Skip to Content

4 anos

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS EN 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN 5ºB EI

Na semana das Letras Galegas pasaron varias cousas na nosa clase. A primeira, varios amigos e amigas da aula resultaron gañadores no sorteo que tivo lugar entre todo o alumnado coas solucións ao labirinto que levaba a D. Francisco Fdz del Riego ata a súa editorial Galaxia.

A segunda, como fixo tan bo tempo, a hora do conto fixémola no patio e, por último, alumnado de 6º de primaria, viñéronnos contar o conto de "Cataventos" que nos encantou.

Tamén podedes ver a foto que fixemos coas maceiras que levastes para a casa, espero que sigan medrando!

ANIVERSARIOS DE MAIO EN 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> ANIVERSARIOS MAIO 5ºB EI

O venres 19 celebramos o aniversario de Ángel, David e Awa. Pouco a pouco vanse facendo maiores!

Parabéns!!!

EDUCACIÓN AMBIENTAL NO PARQUE DE EIRÍS 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> EXCURSIÓN AO PARQUE DE EIRÍS 5ºB EI

Hoxe achegámonos ao parque de Eirís para descubrir a variedade de animais e plantas que temos preto de nós e os coidados que debemos darlles para que non desaparezan.

Vimos oliveiras, moreiras, carballos, espadañas, lirios, margaridas, parrulos, pombas, pegas, merlos, tartarugas...

E aprendemos 2 cousas moi importantes: que non se pode dar pan aos parrulos porque lles estamos a facer moito dano, sería como se nós comeramos chuches a todas horas.

E outra, que non se deben mercar mascotas e despois deixalas abandonadas en calquera sitio. Iso pasou na lagoa de Eirís coas tartarugas. A xente empezou a deixalas alí e como son orixinarias de Florida, esta lagoa non era o seu hábitat axeitado e, así, comeron as crías das ras facendo que desapareceran para sempre. Que pena!!

ÓPERA CO CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> CONCIERTO DIDÁCTICO 5ºB EI

No Pazo da Ópera vimos o conto da Carapuchiña Vermella cantado por tenores e sopranos, era ópera. Rímonos un montón e gustounos moito.

Distribuir contido


by Dr. Radut