Skip to Content

Camiño de Santiago

O alumnado de 5º e 6º cargados de ilusión marcharon ben cediño para facer a última etapa do Camiño de Santiago, polo Camiño Sanabrés, dende a Capela de Outeiro ata a Catedral. Marchamos con moita enerxía nun principio e, aínda que as forzas foron quedando polo camiño, chegamos ao Obradoiro exultantes. Algunha bágoa de emoción rodou polas meixelas!

Visitamos o Pórtico da Gloria; que bonitiño está despois da restauración! E tamén entramos na Catedral (moitos de nós por 1ª vez) pola Porta Santa. Despois de dar unha volta por dentro, baixar a ver o sepulcro e atender ás explicación sobre o botafumeiro ou o órgano saímos pola Quintana e de seguido en busca do autobús pois xa nos quedaban poucas baterías.

Tiñamos moitas ganas de chegar a Rubiáns. A pesares do cansancio foi unha xornada de convivencia e esforzo moi positiva, que esperamos poder repetir en cursos vindeiros.

 

Exhibición de Patinaxe

Aínda que o curso está a piques de rematar seguimos traendo ao cole persoas que nos amosan novas cousas para nós. Nesta ocasión foi o turno de Lorena Parada, subcampiona de España junior de patinaxe Inline Freestyle, na modalidade de salto; campiona de Galicia junior de salto e subcampiona de Galicia junior de Battle.

Lorena comezou explicando as modalidades de patinaxe Freestyle que existen e en que consiste cada unha delas e en que consisten as competicións das distintas modalidades. Despois, entre todos tivemos que ir decíndolle que proteccións tiña que poñer, e cando estivo xa ben equipada fíxonos unha demostración de diferentes pasos da modalidade de Slalom e despois xuntounos nunha coreografía que nos gustou moito.

Pero a cousa non quedou aí. A súa especialidade é o salto, polo que non podía marchar sen demostrar o que sabe facer. Comezou saltando 50cm, e aumentando a altura de 5 en 5 centímetros foi incrementando a dificultade e deixándonos a todos abraiados co que é quen de facer. Chegou a saltar 90 cm e díxonos que o seu record está en 1,01m. O profe Santi, que facía de speaker amosounos como unha nena de tres anos podía pasar por debaixo. Incríble! Quen é quen de saltar tan alto e máis aínda con patíns?

Moitas grazas por vir, Lorena e que teñas moita sorte no Campionato Nacional!

 

Despedida Julio

Chegou o día no que finalmente tiñamos que despedir ao noso CONSERXE, ao noso AMIGO, ao noso JULIO, a quen coñece todos os recunchos e truquiños do cole e a todo o alumnado e ás súas familias pois leva moitos anos formando parte da familia do centro.

Así que un pouco enganado levámolo ata as novas pistas polideportivas para ensinarllas e alí estabamos todos, facendo un paseíño coma se fose o gañador da Champions (aínda que el gañou algo máis importante xa que gañou o corazón dos máis pequenos).

Despois dos saúdos chegaron os discursos e uns agasallos para que non se olvide nunca de nós. Rematamos o acto cun súper selfie moi molón!

A pesares de ser un acto moi emotivo, Julio aguantou o tipo, aínda que un paxariño contounos que pola noitiña na casa, vendo os nosos debuxos e dedicatorias os peliños puxéronselle coma escarpias.

MOITAS GRAZAS POR TODO JULIO, QUERÉMOSTE MOITO!

Vilagarcía, cidade de libro!

Dentro das actividades de Vilagarcía, cidade de libro que se está levando a cabo na nosa cidade por 2º ano consecutivo, o alumnado de 1º e 2º tivo a sorte de participar nunha xincana literaria, Literatour.

Pasámolo xenial intentando descubrir todas as pistas e conseguir todas as pezas do crecabacezas para formar a portada do libro.

 

Videoconferencia co CEGAC

A arte contemporánea colouse no colexio a través do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A través dunha videoconferencia puidemos observar obras de arte que non o parecen e un museo que ten de todo, non só pinturas.

Fixemos o noso retrato da maneira tradicional e logo a partires de garabatos. Que interesante!

Despois tamén debuxamos con diferentes cores ao ritmo da música. Unha actividade ben interesante que nos fai reflexionar sobre a influencia da música no noso estado de ánimo e de como este se reflicte nas obras.

Dende o museo propóñennos facer Land Art, que consiste en crear unha obra na natureza ou nunha paisaxe urbana empregando elementos naturais: area, paus, pedras... Animádesvos? 

Theatre in English: The King's servant

Por fin puidemos volver a invitar a Kids&Us ao cole para gozar coas súas Stories

Nesta ocasión a peza era "The King´s servant" e pasamos un rato moi divertido saudando ao rei e axudando ao seus serventes.

Mil grazas a Kids&Us,  coma sempre un pracer recibirvos no cole.

Visita da Protectora

Hoxe tivemos unha visita moi especial. 
Manchas e Pecón da Protectora de Vilagarcía viñeron pasar un ratiño ao noso cole!

Somos pet friendly pois case todos temos cans ou gatos na casa e axudamos ao seu coxidado. 
Pensamos que Manchas e Pecón estiveron moi a gusto con nós! E nós pasámolo xenial con eles! 

Vilagarcía Tenis de Mesa

Sabiades que o tenis de mesa e o pimpón nun principio eran o mesmo, pero dende o momento en que comeza a xogarse nos Xogos Olímpicos ten o nome oficial de tenis de mesa? Isto e moito máis apredemos este venres grazas ao Clube Vilagacía de Tenis de Mesa.
 
Tras unha demostración de xogo, velocidade e forza, e unhas nocións básicas de como coller a raqueta e golpear, o alumnado de primaria puido probar este deporte.
 
O clube vilagarcían, que está moi ben situado a nivel nacional, convidou a todo aquel/a que o desexe a acudir unha tarde ao IES Fermín Bouza Brey para adestrar con eles e decidir se lle gustaría fomar parte do clube.
 
A actividade foi todo un éxito e todos e todas as participantes pasárono moi ben, polo que agradecemos a visita do clube.
 
 

Contacontos ilustrado: Maruja Mallo

  

Dentro do Proxecta "Donas de si" recibimos no cole a visita dun contacontos diferente. 

Ao tempo que nos contaban a vida e obra da pintora galega Maruja Mallo, a ilustradora que acompañaba ao contacontos, ía realizando un debuxo da propia pintora no momento que tivo que marchar exiliada. 

Despois de coñecer a súa biografía, realizamos unha actividade na que seguindo as indicacións da ilustradora todos  os nenos e nenas fixemos un retrato da artista galega. 

Gústounos moito!  Aprendemos moitas cousas sobre Maruja Mallo e tamén como pintar retratos.

Quedáronnos chulísimos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut