Skip to Content

Vilagarcía Tenis de Mesa

Sabiades que o tenis de mesa e o pimpón nun principio eran o mesmo, pero dende o momento en que comeza a xogarse nos Xogos Olímpicos ten o nome oficial de tenis de mesa? Isto e moito máis apredemos este venres grazas ao Clube Vilagacía de Tenis de Mesa.
 
Tras unha demostración de xogo, velocidade e forza, e unhas nocións básicas de como coller a raqueta e golpear, o alumnado de primaria puido probar este deporte.
 
O clube vilagarcían, que está moi ben situado a nivel nacional, convidou a todo aquel/a que o desexe a acudir unha tarde ao IES Fermín Bouza Brey para adestrar con eles e decidir se lle gustaría fomar parte do clube.
 
A actividade foi todo un éxito e todos e todas as participantes pasárono moi ben, polo que agradecemos a visita do clube.
 
 

Contacontos ilustrado: Maruja Mallo

  

Dentro do Proxecta "Donas de si" recibimos no cole a visita dun contacontos diferente. 

Ao tempo que nos contaban a vida e obra da pintora galega Maruja Mallo, a ilustradora que acompañaba ao contacontos, ía realizando un debuxo da propia pintora no momento que tivo que marchar exiliada. 

Despois de coñecer a súa biografía, realizamos unha actividade na que seguindo as indicacións da ilustradora todos  os nenos e nenas fixemos un retrato da artista galega. 

Gústounos moito!  Aprendemos moitas cousas sobre Maruja Mallo e tamén como pintar retratos.

Quedáronnos chulísimos!!

Becas NEAE 2022

CONVOCATORIA BECAS ALUMNADO NEAE 2022

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Destinatarios:

 

  • Alumnado TDAH con discapacidade, trastorno grave de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
  • Alumnado TEA.
  • Alumnado con discapacidade ou trastorno grave de conducta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe que presentan NEAE.
  • Altas Capacidades intelectuais.

Prazo: ata o 30 de setembro de 2022.

Para calquera consulta, podedes contactar co Departamento de Orientación:
Teléfono centro: 886 15 18 53
Correos orientadoras: mariag@edu.xunta.es e cristinavarelapineiro@edu.xunta.es

A Ruta das Esculturas: 3º e 4º

 Este venres foi a quenda do alumnado de 3º e 4º para descubrir a nosa particular "Ruta das Esculturas"

 Da man dos mellores guías turísticos Aitor e Jack percorrimos as rúas moi atentos ás súas explicacións.

Cantas cousas aprendemos!

Esta actividade estanos gustando moito.

 

Axudas libros e material

APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITUDE DE LIBROS, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22 - 23
Infórmase da apertura do prazo para as seguintes solicitudes:

  • Solicitude de Axudas para adquirir Libros de Texto para os cursos de 1º e 2º de E. Primaria.
  •  Participación no Fondo Solidario de Libros de Texto para o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria
  •  Adquisición de Material Escolar para toda a etapa de E. Primaria.

Presentarase unha única solicitude no centro para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23.  No caso de presentala por sede electrónica será unha solicitude por cada fillo/a.                                                  

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes:

  •  Do 19 de maio ao 22 de xuño.

 

 FORMA DE PRESENTACIÓN:

  •  PREFERIBLEMENTE por vía electrónica a través de:

               - A aplicación informática

                        https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

              - A sede electrónica da Xunta de Galicia

                        https://sede.xunta.gal/portada

  •  OPCIONALMENTE, poderanse presentar presencialmente nos centros adxuntando o impreso ED330B (Anexos I e II), que poden descargar nos arquivos anexos.

Para calquera aclaración poden consultar a convocatoria na Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto (DOG nº 95 do mércores 18 de maio de 2022) engadida nos anexos ou ben dirixirse ao centro escolar.

IMPORTANTE:

Ler detidamente e con atención as instruccións para cumprimentar correctamente a solicitude especialmente os apartados sobre Membros computables da unidade familiar e Documentación obrigatoria.

Nos arquivos adxuntos poderán atopar os seguintes documentos:

  • Orde da participación
  • Extracto da Orde
  • Anexos I e II
  •  Manual de Usuario para a aplicación Fondo Libros
  • Instruccións para a cumprimentación dos Anexos I e II.

 

Letras Galegas 22

Para conmemorar o día das Letras, este ano tivemos un concerto moi divertido.

Dani Barreiro & Friends amenizou a mañá cun repertorio moi variado, dende poemas de Florencio Delgado Gurriagán pasando por cancións populares galegas ata éxitos infantís da música na nosa lingua.

Pásamolo súper ben!

Esta semana, ademais dos traballos de aula tamén faremos unha busca do tesouro cunha morea de pistas que nos axudarán a coñecer a vida e a obra do poeta homenaxeado este ano.

 

Visita do Arousa SC

Hoxe o alumnado de 3º a 6º recibimos unha visita moi especial.

Julio Rey, Martín Ross e Javi Fontán xogadores do Arosa SC viñeron a repartir entradas para o partido do domingo. Ademais contestaron ás nosas preguntas e ata firmaron autógrafos.

Grazas Arousa e sorte!!

A Ruta das Esculturas: 1º e 2º

Chegou o día para o alumnado de 1º e 2º para percorrer a nosa particular "Ruta das Esculturas"

Subimos ao tren cargadiños de ilusión e percorrimos as rúas moi atentos ás explicacións dos guías turísticos profesionais Carmen e Aitor, canto aprendemos!!

Unha xornada máis de éxito desta actividade.

 

Visita ao Pazo de Rubianes ( 3º-4º-5º-6º)

Último día de visitas ao Pazo de Rubianes.

Primeiro o alumnado de 3º e 4º e logo os maiores de 5º e 6º

O denomidador común a todas as visitas foi o encantado que volveu o alumnado de poder visitar un lugar tan destacado da nosa Parroquia.

Tiñamos moitas ganas e a visita non defraudou. Moitas grazas por acollernos! Esperamos repetila moi pronto! ;-)

 

 
 

Visita ao Pazo de Rubianes (1º)

Era a quenda dos máis numerosos do cole! Como eramos tantos tivemos que ir soíños, pero non nos importou moito porque así gozamos dos marabillosos xardíns do Pazo para nós sós!

Distribuir contido


by Dr. Radut