Skip to Content

Setembro: Horario de atención ás familias

Bo día, familias! Chegou setembro e con el, a volta ao cole. Para todas aquelas persoas que lles falte por entregar algunha documentación ou recoller vales para libros e material, poderán facelo no centro no seguinte horario: de luns a xoves de 10 a 13 ata o día 8 de setembro.

Así mesmo, tamén poderán recoller os lotes de libros de texto do fondo solidario para o alumnado de 3º e 4º de primaria.

Nos vindeiros días informaremos dos horarios de entradas e saídas deste curso que inicia o vindeiro xoves 9 de setembro.

Os axentes de Rubiáns

Un dos clásicos do verán, ademáis do churrasco é a canción do alumnado de Rubiáns.

Estes rapaces e rapazas súperanse cada ano e compoñen outra canción que unha vez máis se vai converter nun éxito sen precedentes. En breve soará en todas as emisoras de radio e en todas as verbenas do noso país.

Seica este ano pasaron un pouco de medo por culpa dun Plasticón que andivo polo medio, pero os "Axentes de Rubiáns" poden con todo!!!

Esperamos que vos guste!!

Podedes ver as cancións doutros anos no apartado Multimedia da nosa web!

 

Telexornal de Rubiáns

O Telexornal de Rubiáns é un dos eventos máis esperados por toda a comunidade educativa. Este ano debido á pandemia, démoslle unha voltiña pero non podiamos deixarvos sen el.

Esperamos que vos guste velo tanto como a nós facelo!

Distribuir contido


by Dr. Radut