Skip to Content

Actividades

A VENDIMA

Como xa sabedes este ano o tema proposto dende a biblioteca é "As festas e tradicións de Galicia".

A primeira que nos atopamos no calendario é a vendima, e para achegarnos a ela fixemos mosto.

ESTREAMOS A CASIÑA DE SABELA

Hoxe foi un día moi especial, no que reinauguramos a biblioteca e lembramos á profe María.

O acto resultou moi fermoso e emotivo. Nel descubrimos unha praca que sempre nos lembrará o seu paso polo noso colexio.

Si queredes podedes ver a nova emitida en Canal 7 Rías Baixas, no minuto 27:27.

 

VISITA DE SUSA HERRERA

Que sorte tivemos este curso! A gran Susa Herrera veu ao noso cole para cantar connosco algunhas das súas cancións. Os máis pequenos cantaron os temas do seu libro-cd "Animales Encantadores" e os maiores a súa última publicación "En Cabárceno se oye cantar".

Dende este enlace podedes ver o vídeo que publicou La Voz de Galicia.

Día do libro

23/04/2013 09:50
23/04/2013 14:50
Etc/GMT+1

Hoxe celebraremos o Día do Libro

VISITA DE SUSA HERRERA

06/05/2013 11:00
06/05/2013 14:00
Etc/GMT+1

Para conmemorar o Día do Libro temos a grande sorte de contar coa presenza de Susa Herrera, autora de Libros-CD coma "Animais encantadores", /Todos os animais ao caixón", "Cartas que veñen e van", ou o máis recente "En Cabárceno se oye cantar".

Con ela cantaremos, bailaremos, riremos.... Pasarémolo xenial, por cortesía da editorial Edelvives.

Os prehistóricos de Rubiáns (aula de 5 anos)

Na clase de 5 anos crearon un libro no que viaxaron á prehistoria. Alí viviron mil aventuras: atoparon un mamut, o lume, petroglifos, cazaron, pescaron...

VISITA DE DANI BARREIRO

06/06/2012 00:50
06/06/2012 14:50
Etc/GMT+1

Dani Barreiro visitounos para aghegarnos aos Xogos Paralímpicos, contarnos a súa experiencia nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 1996, e rematar a súa visita cunha práctica de goalball.

Distribuir contido


by Dr. Radut