gardadas.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Terceiro concurso familiar de reciclaxe 2015

Este curso o tema do noso concurso de reciclaxe foron os niños para paxaros. As familias, coma sempre, fixeron gala dunha imaxinación e creatividade incrible. No seguinte vídeos podedes ver todo o que traballaron.

Dende o centro temos que felicitalas, darlle as grazas e animalos a que sigan participando nos próximos cursos.

Se non podes ver o vídeo preme aquí.

 

25N - Día Internacional contra a Violencia de Xénero

CEIP Rubiáns contra a Violencia de Xénero

Neste cole non paramos!!!

Hoxe estivemos moi atarefados.

Primeiro visitóunos a TVG para facer unha reportaxe sobre o premio Nacional de Educación que acabamos de gañar co proxecto "Mulleres Importantes na Historia".

Cantamos a canción que compuxemos "Que bonito é!" e contestamos ás preguntas que nos fixeron sobre Igualdade. Poderedes ver a reportaxe esta noite as 8.30 na Galega.

Despois vimos o seguinte vídeo e reflexionamos sobre o tema.

 

E para finalizar visualizamos o noso "videoclip" que xa non lembrabamos canto nos gusta!!

Día Mundial dos Bosques Autóctonos e Chef de Rubiáns

O 23 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Bosques Autóctonos e con tal motivo no cole propuxemos varias actividades.

 

A primeira "O Chef de Rubiáns". As familias elaboraron uns postres deliciosos realizados con froitos de Outono e degustámolas na hora do recreo... Mmmmmm, que cousas tan ricas!!!

Tamén mandaron as receitas coas que faremos un recetario para aprender a facer estes doces tan sabrosos.

Graciñas a todas as familias pola súa colaboración.

 

Despois os nenos de primaria, e grazas ás explicacións da profe Conchi aprendemos que é un bosque autóctono. Coñecemos algúns dos animais, árbores e outros seres vivos que viven nos bosques galegos. Tamén aprendemos como o Eucalipto alterou e destrozou moitos dos nosos bosques autóctonos.

Escoitamos esta canción de Migallas para que nos quedara máis clariño.

E por último, algúns nenos recitamos poesías relacionadas cos bosques

Magosto 2015

Como cada ano, a xornada de Magosto convértese nunha festa!

Podedes ver que ben o pasamos comendo castañas e cos xogos populares no seguinte vídeo.

 

Exposición de cabazas Samaín

Como cada ano o cole encheuse de cabazas: unhas terroríficas e outras moi orixinais. Este ano parece que están de moda as cabazas reais a xulgar polas moitas coroas que por alí se viron.

Moitas grazas a todas as familias pola implicación con que participades en todos os proxectos do cole.

Feliz Samaín!

Vémonos o martes!

Mandado do luns

08/02/2021 00:00
Europe/Madrid

Distribuir contido


by Dr. Radut