Skip to Content

4 anos

FIN DE CURSO 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> FESTA FIN DE CURSO 5ºB EI

Para despedir este curso, sacamos a mangueira e refrescámonos, xogamos coas pompas, pintamos no patio con tizas e convidamos ás mamis e aos papis que nos acompañaron, a unha tarta que fixemos con froitas. Estaba boísima!!! Esperamos que tamén lles gustara porque a fixemos con moito cariño.

Aproveitamos este álbum para felicitarvos as vacacións a todos, darvos as grazas pola colaboración e vémonos en setembro.

Bicos a moreas!!!

ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO EN 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO 5ºB EI

Nos últimos días deste curso seguimos coas actividades de aprendizaxe en plan lúdico, vimos como saíron as bolboretas dos vermes de seda e como puxeron os ovos para que no vindeiro curso volvamos empezar o ciclo. 

Fixemos fotos cos nosos irmáns que temos no cole despois do festival. Disfrutade!!!

XOGOS TRADICIONAIS 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> XOGOS TRADICIONAIS EN 5ºB EI

O pasado venres disfrutamos dunha sesión de Xogos tradicionais grazas á colaboración da Asociación de veciños Agra do Orzán.

Foi xenial! Tiramos da corda, pescamos, xogos de memoria, futbolín, a ra, etc. etc.

INICIACIÓN AO FÚTBOL EN 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> INICIACIÓN AO FÚTBOL EN 5ºB EI

O pasado luns, tivemos unha actividade de achegamento ao fútbol grazas á Asociación de Veciños Agra do Orzán.

Distribuir contido


by Dr. Radut