ACTIVIDADES TIPO II

Ao longo de varios meses realizamos diferentes tipos de actividades relacionadas coa poesía e a creación poética co obxectivo de ser quen de poder escribir e ilustrar un libro de poemas e frases poéticas.

Estas actividades están englobadas dentro das coñecidas como tipo II, con contido curricular. Inda que non temos todas publicadas na web, si hai unha pequena mostra para que poidades ver o traballo realizado entre xaneiro e maio deste curso. Contámosvolas a continuación...

POESÍA TODOS OS DÍAS

Na hora de lectura, dedicamos 5 minutos a ler un poema. Cada semana dedicámola a un escritor ou escritora así que ao longo desa semana achegámonos a súa obra.

CONCIENCIA FONOLÓXICA

Cada día dedicaremos 10 minutos a pensar e escribir no encerado palabras que comecen por determinada letra. Buscaremos palabras que rematen igual, faremos pequenos pareados ou rimas… Tamén faremos algún xogo por exemplo empregando o vídeo que aparece a continuación sobre paalbras que comezan ou rematan igual.

https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/video-juego-de-rimas-para-ninos-empiezan-igual/

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Realizamos varias actividades sobre este conto de Kalandraka escrito por Eva Mejuto, con ilustracións de Sergio Mora. Preme na imaxe do conto para coñecer as actividades!

 

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Co gallo da celebración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro, realizamos varias actividades tanto na aula como no centro. Compoñer o poema, ilustralo, aprender a canción "O moucho" de Migallas... Preme na imaxe de Rosalía para ver todo o que aprendimos :-)

 

RIMAS E FRASES POÉTICAS

Pouco a pouco imos afondando máis no coñecemento da rima, a través de actividades individuais ou colectivas, buscando palabras, rimas... Nada se nos resiste!

 

MARÍA CANOSA

A visita da escritora María Canosa servíu para coñecer un pouquiño a súa obra poética a través da lectura de Acuario 1 e Acuario 2, ambos dedicados aos animais mariños e que foi a inspiración para realizar un fermoso mural. Preme na foto para ver como foi a visita e o ben que o pasamos...

 

 

ACRÓSTICOS

Por medio dos acrósticos seguimos a traballar a conciencia fonolóxica á vez que nos achegamos a unha expresión poética máis. Cada día o encargado ou encargada é o verdadeiro protagonista realzando o seu acróstico! Preme na imaxe para ver o resultado...

 

FACEMOS UN LIBRO DIXITAL

Despois de tantas actividades somos quen de crear as nosas propias frases e poemas. Polo de agora fixemos un libro de frases poéticas axudados do banco de palabras, confeccionado grazas a colaboración das familias. Agora toca presentalo á comunidade educativa e contorno próximo... Preme  na imaxe do libro para ver como elaboramos o noso primeiro libro dixital empregando a aplicación BOOK CREATOR.