Skip to Content

Visita Eva Casais

Hoxe visitióunos Eva Casais, a artista que vai levar a cabo o mural do noso cole.

Adiantamos un chisco a nosa tradicional charla cunha muller interesante para conmemorar o 8M.

Non podía ser doutra maneira, e este ano tiñamos que traer un muller "con moita Arte"

Eva é unha ilustradora e deseñadora á que lle encanta retratar a mulleres. As súas técnicas principais son as acuarelas e a cerámica. 

Ademais de preciosas acuarelas, está enchendo de cor os coles galegos. Estamos desexando que empece a pintar o noso, seguro que queda chulísimo!.

Podedes ver o seu traballo na súa web https://evacasais.es/

Entroido 2022

O Entroido volveu a encher de cor as rúas de Rubiáns.

Nesta ocasión parecían un verdadeiro museu. Ao convite non faltaron nin as clasicas meninas nin as grafitteiras Hassani, pasando por diferentes artistas coma Magritte, Kusama ou os cadros máis famosos de todas as épocas. Veu ata a estatua da Liberdade representando á escultura. E ata tivemos un tanque.... pero que disparaba flores e Paz, tan necesaria nestes momentos.

A pesares das restriccións e de non poder cantar as nosas famosas coplas ou non poder compartir as lambetadas que tanto nos gusta, gozamos dunha tradición que nos encanta.

Gracias ás familias por achegarse a vernos, fainos moita ilusión compartir con vós o que facemos!

Axuda humanitaria para Ucraína

Dende o centro colaboramos con Fundiciones Rey na recollida de material para enviar a Ucraína.

Dende a empresa nos comunican que o que necesitan nestes momentos é: material sanitario (medicamentos) e alimentos non perecedoiros.

Pódense entregar no centro ata o martes 15 de marzo.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

 

Día de Rosalía 22

Hoxe, coincidindo coa data do seu nacemento, conmemoramos o Día de Rosalía.

Ademáis de diferentes traballos de aula sobre a figura da escritora, tamén fixemos uns traballos plásticos dignos de estar colgados das paredes de calquera museo, nacional ou internacional! Somos artistas!!

Tamén plantamos uns preciosos pensamentos que forman parte do xardín adicado a autora de Cantares Gallegos e Follas Novas para "sementar pensamentos" como fixo ela.

 
 

Atletismo

Esta mañá o alumnado de 5º de primaria tivo a oportunidade de achegarse ao atletismo grazas ao programa XOGADE. Pouco a pouco imos retomando a normalidade e nesta ocasión acudimos ás pistas de atletismo para participar desta xornada xunto a outros centros da comarca.

Todo o alumnado o pasou moi ben correndo, saltando lonxitude ou lanzando peso ou vórtex (a versión infantil da xabalina). Oxalá poidamos vivir pronto novas experiencias.

11F - Día da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo da conmemoración do Día da Muller e Nena na Ciencia coñecemos da man do Faro de Vigo e da UCC CSIC Galicia o labor da oceanógrafa, Lara García e a piloto de barcos, Cristina Álvarez. 

A través de videoconferencia observamos imaxes da Antártida e como investigan en grandes buques.

Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos un montón de cousas sobre o traballo destas exploradoras dos océanos.

Pero a cousa non quedou aí, tamén fixemos experimentos, programamos, observamos e ata fixemos lemas.

Viaxamos ao espazo

Esta semana tivemos a sorte de navegar polo Universo da man de ruta Quetzal. Dentro da nosa cúpula/nave puidemos ver o sistema solar e achegarnos ata o Sol, tanto que parecía que nos ía caer enriba. Que grande era!

Ao longo da nosa viaxe vimos os planetas nas súas órbitas, a Vía Láctea, as constelacións e a Lúa, incluída a cara oculta! Aprendemos tamén moito sobre a historia da Astronomía.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut