Skip to Content

4 anos

OUTONO NA CLASE DE 5º B

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Outono na aula de 5ºB

Por fin chegou o Outono e na aula estamos facendo propostas relacionadas coa temática desta estación: aprendemos vocabulario, contamos elementos do outono, clasificamos follas, coñecemos froitos típicos, debullamos millo, e moitas cousas máis...

 

FACEMOS ZUME DE LARANXA

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Laranxada de Outono

Hoxe na aula de 5ºB de infantil fixemos zume de laranxa e unha degustación desta froita tan rica.

Por equipos esprimimos moitas laranxas e isto serviunos para traballar e mellorar a motricidade das nosas manciñas.

Aínda temos laranxas para uns días. Grazas familias pola vosa colaboración.

Encantounos!!

 

ANIVERSARIO DE SARA

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Aniversario de Sara

Empezan os aniversarios e hoxe celebramos o de Sara, e para comprender que significa cumprir anos, fixemos un ritual no que coa terra nas mans dimos 4 voltas ao sol para celebrar os 4 aniños da nosa compañeira e saber qué significa cumprir un ano máis.

Despois merendamos e non deixamos nada!

 

Parabens Sariña!! Beso

PRIMEIROS DIAS DE SETEMBRO

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Primeiros días na aula de 5ºB de Infantil

Os nenos e nenas de 5ºB de infantil volvemos ao cole e durante o mes de setembro coñecemos as novas rutinas e espazos da nosa aula, a os novos compañeiros/as e a nova profe.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra...

Distribuir contido


by Dr. Radut