Skip to Content

Actividades

Visita Estefanía Padullés

Hoxe visitóunos Estefanía Padullés, ilustradora e autora de contos infantís entre os que destacan: "O desexo do gato Klops", "A canción do sol" e "Max e Lea".

Estefanía fíxonos pasar un rato moi agradable explicándonos todo o proceso de elaboración dun conto. Aprendemos moito pero o que máis nos gustou foi cando debuxou para nós. Iamos dicíndolle o que queriamos (sobre todo animais) e ela, decontado remataba, que envexa! 

Ademais de asinarnos os exemplares dos seus contos que temos na biblioteca, tamén nos debuxou a Sabela! 

Imaxe da visita

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Faro de Vigo

Guardar

Exposicións "O Bosque de Sabela"

Comezamos coas exposicións do aprendido no Proxecto Documental Integrado de este curso.

Primeiro foi a quenda dos máis pequenos. O alumnado de catro anos contounos un montón de cousas que aprenderon sobre os bechos, como é o seu corpo, de que se alimentan... e incluso de como eran as ás das bolboretas que viron co microscopio. Os de cinco, explicáronnos moitas cousas sobre as árbores, o moucho e o coidado do bosque. E por último, os de 1º nos contaron un montón de cousas que aprenderon sobre o castiñeiro.

E logo foron os maiores, dende 2º a 6º contáronnos unha morea de cousas moi interesantes sobre o carballo, , o acivro, o loureiro, a sobreira, o piñeiro e os bosques máis importantes de Galicia. Aprendemos un montón!!

 

Día Mundial dos Bosques Autóctonos e Chef de Rubiáns

O 23 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Bosques Autóctonos e con tal motivo no cole propuxemos varias actividades.

 

A primeira "O Chef de Rubiáns". As familias elaboraron uns postres deliciosos realizados con froitos de Outono e degustámolas na hora do recreo... Mmmmmm, que cousas tan ricas!!!

Tamén mandaron as receitas coas que faremos un recetario para aprender a facer estes doces tan sabrosos.

Graciñas a todas as familias pola súa colaboración.

 

Despois os nenos de primaria, e grazas ás explicacións da profe Conchi aprendemos que é un bosque autóctono. Coñecemos algúns dos animais, árbores e outros seres vivos que viven nos bosques galegos. Tamén aprendemos como o Eucalipto alterou e destrozou moitos dos nosos bosques autóctonos.

Escoitamos esta canción de Migallas para que nos quedara máis clariño.

E por último, algúns nenos recitamos poesías relacionadas cos bosques

UN CONTACONTOS DE MEDO!

Un ano máis celebramos o Samaín e o Halloween. Despois de entrar por un túnel do terror contáronnos un conto terrorífico e para recuperarnos tomamos unha poción máxica.

Foi un día de medo!

 

XA TEÑO ALFOMBRA NOVA!

GRAZAS PAPIS!

Dixéronme unhas profes que a ANPA trouxo unha alfombra para a miña casa. A verdade é que é preciosa. Mirade!

Agora os contos van soar moito mellor e os nenos e máis eu voltaremos soñar cun mundo de cores.

Agardo que veñades a vela e de paso botedes un ollo aos libros que teño para vós.

ANXO MOURE: O PESCADOR DE CONTOS

Despois de averiguar que o noso personaxe misterioso era Anxo Moure tocaba coñecelo e, sabedes? contounos unha chea de historias e contos.

Que ben o pasamos todos! Pero, ademais, aprendemos algo moi importante: hai que coidar as árbores, plantalas, aloumiñalas... e cando esteamos enfadados ou tristes tamén podemos abrazalas para sentirnos mellor.

Día do libro

Hoxe para conmemorar o día do libro no cole levouse a cabo unha actividade de "apadriñamento lector".

Os nenos e nenas dos cursos superiores léronlles contos aos máis pequenos e estes, en agradecemento agasalláronos cuns marcapáxinas ben chulos feitos por eles.

Foi unha actividade na que tanto maiores como pequenos gozaron moito. Podedes ver as fotos no seguinte video.

 

UN DÍA DE MEDO!

Comezamos a semana cunha exposición de cabazas, á que se presentaron 88 cabazas (dos 145 alumnos que temos matriculados) e o mércores pasámolo "de medo".

En 2 turnos, EI e o 1º ciclo de Primaria primeiro, e o alumnado de 3º a 6º, despois, tivemos a sorte de poder escoitar a Robin, o auxiliar de conversa, que nos contou a historia de  apoiada en imaxes en inglés.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2013

Que fermosas son estas cabazas! Seguro que ós celtas lles gustarían moito. Mirade unha mostra.

Distribuir contido


by Dr. Radut