Skip to Content

4 anos

MUSEO DAS ESTRELAS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Museo das Estrelas 5º

Queridas familias hoxe inauguramos na aula un novo recuncho moi especial: Un MUSEO!

Somos moi artistas nesta clase e todas as nosas obras de arte as temos que expoñer nalgún sitio...

O primeiro foi elixir o nome do noso museo, foron moitas as propostas, mirade que nomes propuxeron os rapaces:

Ramatoulaye: Museo das árbores

Alejandra Y: Museo das ciencias

Frailenny: Museo das persoas

Alejandra I: Museo dos experimentos

Ainhoa: Museo dos libros

Nora: Museo do corazón

Wiam: Museo das fadas

Álex e Fatou: Museo dos triángulos

Braylin: Museo do círculo

Gaia: Museo das estrelas

Carmen: Museo do parque

Maia: Museo da lúa

Goodnews: Museo do pallaso

Despois de 3 votacións a opción gañadora foi: MUSEO DAS ESTRELAS

E a nosa primeira exposición vai adicada a un artista que facía retratos de perfil empregando os froitos tan ricos de cada estación, Giuseppe Arcimboldo

Agardo que o disfrutedes tanto coma nós. E tranquilos que pronto mudaremos a exposición e os rapaces levaran a obra para casa.Canso

BENVIDO OUTONO

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Benvido outono

Pois definitivamente temos que ir gardando as cousas da praia ata o ano que vén...

O outono xa se está facendo notar e na clase de 4 anos sabémolo e puxémonos mans á obra.

Isto é só un adianto!

Este outono vai dar moitas experiencias que vos ensinaremos por aquí Guiño

XOGAMOS?

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Quen é quen 5º

Adiviña adiviñanza, quen será cada neno?

Hoxe fixemos a nosa primeira figura do noso esquema corporal, aínda quedan moitos máis neste curso, pero penso que foi un moi bo comezo Sorriso

Saberiades quen é quen?

A verdade é que se debuxaron moi moi ben.

BENVIDOS RAPACES E RAPAZAS

Álbum: Educación Infantil 2018-2019 -> Benvidos a este novo curso de 5º

Un novo curso con moitos cambios por diante, pero dame a sensación de que vai a ser moi fructífero!

Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut