Skip to Content

Día Internacional da Muller

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, coma todos os anos, cunha charla moi interesante.

Para conmemorar este día visitounos Mª Carmen Barcala, unha veciña de Rubiáns traballadora da Comunidade de Montes O Souto e tamén nunha conserveira.

Mª Carmen contounos as súas peripecias como a única muller traballando nun grupo de homes. Como estamos inmersos no proxecto O bosque de Sabela, non paramos de facerlle preguntas sobre curiosidades que temos sobre os animais, as árbores...

Graciñas, Mª Carmen por esta visita.

Pero non pensedes que esto queda aquí! Aínda nos queda unha sorpresiña para dentro duns días. Que será?

 

Rubiáns en 3D

 

O sábado os profes tamén traballamos, pero este último non só na casa, coma sempre, senón que viñemos ao cole!

O motivo non foi outro que coñecer como funciona a nova impresora 3D que imos ter en préstamo grazas a que fomos seleccionados no I Concurso de ideas de creación 3D "Faino ti", convocado por TADEGA (Tecnoloxía e Atención á Diversidade na Educación Galega).

Coma nenos e nenas os profes do cole e outros invitados estivemos espectantes ao ver como se imprimían os obxectos (un molde e un chaveiro personalizado). Foi unha xornada moi interesante.

Grazas a TADEGA e, sobre todo, a Felo por achegarnos esta tecnoloxía innovadora e motivadora.

Enlace á noticia na web de TADEGa

Sachiño!

Comezamos cos recreos activos "Os mércores con Sachiño".

O primeiro grupo de traballo puxo as botas e empezou a darlle duro ao noso horto!

Traballamos arreo pero pasámolo moi ben!!

 

Teatro "in English"

Cartel da obra de teatro

O ano pasado gozamos cos Pirates pero este ano todavía o pasamos mellor con Karen, Buffy e Boo!  unha pantasma que non asustaba tanto como ela cría.

Alumnado e profesorado pasamos un rato moi agradable con esta historia.

Moitas grazas a Kids&Us Vilagarcía por traer esta actividade ao noso cole.

 

 

Entroido 2016

Este ano, non podía ser de outra maneira, e no entroido o cole encheuse de personaxes do bosque, do Bosque de Sabela. 

Por alí andiveron os trasnos e fadas, os lobos, os ananiños con Brancaneves, mouchos, fragueiros, raposos, animais do máis variado, coellos, morcegos, un caracol moi simpático, unha xoaniña, Robin Hood e ata Carapuchiña e o Lobo. Ninguén faltou a celebrar o Entroido no CEIP de Rubiáns. 

Este ano, ademais, cunha novidade. Saímos de paseo e fomos ata o campo da festa, onde agardaban por nós nais, pais, avós e avoas, tíos e ata os veciños que saían ao ver o guapiños que iamos. Alí cantamos as nosas propias versións das cancións máis populares. Puidose escoitar a música da Macarena, o Coche de Papá, o Waka Waka e ata a mismísima Rianxeira, entre outras. 

Toda a comunidade educativa pasou unha xornada moi divertida gozando do Entroido e do bo tempo que nos acompañou. 

Sementamos árbores da Paz

Este ano o Día Escolar da Non Violencia e a Paz serviunos para aunar os proxectos que estamos levando a cabo no cole: o PDI "O Bosque de Sabela" e o proxecto de Voz Natura. 

A actividade estrela do proxecto de Voz Natura é o viveiro de castiñeiros que estamos realizando e a súa plantación no monte. Previo a esta plantación tivemos unha charla a semana pasada a cargo de Xurxo Abuín, presidente da Comunidade de Montes, quen incidiu en como nós podemos axudar a coidar e preservar os nosos bosques. 

O venres comezamos a xornada plantando no patio a faia que nos regalou a Comunidade de Montes.  Os máis pequenos foron os protagonistas e gozaron moito botando o abono, a terra e regando a faia. Todos prometemos coidala moito ata que medre moi moi alta. 

Despois, o alumnado de primaria acompañados por Protección Civil, fixemos unha camiñata ata o monte, onde nos agardaban para plantar os castiñeiros.

Pásamolo moi ben e aprendemos un montón de cousas sobre a plantación: que o abono de longa vaille servir de alimento á árbore durante os primeiros meses, que hai que botar terra despois porque o abono non pode estar en contacto coas raíces, como protexer ás árbores  para que os coellos non poidan comer a casca.....

Despois de repoñer un pouco as forzas voltamos ao cole, onde aínda iamos realizar a derradeira actividade do día.

Este ano centramos o Día da Paz na figura de Wangari Maathai, que xa coñeciamos do ano pasado, pero neste tamén nós fomos Wangari por un día e axudamos a reforestar o monte comunal.

Escoitamos a súa historia narrada polo alumnado de quinto e sexto nun libro LIM que tedes na entrada anterior e que podedes volver a escoitar e facer as actividades. 

30 de Xaneiro Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Aínda que xa coñeciamos a Wangari polo proxecto "Mulleres importantes na Historia" do curso pasado, seguimos traballando a súa historia con motivo do Día da Paz e o proxecto actual "O Bosque de Sabela".

Os nenos e nenas de 5º e 6º púxemoslle voz en galego ao conto "Wangari e as árbores da Paz" e mañá verémolo todo o cole. 

Todos os nenos e nenas de primaria tamén imos facer de Wangari e imos plantar árbores coa Comunidade de Montes de Rubiáns.

 

Festival Nadal 2015

Como cada ano o Festival de Nadal espertou unha gran expectativa entre toda a comunidade educativa. 

O noso salón volveu quedar pequeno para acoller a todas as familias que se achegaron a pasar este día con nós. Graciñas!

Dende o cole preparamos este festival con moito cariño para que todos, pero sobre todo os rapaces, gozaran das actuacións. 

Esperamos que fosen do voso agrado. 

FELICES FESTAS!! 

 

Spot "Xoguetes"

Xogando aprendemos, sen darnos conta, moitos valores. 

Porque educar en igualdade é cousa de todos, axudemos aos nosos fillos a non deixarse influir por campañas publicitarias que defendan roles sexistas.

Xoga cun xoguete calquera;

que máis dá se es neno ou nena!

Distribuir contido


by Dr. Radut