Skip to Content

Boas Practicas de Igualdade

A Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía convoca cada ano os Premios para a igualdade: boas prácticas na escola.

O curso 19-20, grazas ao proxecto MULLERES DE PELÍCULA, fomos merecedores deste galardon, e aínda que xa é o quinto que recibimos, alegrámonos tanto coma co primeiro.

Os premios non son o motor do noso centro pero si son un indicador de que imos por bo camiño.

A igualdade é un dos alicerces da nosa escola. Traballamos en prol da igualdade de oportunidades e facemos moitas actividades para visualizar o papel da muller, que en moitas ocasións quedou solapado por figuras masculinas. Nesta ocasión profundizamos no papel da muller no mundo do cine, os estereotipos sexistas e as mulleres destacadas en moitos máis campos que na interpretación que, a priori, parece ao que están relegadas.

Traballamos para que as nosas nenas se decaten de que unha muller pode facer o que queira, ao igual que un home, e  que loiten polo que elas queiran e tamén para que os nenos as respecten e sexan conscientes das dificultades que teñen para conseguir as mesmas cousas.

Portas terroríficas!!

A ANPA do cole propuxo as familias decorar as portas go gallo do Samaín.

Como podedes ver.... meten medo!!!

Día das bibliotecas escolares

O 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Este curso baixo o lema: "Bibliotecas, sempre ao teu carón".

Para darlle sentido ao lema deste día, todo o alumnado participou nunha actividade que está exposta no taboleiro da entrada á biblioteca escolar.

Debuxaron a portada do libro lido na biblioteca do cole que máis lle gustou.

Estos son algúns exemplos das portadas que deseñaron os nosos artistas lectores!

 

 

Novos horarios

Estimadas familias:

Queremos agradecer a vosa colaboración nas entradas e saídas do centro; co esforzo de todos faremos do noso un centro máis seguro.

Estamos vendo que sobra tempo na entrada ao centro e na entrega dos nenos, polo que imos facer uns pequenos axustes para que teñan menos tempos mortos antes do inicio da clase (no caso da entrada dos maiores) e que teñades uns minutos de marxe máis co traballo as familias.

Deste xeito, abriremos os portais ás 9:30 para que o alumnado de primaria (e os seus irmáns) vaia entrando ata as 9:40. É importante que non cheguedes máis tarde desta hora porque é o momento do autobús. No caso de non estar á hora non poderán acceder ao centro ata as 10:00 da mañá, coa conseguinte falta de puntualidade.

No caso de infantil, poderá entrar entre as 9:50 e as 10:00 a medida que vaian chegando.

Para as saídas, podemos axustar 5 minutos a saída de 3 anos, tanto antes como despois de comer; de xeito que sairían ás 14:35 no primeiro caso e ás 15:15 no segundo. Mantense a saída cos irmáns cando corresponda.

Agardamos que estas medidas poidan axudarvos a conciliar os vosos horarios.

Apelamos a que sigades mantendo as distancias nestes momentos tan sensibles e non adiantedes a vosa chegada e demoredes a saída co fin de evitar as aglomeracións nas inmediacións do centro.

Inicio de curso 2020-21

sabela contra o plástico

Comezamos un novo curso, un curso especial e diferente polas circunstacias que nos toca vivir, pero que non vai cambiar a "esencia" do noso cole.

Así que, con todas as medidas de prevención que marca a Consellería de Educación, recibimos ao alumnado como vén sendo habitual, caracterizados segundo a temática do proxecto deste curso.

Este ano, Sabela non vai loitar só contra o virus senón que tamén loitará contra o plástico. Por iso o cole encheuse de "activistas" que pedían a non utilización de plásticos e heroínas defensoras do planeta.

Non puidemos realizar os xa habituais xogos de incio de curso, nin dar achuchóns aos compañeiros e mestres que tanto botamos de menos pero os nosos ollos brillaban cos sonrisos que as nosas máscaras non permiten visualizar.

Podedes ver algunhas das imaxes do recibimento na galería de fotos da Voz de Galicia

 

Modificación do horario de saída de EI

Ola a todos e todas.
Para tentar facilitar a saída do traballo, conseguimos modificar o horario de saída do alumnado de infantil usuario de comedor. Pedimos desculpas e paciencia polos posibles erros que se poidan ir dando estes días. Grazas a todos e todas pola vosa comprensión.

Horarios de entrada e saída curso 2020-21

Co fin de evitar as aglomeracións nas entradas e saídas do centro e buscando minimizar os riscos nestes momentos sensibles da mañá organizamos unha entrada e saída escalonada do alumnado que debe seguir as seguintes premisas:

  • Os acompañantes do alumnado de primaria non poderán acceder ao recinto escolar.
  • O alumnado de EI poderá vir acompañado dunha persoa que poderá acceder ata a porta do centro.
  • Recoméndase que os acompañantes non sexan persoas dos grupos de risco.
  • No caso de irmáns entrarán e sairán polo espazo e horario destinado para os de maior idade, pero de maneira diferenciada.

Detállanse a continuación as horas e portas de acceso dos distintos grupos. É fundamental cumprir os horarios para que o plan funcione, polo que pedimos a máxima colaboración de todas as familias. O non cumplimento das normas do centro considérase unha falta leve do Plan de Convivencia.

Para favorecer o fluxo de circulación e movemento de vehículos e o tránsito de persoas é necesario respectar as prohibicións de aparcamento e recomendable o emprego das beirarrúas do lado do portal que se vaia empregar.

 

 

Autorizacións de uso de transporte escolar 2020/2021

Adxúntase o formulario para solicitar o uso dunha praza de autobús polo alumnado que non cumpre os requisitos de usuario lexítimo, é dicir, ter domicilio de residencia ou laboral a máis de 2 km e dentro da zona de influencia do centro: parroquias de Cea e Rubiáns.

A parroquia de Cea remata á altura do número 46 de Avda. das Carolinas. Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro.

Deberase entregar a solicitude antes do 10 de xullo, sempre baixo cita previa.

 

Observacións: A instrución 1/2020 remitida dende a Consellería fixan as condicións de organización e funcionamento de uso do comedor no curso 2020-21.

Porén a situación produxida pola pandeia do COVID-19 pode supoñer a imposición de medidas de protección e seguridade impulsadas pola administración sanitaria que determinen a aprobación pola Consellería dun protocolo específico de protección e seguridade na apertura xeral dos centros de ensino no curso 2020-21, polo que poderían ser reiterpretados ou modificados diferentes aspectos da instrución.

Feliz verán!

Este era un ano de cine! Comezamos na alfombra vermella, e quen sabe como acabariamos!

Áinda que temos o listón moi alto, xa sabedes que a cabeciña non para é a nosa imaxinación non ten límite! 

Así, emulando a Braveheart queremos dicirlle ao Coronavirus: "pode que nos quites o festival, a excursión, a canción do verán... pero nunca nos quitarás a ilusión, o cariño, as ganas de facer cousas e de poñer un sorriso nas caras do noso alumnado"

Con este vídeo queremos despedirnos e desexarvos un verán estupendo. Gozade das cousas pequenas, da familia, do aire libre.... cargade as pilas e vémonos en setembro!

Distribuir contido


by Dr. Radut