Skip to Content

Libro con Rodas

Dentro da programación de "Vilagarcía, Cidade de Libro" organizada polo Concello, esta mañá tivemos a sorte de contar coa actividade Libro con Rodas.

Ata o noso cole acercouse unha furgoneta-biblioteca cargada de actividades para o fomento da lectura.

O noso veciño, o  actor  Josito Porto deleitounos cunha representación de  "Contos no Camiño"

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

21-06-21 - Canal Rías Baixas - "Un libro con rodas percorre os colexios de Vilagarcía"

Premio Igualdade

Da man das responsables do CIM e da Concelleira de Igualdade, Tania García, recollimos o XV Premio para a Igualdade convocado pola área de Igualdade do Concello de Vilagarcía.

Como decimos sempre a Educación en Igualdade desempeña un papel moi importante no noso cole.

Traballamos para que as nenas crezan pensando que poden ser o que elas queiran ser, que o feito de ser muller non pode ser unha traba para alcanzar os seus soños; e tamén para que os nenos respecten e entendan que as mulleres son iguais que eles.

Moitas grazas ao Concello por esta iniciativa que axuda aos centros escolares a realizar actividades en prol da igualdade.

Podedes ver os traballos realizados no apartado MULLER TIÑAS QUE SER 

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

Concello de Vilagarcía - Os colexios de Rubiáns e a Lomba e a comunidade educativa de Vilaxoán gañan o XV Premio para a Igualdade

Faro de Vigo - Os colexios de Rubiáns e A Lomba gañan o XV Premio de Igualdade

Canal Rias Baixas - Os colexios de Rubiáns e A Lomba gañan os premios a Igualdade

 

Festa do Deporte 2021

Este ano para festexar os hábitos saudables e o deporte tiremos a sorte de contar cun trio de ximnastas do grupo de Ximnasia Rítmica Vilarousa 

Grazas a Antía, Jimena, Yurena e a súa profe por amosarnos as marabillas que sodes capaces de facer. 

Despois tivemos a tradicional entrega de premios. Este ano houbo unha chea de premios espectaculares: os premios da froita, os retos saudables os concursos de robótica e avións... e ata un sorteo dunha tablet!

 

Excelentes Mulleres Científicas E=mc2

 

Ciencia en Movemento achega ao alumnado de 5º e 6º algunhas das Excelentes Mulleres Científicas (E=mc2 ) a través dunha actividade xenial!.

Mulleres tan importantes como Rosalind Franklin, Hedy Lamar ou Hipátia de Alejandría en moitas ocasións non foron recoñecidas e incluso foron menospreciadas.
 
Chama a atención que as mulleres ata non hai moito tempo non puideran ir á universidade, a un laboratorio ou a un observatorio. Aínda así, acadaron logros importantes como fotografar por 1° vez o ADN (fito polo que lle foi outorgado o Premio Nobel a 3 homes que se apropiaron do seu traballo), descubrir como medir a densidade dos líquidos ou o xa imprescindible Internet.
 
Destaca a postura de Pierre Curie, pois cando lle concederon o Premio Nobel por ter descuberto o radio, decidiu non aceptalo se non era compartido coa súa muller, Marie Curie.
 
Con esta actividade queda demostrado que temos que seguir visibilizando a todas estas mulleres tanto para poñelas en valor coma para empoderar ás nosas alumnas e amosarlles que ser muller non é un empedimento para lograr o que se propoñan.

Tour virtual!

Queres coñecer o noso cole?

Aínda que nos encantan as visitas e ter o cole cheo de xente, as circunstancias actuais non nos permiten recibirvos. Podemos facer unha visita virtual e ensinarvos o noso cole. Xa nos diredes que vos parecen porque a nós, parécenos o cole máis bonito do mundo!

Veña, adiante! Pasade! Ata a cociña! Poderedes coñecer todas as dependencias e o marabilloso patio.

Gracias a VRT Interactive por facer posible este tour virtual. Visitade a súa páxina para coñecer máis a fondo o seu traballo.

 

 

Podes facer clic no seguinte enlace para facer o tour en pantalla completa ;-)

https://my.matterport.com/show/?m=8eCJHJogLtm

Aventura plástica!

Hoxe visitáronos uns verdadeiros loitadores contra o plástico, Aventura Plástica

Da súa man, aprendemos un montón de cousas sobre os diferentes tipos de plástico e as súas características.

Tamén nos explicaron como fan eles a reciclaxe: recollen dous tipos de plástico, lávano e deixano secar, clasificano por tipos e cores e despois tritúrano. Despois méteno na inxectadora e convérteno en outras pezas de plástico perdurables no tempo: xoias, carpetas..... Nós flipamos coas peonzas que fixeron!! Que chulada!!

Sabela púxose moi contenta ao saber que non só ela loita contra o plástico! ;-)

O prato nutritivo ..... de Gadis!!

No reto número 7 dos retos saudables explicabamos en que consistía o prato nutritivo e agora gracias a GADIS podemos levar a cabo esta iniciativa moito máis fácil.

Gracias GADIS por colaborar con nós para conseguir uns hábitos alimenticios moito máis saudables.

Distribuir contido


by Dr. Radut