blogue deBouso

Proposta de actividades para 1º e 2º de primaria

Ola, raparigos e raparigas!

Xa estaredes feitos uns mozotes e mozotas. Hai tanto que non vos vexo! Ben, agora que o penso, tampouco tanto, só uns días.

Lembrades que nas últimas sesións de Música estivemos traballando sobre a clasificación dos instrumentos musicais?

Xa traballamos os de corda, os de vento e faltábanos mirar algún de percusión, pero como sodes moi listo seguro que podedes facer a seguinte ficha:

 

Para imprimir, podes empregar o arquivo PDF que está máis abaixo.

Proposta de actividades para 3º e 4º de primaria

 

Moi boas, amigos.

 

 

Como vai indo todo? Agardo que ben. Xa hai algún tempo que non nos vemos, pero seguro que axiña pasará todo e volveremos á normalidade. Mentres tanto sexamos responsables: lavemos ben as mans con auga e xabón, saiamos da casa o menos posible e, sobre todo, sede obedientes e dádelle unha boa convivencia aos vosos pais e demais persoas coas que teñades contacto.

 

 

Estes días estaredes a oír falar de moitos países do mundo e, é posible, que algún aínda non o saibades localizar no mapa. Que vos parece se facemos unhas actividades interactivas para coñecer mellor o noso continente, Europa. Imos comezar, se vos parece, polos estados membros da Unión Europea.

 

Recoméndoche que para traballar con estas actividades interactivas empregues o navegador Mozilla firefox (se non o tes instalado, podes descargalo aquí: https://www.mozilla.org/es-ES/firefox/windows/ , pero antes de baixalo e instalalo pídelles permiso aos teus pais) tamén imos precisar o complemento Adobe Flash Player (https://get.adobe.com/es/flashplayer/ ). Si, xa sei que é un pouco pesado ter que andar implementado estas ferramentas na computadora, pero só será unha vez, despois serviranos para máis actividades.

 

 

 

 

1ª actividade:

Unión Europea. Crebacabezas

 

 

Fagamos o crebacabezas dos países pertencentes á UE. Hai tres graos de dificultade, propóñoche que comeces polo máis sinxelo (1) e logo vaias aumentando a dificultade paulatinamente, présa non temos, non?

 

 

2ª actividade:

 

 

Agora aparecerá no mapa un “?” (signo de interrogación) e deberás buscar no listado (fíxate que está ordenado alfabeticamente para favorecer a procura) o nome do territorio sinalado. É moi doado, adiante. Se non te lembras dalgún, podes ir á opción “MIRAR” para repasar un pouco. Agardo que acades a máxima puntuación!

 

 

3º actividade:

 

 

Desta volta presentaráseche unha cartela co nome dun país e ti debes localizar no mapa político mudo de Europa onde se atopa.

Feito todo isto seguro que xa sabes moito e, se cadra, ata pasache un momento entretido ou incluso divertido. Parabéns! Vémonos axiña.

 

Proposta de actividades para 5º e 6º de primaria

 

Ola amigas!

Como vos vai? Agardo que ben.

Como xa hai uns cantos días que non nos vemos, que vos parece se facemos algunhas cousas xuntos?

Propóñovos que repasemos o verbo, comezando por uns exercicios interactivos moi sinxelos

Recoméndoche que para traballar con estas actividades interactivas empregues o navegador Mozilla firefox (se non o tes instalado, podes descargalo aquí , pero antes de baixalo e instalalo pídelles permiso aos teus pais) tamén imos precisar o complemento Adobe Flash Player. Si, xa sei que é un pouco pesado ter que andar implementado estas ferramentas na computadora, pero só será unha vez, despois serviranos para máis actividades.

Se xa tes todo listo podes "clicar"* na imaxe

 

Verbo I

 

Outro método de acceder é a través deste enlace: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1513338745/contido/verbo1/verbo1.html

 

* Sabías que clicar é un neoloxismo que no está recollido no Dicionario da Real Academia Galega?

Sen embago "clic" si que aparece. Compróbao por ti mesma.

E xa que tes o Dicionario da RAG en liña, podes entreterte descubrindo palabras na sección Palabra á toa, analizar as verbas máis consultadas polos internautas esta semana ou este mes e/ou consultar dúbidas.

 

 

 

 

Distribuir contido