Skip to Content

Reto 7. Prato Nutritivo

Lanzamos o seguinte reto. Nesta ocasión volvemos a retomar o tema ALIMENTACIÓN e propoñémosvos a seguinte actividade.

O Prato Nutritivo é unha guía visual para axudar a educar e motivar a nenos e nenas a comer ben. Dunha ollada, a imaxe representa exemplos das mellores opcións para comidas, merendas, ceas e aperitivos saudables e resalta a importancia da actividade física como parte da fórmula para manterse san.

Consiste en dividir o prato do seguinte xeito: O 50% do prato ten que estar composto de verduras e hortalizas; un 25% de carnes ou peixes, ovos ou legumes; e por último outro 25% de cereais integrais ou tubérculos.

Do que se trata é de elaborar menús moi equilibrados con cantidades proporcionais dos diferentes nutrintes que deben compoñer a nosa alimentación diaria: carbohidratos, proteínas, graxas saudables e vitaminas.

Queredes volver a retomar o "Mandil de Chef" e deleitarnos coa vosa creatividade na composición de pratos "deliciosamente saudables"??

Agardamos as vosas fotos!!!!

ENLACE para ampliar información:

 

Reto 6. Paseo pola contorna

Desta volta toca pasear pola contorna, animádesvos?

Día de Rosalía 2021

Rosalía, a nosa, non só é un referente da literatura galega e universal senón que tamén é referente como muller loitadora e defensora da independecia, a liberdade e igualdade das mulleres, ademais de gran defensora da lingua galega.
 
Nos seus poemas denunciaba tamén inxustizas como o clasismo e exclusións, principalmente das mulleres.
 
Estos son algúns dos traballos que se fixeron no cole para conmemorar esta data.
 

Almorzo saudable

Continuamos animando ao noso alumnado a almorzar de maneira saudable, incluíndo leite, froita fresca e  cereais.

Damos as grazas a GADIS, que nos doou unha taza para cada un. Que contentos quedaron coa sorpresa! Mirade como as ensinan xunto coas súas pulseiriñas.

 

Podedes ver estes consellos para conseguir un almorzo do máis saudable.

 

 

Reto 5. Produtos do mar

Como van eses retos?

Esta semana propoñémosvos que cociñedes produtos do mar; eses tan bos para a nosa saúde, tan ricos para o padal e tan importantes para a nosa economía.

Podedes probar unha das propostas de O sabor da aventura está no mar, ou amosarnos a vosa receita favorita.

Que trucos tedes para que os peques coman peixe?

Horario de atención ás familias (Admisión alumnado 2021-2022)

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

O horario de presentación de solicitudes no centro será o seguinte, sempre con CITA PREVIA:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:00-9:15 9:00-9:15  9:00-9:15  9:00-9:15 9:00-9:15
   11:30-12:00 11:30-12:00 11:30-12:00 11:30-12:00
         
 16:00-16:30 16:00-17:00  16:00-16:30 16:00-16:30 16:00-16:30

* O horario de atención telefónica para dar información será de luns a venres pola mañá e o martes pola tarde.

* A documentación relativa ao PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO pode descargarse dende aquí.

* Prazo de matrícula: do 1 ao 22 de marzo de 2021 no horario indicado.

Vacantes curso 2021-2022

As vacantes para o vindeiro curso 2021-2022 son as que se relacionan a continuación:

EDUCACIÓN INFANTIL

4º: 22+3

5º: 6

6º: 12

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º: 0

2º: 0

3º: 13

4º: 10

5º: 8

6º: 4

Admisión de alumnado curso 2021-2022

Orde do 25 de xaneiro de 2017 e  Orde do 12 de marzo de 2013

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 22 de marzo.

· Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas todas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

· As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o modelo: anexo II ED550B a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

· Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, en calquera dos rexistros establecidos utilizando o formulario normalizado.

· Todos os interesados en presentar a documentación en papel, poden descargala a través da páxina web do colexio ou no enlace anteriormente indicado da aplicación.

DOCUMENTACIÓN.

· Solicitude: Anexo II ED550B debidamente cumplimentado e asinado polos dous proxenitores.

· Certificado de matrícula, no caso de estar escolarizado noutro centro escolar.

· Copia do DNI da persoa solicitante (ou Libro de Familia en caso de non ter DNI).

· Copia do DNI dos membros da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta.

· Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é ocaso.

· Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

NO CASO DE QUE SEXA PRECISO BAREMAR.

Deben presentar a seguinte documentación acreditativa do 25 de marzo ao 9 de abril:

o   Se alega PROXIMIDADE do domicilio/traballo: Volante histórico de convivencia/contrato de traballo.

o   Se alega IRMÁNS NO CENTRO: Fotocopia do libro de familia.

o   Se alega FAMILIA NUMEROSA: Libro ou tarxeta de familia numerosa.

o   Se alega FAMILIA MONOPARENTAL: Certificado de Recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

o   Se alega RENDA DO 2019: marcar a casilla de autorización na solicitude. No caso de non facer a declaración, traer o Certificado Tributario de Imputacións (solicítase en facenda).

o   Se alega DISCAPACIDADE dalgún membro da unidade familiar superior ao 33%: Certificado de recoñecemento da mesma

 

IMPORTANTE.

· A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais.

·  No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

· No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.

 · O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar unha solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

· As familias poderán consultar o estado de trami­tación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisión alumnado» (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».

· A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA: do 25 de marzo ao 9 de abril (só no caso de ser preciso baremar e denegue a consulta automática).

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: publicarase antes do 26 de abril.

RECLAMACIÓNS:poderase formular ante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles.

LISTAXE DEFINITIVA:publicarase antes do 18 de maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño.

Documentación a presentar para formalizar a matrícula:

· Impreso de matrícula cumplimentado.

· Impreso de datos complementarios.

· Enquisa de preferencia lingüística (4º de EI).

· Dúas fotografías tamaño carnet.

· Fotocopia do libro de vacinas.

· Volante histórico de convivencia.

· Fotocopia da cartilla/tarxeta da seguridade social.

· Fotocopia do libro de familia onde está inscrito o alumno ou alumna.

 

ZONAS DE INFLUENCIA: parroquias de Rubiáns e Cea.

CENTRO AO QUE ESTÁ ADSCRITO: IES Armando Cotarelo Valledor.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS do centro:

Transporte (regulado polo Real Decreto 443/2001 do 27 de abril)

Comedor escolar (regulado polo Decreto 132/2013, do 1 de agosto) 

NORMATIVA que regula o proceso de admisión de alumnado:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro)

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo).

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro).

Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut