Skip to Content

4 anos

PRIMAVERA EN 5*B DE INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Primavera

A primavera chegou á nosa aula e comezamos a traballar cousiñas relacionadas con esta temática: vocabulario con alfabetos manipulativos, conteo de elementos primaverais, xogos de mesa, construccións florais, etc...

Pero sen dúbida o mellor é ver a evolución das nosas novas mascotas: os gusanos de seda. Por ahora so naceron 6 e estamos coidando moito dos outros oviños e investigando , xa sabemos que só poden comer moreira e de momento toca esperar... a ver que acontece...

 

 

.....continuará....

 

ANIVERSARIO DE ADELAIDA (5*B INFANTIL)

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Aniversario Adelaida

Para rematar a semana celebramos o aniversario da nosa compi Adelaida que xa entra no clube dos 5 aniños.

Coma en todos os cumples fixemos o noso ritual de celebración e disfrutamos dunha gran merendola.

Parabens Adelaida! 

ANIVERSARIO DE NOEL DE 5*B INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Aniversario de Noel 5B Infantil

Comezamos o último trimestre do curso da mellor maneira posible: celebrando os 5 aniños do noso compi Noel.

5 voltas ao sol e unha merenda delicios!!

Parabens Noe! 

8M: DIA INTERNACIONAL DA MULLER EN 5B DE INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> 8M: Dia Internacional da muller

Un ano mais celebramos o día Internacional da Muller e relacionandoo co proxecto do cine a muller que nos inspira e Pippi Mediaslongas que nos ensinou que debemos ser valentes e saber coidarnos soas sen necesidade de príncipes azuis. Hoxe foi o dia pero nós durante todo o ano sabemos que todos e todas somos iguais e que debemos vivir en liberdade e respetando a diversidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut