blogue deBouso

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

 

 Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)

 

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

 


"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

 

 

 Preguntas frecuentes

Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas para saber sobre Bóveda

Partir do próximo para coñecer o mundo é unha forma natural de aprendizaxe.

 

Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas é un proxecto interdisciplinar do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

 

 

Podes comprobar o que aprendiches na seguinte ligazón da AULA VIRTUAL do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

 

Para acceder se estar matriculado/a debes iniciar sesición con nomde de ususario/a convidado e contrasinal 1234.

Se che solicita clave de activación de automatriculación, introduce 1234.

Comunicación ás familias

Estimada familia:

Comunícolles que se confirmou un caso/brote da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectáronse 2 casos. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas1 respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

 

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

 

Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.

Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento2 e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.

O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-193 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

 

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS4.

 

Reciban un cordial saúdo,

Sinatura

2Illamento no domicilio de casos confirmados: https://www.sergas.es/Saude-publica/Illamento-domicilio?idioma=ga

3Condicións crónicas de saúde como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cancro, inmunodepresión ou hipertensión arterial.

4Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/

IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!

Videoconferencia pronunciada pola Dra. Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas) para alumnado do CEIP Souto-Donas, de Gondomar (Pontevedra) e o CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo) sobre o Coronavirus.
Sonia Villapol Salgado, nada en Bretoña (A Pastoriza) o 8 de maio de 1977, é unha neurocientífica galega. Traballa no Texas Medical Center de Houston, onde é investigadora principal e profesora no Center for Neuroregeneration no Methodist Hospital Research, en Estados Unidos.
 
 

Comunicación do profesor de relixión para 6º de Primaria e actividades para o resto de grupos

PARA 6º DE PRIMARIA

 

Ola a todas e todos estamos a punto de rematar este curso, como non podemos despedirnos fisicamente,imos facelo dunha forma virtual.

Para o próximo curso xa non estaredes no cole, dado que empezades unha etapa na vosa vida.

Deséxovos a todas e a todos moita sorte na vosa nova etapa.

Darvos as grazas por tantas vivenzas xuntos, tamén pedir perdón por algún enfado que houbo, a vida segue.

Por iso pídovos que me mandedes unha pequena carta de despedida e que veñades facer algunha visita ao cole o próximo curso.

Unha forte aperta a todas e a todos.

 

 

Actividades de Lingua Galega 21/05/2020

Actividades remtidas por Rocío:

 

TAREFA 3º

TEMA 13

CUESTIÓN DE NOMES

Abrimos o libro nas páx. 166-167 e lemos a lectura.

Pasamos a páx 168 e facemos o exercicio 2 e 3.

Pasamos a páx 169 e do apartado ponte a proba facemos o apartado b e d.

TAREFA 4º

TEMA 13

UN PREMIO INESPERADO

Abrimos o libro nas páx. 162-163 e lemos a lectura.

Pasamos a páx. 164 e facemos o exercicio 2.

Agora lemos o recadro da páx. 165 que fala das variantes contextuais; e dicir nós non falamos igual cando estamos con amigos ou xente coñecida, que cando falamos con descoñecidos ou cando falamos diante de moita xente. Nestes casos a nosa forma de falar cambia. Por exemplo se estou cos meus amigos podo dicir: Este exercicio está chupado, sen embargo se falo co   profe digo: Este exercicio é moi doado.

Nos dous casos o significado é o mesmo, pero se observades as palabras que empregamos son distintas. Estas distintas formas de falar é o que se chama variantes contextuais.

 

Para practicar facemos o exercicio 4.

Actividades Lingua Castelá 20/05/2020

Actividades remtidas pola profesora Rocío:

 

TAREA TERCERO

TEMA 13

COMIENZAN LAS FIESTAS

Abrimos el libro en las pág. 176-177 y leemos la lectura.

Pasamos a la pág. 179 y del apartado ponte a prueba hacemos los apartados b y c.

A continuación leemos el recuadro que habla de las palabras onomatopéyicas, os mando este vídeo que explica que son.

Hacemos los ejercicios 8 y 10.

 TAREA CUARTO

TEMA 13

HUELGA GENERAL

Abrimos el libro en las pág. 178-179 y leemos la lectura.

Pasamos a la pág. 180 y hacemos el ejercicio 1.

Pasamos a la pág. 181 y leemos el recuadro que explica los gentilicios.

 

Practicamos haciendo los ejercicios 1, 2 y 3.

Actividades de Relixión para a semanan do 18 ao 22 de abril PRIMARIA

As actividades remitidas por Félix están en FICHEIROS ADXUNTOS.

Distribuir contido