Skip to Content

4 anos

SAÍDA DE 5º B EI: OS TESOUROS DE MARÍA PITA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> OS TESOUROS DE MARÍA PITA 5ºB EI

Hoxe, a rapazada de 5º de infantil (4 anos) fomos á Praza de María Pita e, alí agardábannos unha morea de sorpresas.

Descubrimos os tesouros da praza a través dos sentidos e lembramos a batalla dos coruñeses contra os ingleses liderada por María Pita. Gañamos, por suposto!!

Descubrimos onde estaban os ingleses escoitando os sons que facían. Vimos e tocamos as pedras, a madeira e o metal co que fabricaron as armas. E nós, coa imaxinación, fixemos as nosas (escudos, lanzas). Con papeis fixemos as pedras coas que libramos a batalla.

Pasámolo xenial!!! E agradecemos o traballo das monitoras que nos acompañaron, a unha delas en especial porque é a nosa Sonia que a temos no comedor tamén.

AS PEQUENAS-GRANDES COUSAS DE 5º B DE EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> COUSAS QUE PASAN EN 5ºB EI

Neste álbum podedes atopar moitas cousas moi importantes para nós e, agardamos que tamén para vós.

- Os premios obtidos pola participación nas actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa súa revista e pasatempos.

- Experimentamos coa saraibada que caeu no inverno.

- Preparamos o noso "Recuncho da calma" para lembrarnos o que podemos, ou non, facer cando nos enfadamos ou estamos moi nerviosos.

- Plantamos na horta do cole e vemos distintas formas de obter plantas novas: con sementes (das mazás das merendas) ou con follas que estamos agardando a ver o que pasa.

- Estampamos a primavera en tea.

- Iyayi celebrou o aniversario do seu irmán Manuel que está en primeiro de primaria.

- Xogamos con motos, marionetas, puzzles, plastilina, ... fixemos pitiños de Pascua e música cos axóuxeres realizados coa profe Nerea.

- E despedimos á profe Cris que nos deixou porque veu a profe Paula que estivo coidando ao seu bebé. As dúas son xeniais!!! Moitas grazas por ser como sodes!!!

DÍA DO LIBRO EN 5ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> DIA DO LIBRO EN 5ºB EI

O domingo 23 de abril celébrase o DÍA DO LIBRO e, como nos gustan moito as aventuras que aparecen nos libros e, nós, aínda estamos empezando nesa tarefa da lectura, viñeron as alumnas e alumnos de 5º de primaria a contarnos un dos contos que máis nos gustan: "Corre, corre cabaciña!". Fixérono xenial e dámoslles as grazas!

ANIVERSARIO DE CIARA E LIAH 5ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> ANIVERSARIO CIARA E LIAH 5ºB EI

Estes son os dous últimos aniversarios que celebramos na nosa aula. Aínda nos quedan algúns máis!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut