Piteas

A adiviña sentimentos

A ADIVIÑADORA DE SENTIMENTOS

Este proxecto parte do interese do alumnado de 4º de Primaria por profundizar no coñecemento das emocións e sentimentos propios e alleos. 

 

Actividades tipo I

Chuvia de ideas e debate oral grupal sobre que é o que sabemos e que é o que queremos saber sobre as emocións e sentimentos. 

 

 Actividades tipo II

Comezamos coa lectura do libro "El emocionómetro del Inspector Drilo" e posteriormente realizamos unha búsqueda de información sobre cada emoción e sentimento que atopábamos na publicación. En base a dita información, creamos unha batería de preguntas que nos permitiría adiviñar a emoción ou sentimento da persoa á que lle realizábamos o cuestionario (para isto empregamos o programa Google Forms) e ademais formulamos hipóteses sobre como pensabamos que se sentía o alumnado dos diversos cursos do centro (ao que despois lle fariamos as preguntas para corroborar se se cumpriran as hipóteses). 

Ademais disto, creamos uns trípticos coa información que recollimos sobre as emocións e sentimentos , establecendo resposta ás preguntas "Que é?", "Como recoñecer a emoción?" e "Como actuar ante ela?". Así mesmo, creamos uns avateres para cada emoción dos que fixemos pegatinas e elaboramos unhas gráficas cos resultados obtidos nos cuestionarios feitos. 

 

Actividades tipo III

Posta en práctica da adiviña sentimentos e elaboración de conclusións. 

 

Actividades finais - Tipo 3

Xa rematando o curso e, despois de facer todas estas actividades, consideramos moi importante sacalas fóra da aula e amosarllas a todo o mundo: mestres /as, ás outras clases e tamén ás familias.

Para isto fixemos unha feira de ciencias na escola na que as aulas que traballamos proxectos Piteas ensinamos a todo o mundo o traballo realizado.

Comezamos probando cun mestre; neste caso, tocoulle a Juan, o mestre de PROA, que se divertiu moito facéndoo e nos deu algunhas suxestións de mellora.

PROBA DO BREAK OUT CON JUAN

Tras o éxito do xogo con Juan, decidimos chamar ao alumnado de 5º de Primaria para ver como lles saía e, démonos conta de que un grupo tan grande non funcionaba, así que de cara a outros cursos, tiñamos que dividilos en equipos.

PROBA DO BREAK OUT CON 5º DE PRIMARIA

Aos pequenos de Infantil tivemos que axudarlles moito e, de feito, aos de 3 anos rematamos por poñerlles as curtas porque o xogo era ben complicado para eles. Pero os de 4 e 5 anos o fixeron xenial!!

Cos de primaria fixemos unha especie de concurso para ver quen o facía máis rápido, aínda que estaba claro que os e as maiores iban ten vantaxe. Isto deunos a idea de facer un concurso tamén na Feira de Ciencia para motivar aos asistentes.

Para rematar fixemos o Break Out ás familias. Foi un pouco complicado porque viñeron moitos deles pero pensamos que o pasaron xenial e que virán á feira a probar de novo os que non puideron participar.

EXPOSICIÓN DO BREAK OUT ÁS FAMILIAS

E agora estamos a preparar con moita ilusión a Feria de Ciencia. Para isto tivemos que preparar un discurso xa que imos subir a un escenario a contarlles a unha morea de xente do que vai o noso proxecto.

De seguro será unha marabillosa experiencia e, por suposto, non imos deixar de contarvos o que alí aconteceu.

Pensamos que este proxecto non se nos vai esquecer nunca e imos ter de verdade unha ESCOLA MÁIS SEGURA despois disto que é do que se trataba.

Actividades realizadas - Tipo 2

Ao longo do curso fixemos unha morea de actividades relacionadas co tema.

Comezamos no 1º trimestre traballando sobre a ASMA e, por equipos, fixemos carteis e presentacións en power point e organizamos obras de teatro para amosarlles ao resto do cole que facer en caso de que alguén teña un ataque de asma.

E que mellor forma de aprender que preguntándolle a unha compañeira e un excompañeiro maiores e que levan moitos anos vivindo coa asma. Uxía de 6º e Miguel, curmán de Naomi, e antigo alumno do colexio, viñeron á nosa clase e nos contaron unha morea de cousas ao respecto. Tamén fomos á aula de informámos información sobre o tema:

- EXPOSICIÓN SOBRE A ASMA DE MIGUEL

- EXPOSICIÓN SOBRE A ASMA DE UXÍA

- BUSCAMOS INFORMACIÓN

Despois disto, coa información recollida e outra que buscamos nós, fixemos os traballos que colgaremos na escola para que todo o mundo saiba que facer en caso de que a alguén lle dea un ataque de asma.

CARTEIS:             EQUIPO 2       EQUIPO 3       EQUIPO  5

PRESENTACIÓNS:  EQUIPO 1       EQUIPO 4       EQUIPO 6

EXPOSICIÓNS NAS AULAS:   EQUIPO 1   EQUIPO 2    EQUIPO 3   EQUIPO 4   EQUIPO 5    EQUIPO 6

Despois de traballar sobre a asma, os nenos e nenas de 4º viñeron á clase a explicarnos como traballar en caso de un problema de DIABETE. Nos fixeron unha exposición moi interesante sobre como actuar en caso de HIPOGLUCEMIA ou HIPERGLUCEMIA.

EXPOSICIÓN DE 4º DE PRIMARIA SOBRE DIABETE

Xa no 2º trimestre comezamos a traballar sobre PRIMEIROS AUXILIOS e, despois de ver distintas opcións, decidimos que queriamos facer unha revista, curtas, cancións e un xogo sobre o tema.

Nos dividimos en equipos en algúns de nós fixemos a REVISTA, con Juan como director, e outros fixemos as curtas, facendo parellas que serían os directores de cada curta.

Para a revista nos organizamos por funcións e había redactores, deseñadores e maquetadores. Despois de buscar información aprendimos a utilizar procesadores de texto dun xeito sinxelo pero que nos vai servir para facer moitos traballos no futuro. Decidimos entres todos chamala "A VOZ  DE  3º".

Esta é a nosa REVISTA     

Á vez, por parellas, organizamos sete CURTAS dirixidas ás temáticas que aparecen nas reportaxes da revista e que nos servirán para exemplificar mellor como actuar ante estes casos.

As CURTAS foron as seguintes:

- A  FERIDA  DE  JUAN

- O  ATRAGOAMENTO  DE  XOSÉ

- COMO ACTUAR ANTE UN ATAQUE DE ASMA

- COMO ACTUAR ANTE A HIPOGLUCEMIA

- PROTEXER, ALERTAR, SOCORRER

- QUE FACER CANDO ALGUÉN TEN UN GOLPE

- QUE TEN QUE HABER NUNHA CAIXA DE EMERXENCIAS

Tamén queriamos facer unha CANCIÓN e, para isto fixemos primeiro un concurso no que cada un de nós trouxo unha canción. Algunhas eran máis curtas, outras máis longas pero todas moi creativas e interesantes.

Gañou o Pousa do Pirmeiros Auxilios de Tiago Lorenzo e chamamos ao amigo da profe, Berto, para ver se podía vir gravar a canción con nós. Nos fixo a súa propia versión do Pousa adaptada á nosa letra e veu con todo o seu equipo a gravar a canción e a ensinarmos como se mezclan as pistas no ordenador e como se compón.

Deseguido vos amosamos vídeos con estas actividades e a nosa canción:

- CONCURSO DE CANCIÓNS

- GRAVACIÓN DO POUSA

- CANCIÓN DO POUSA

Despois de todo isto xa tiñamos preparadas moitas das pistas para levar a cabo o Break Out sobre Primeiros auxilios pero quixemos aprender a utilizar algunhas FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS para que o xogo fose máis interesantes. Para isto veu David, un home que sabía un montón de tecnoloxías, e nos axudou a elaborar as probas e a realizar algunhas que nós xa tiñamos pensadas.

Así programamos un xogo en Scratch que consiste en contar as letras de PAS e os números do 112 para resolver un dos xogos. Tamén programamos Micro:bit para poder acadar un percorrido do noso robot DOC e, para rematar, tivemos que volvernos un pouco tolos para saber cambiar os contrasinais dos candados, pero con axuda o conseguimos. Aquí tedes vídeos destas actividades:

- PROGRAMAMOS CON SCRATCH

- PROGRAMAMOS O MICRO:BIT

- CREAMOS O PERCORRIDO DE DOC

E xa, con todo isto, organizamos o noso BREAK OUT e vos preguntaredes: E iso que é??

Pois o Break Out é un xogo con caixas pechadas con candados e, dentro delas, hai pistas que se deben ir resolvendo para abrir as caixas seguintes. Todo isto ten sempre unha finalidade que é acadar un resultado final.

Dado que o noso proxecto vai de Primeiros auxilios e dunha Escola segura, se nos ocorreu que podiamos prantexar aos demais que o cole estaba en chamas e que a mestra saiu facer fotocopias deixándonos pechados na clase, mais sabemos que nunha das caixas da súa mesa está a chave, e que os candados se abren seguindo as pistas que ela nos vai deixando por se algunha vez estamos en problemas.

Con todo isto creamos as pistas e creamos o xogo que agardamos vos guste moito e podedes vir desfrutar á nosa aula cando queirades. Este xogo nos serviu para revisar todo o aprendido, reflexionar sobre o traballado e, sobre todo, para amosarlles aos demais o que fixemos e se divertisen co noso proxecto.

Actividades de motivación - Tipo 1

Para comezar o proxecto fixemos unhas cuantas actividades de motivación, as cales consistiron en charlas, páxinas web ou visitas doutros compañeiros e familiares.

Cando estabamos a rematar 2º de primaria, Dani e Berta, os pais de Tiago Lorenzo, viñeron á escola a falarnos de autoprotección e aprendimos moitas cousas que nos serviron durante este curso.

Vídeo da actividade de autoprotección 2º

Xa comezado este curso, a mestra nos pasou unha enquisa para ver o que sabiamos sobre primeiros auxilios que nos fixo reflecionar sobre o tema.

Enquisa sobre primeiros auxilios

E tamén vimos uns cantos vídeos sobre o tema:

Primeros auxilios para niños

Animación de primeros auxilios para niños

E, xa máis tarde, volveuó Dani a darnos unah charla sobre como actuar en caso de incendio

Vídeo da charla de Dani sobre autoprotección en caso de incendios

 

ACTIVIDADES TIPO III

PREME NA IMAXE PARA VER COMO EXPUXEMOS O NOSO PROXECTO E AMOSAMOS O LIBRO DIXITAL DE FRASES POÉTICAS Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: ALUMNADO, PROFESORADO E FAMILIAS.

 

 

ACTIVIDADES TIPO II

ACTIVIDADES TIPO II

NESTE APARTADO TEMOS AS ACTIVIDADES DE TIPO II.PREMENDO NA FOTO PODEDES ACCEDER A ELAS.

 

 

ACTIVIDADES TIPO I

COMEZAMOS O NOSO PROXECTO CO AGASALLO DUNHA COMPAÑEIRA NA SÚA VIAXE POR AMSTERDAM.PREMEDE NA IMAXE PARA VER COMO COMENZOU TODO.

ACTIVIDADES TIPO II

Ao longo de varios meses realizamos diferentes tipos de actividades relacionadas coa poesía e a creación poética co obxectivo de ser quen de poder escribir e ilustrar un libro de poemas e frases poéticas.

Estas actividades están englobadas dentro das coñecidas como tipo II, con contido curricular. Inda que non temos todas publicadas na web, si hai unha pequena mostra para que poidades ver o traballo realizado entre xaneiro e maio deste curso. Contámosvolas a continuación...

POESÍA TODOS OS DÍAS

Na hora de lectura, dedicamos 5 minutos a ler un poema. Cada semana dedicámola a un escritor ou escritora así que ao longo desa semana achegámonos a súa obra.

CONCIENCIA FONOLÓXICA

Cada día dedicaremos 10 minutos a pensar e escribir no encerado palabras que comecen por determinada letra. Buscaremos palabras que rematen igual, faremos pequenos pareados ou rimas… Tamén faremos algún xogo por exemplo empregando o vídeo que aparece a continuación sobre paalbras que comezan ou rematan igual.

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/video-juego-de-rimas-para-ninos-empiezan-igual/

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Realizamos varias actividades sobre este conto de Kalandraka escrito por Eva Mejuto, con ilustracións de Sergio Mora. Preme na imaxe do conto para coñecer as actividades!

 

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Co gallo da celebración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro, realizamos varias actividades tanto na aula como no centro. Compoñer o poema, ilustralo, aprender a canción "O moucho" de Migallas... Preme na imaxe de Rosalía para ver todo o que aprendimos :-)

 

RIMAS E FRASES POÉTICAS

Pouco a pouco imos afondando máis no coñecemento da rima, a través de actividades individuais ou colectivas, buscando palabras, rimas... Nada se nos resiste!

 

MARÍA CANOSA

A visita da escritora María Canosa servíu para coñecer un pouquiño a súa obra poética a través da lectura de Acuario 1 e Acuario 2, ambos dedicados aos animais mariños e que foi a inspiración para realizar un fermoso mural. Preme na foto para ver como foi a visita e o ben que o pasamos...

 

 

ACRÓSTICOS

Por medio dos acrósticos seguimos a traballar a conciencia fonolóxica á vez que nos achegamos a unha expresión poética máis. Cada día o encargado ou encargada é o verdadeiro protagonista realzando o seu acróstico! Preme na imaxe para ver o resultado...

 

FACEMOS UN LIBRO DIXITAL

Despois de tantas actividades somos quen de crear as nosas propias frases e poemas. Polo de agora fixemos un libro de frases poéticas axudados do banco de palabras, confeccionado grazas a colaboración das familias. Agora toca presentalo á comunidade educativa e contorno próximo... Preme  na imaxe do libro para ver como elaboramos o noso primeiro libro dixital empregando a aplicación BOOK CREATOR.

 

Distribuir contido