Skip to Content

Localización

Datos do Centro

CEIP Plurilingüe O Ramo

Código do centro: 15020982

Enderezo: Rúa Pablo Ares Feal, nº 28

C.P. 15.528   Barallobre, Fene

Correo electrónico: ceip.oramo@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporamo/

Teléfonos: 881 930 137  /  38

Maio 2018

A celebración do Maio e das Letras Galegas son fundamentais na nosa escola, parte do noso código xenético coma escola que aposta pola innovación e mellora da calidade, asentada nos seus valores principios e tradicións.....coma a festa do maio, que vimos celebrando dende a apertura da nosa escola no ano 1979.....

Durante esta semana o traballo, diversión e aprendizaxe e intenso.... Deseño da alfombra floral, preparación do maio, actuacións, cánticos....explicando e comprendendo a tradición, e por suposto, traballando as competencias clave que melloran o rendemento do noso alumnado, dun xeito divertido e fomentando o traballo e sentimento grupal...

 

 

Os nenos parten dun deseño e, coa supervisión das mestras e mestres, deseñan a fermosa alfombra floral do centro.......

Utilizamos flores diversas e serrín tintado, que nos mesmos facemos, buscando tonalidades de cores, deseños....

 

No seguinte video Brais explícanos como fan a alfombra, usando o boceto/deseño e traballan: proporcións, dimensións, calculos, operacións.... Levan a cabo unha excelente organización da tarefa....

Mirade que fermosas alfombras fixemos¡¡¡¡ Moito traballo e diversión = Aprendizaxe e satisfacción....

Tamén preparamos e decoramos o maio... Que fermoso¡¡¡

 

Mirade que ben nos quedou¡¡¡¡

Todos participamos na elaboración do maio e fixemos tributo, as frores, as nosas letras e cultura e a chegada da primavera.....

 

Fixemos un mercadillo, que tivo un obxectivo: financiar a Ópera que estrearemos o vindeiro 15 de xuño , pola compañía de Ópera Big Bang, composta polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, titulada Xuntos pola Carballeira....

Fixemos unhas fermosas actuacións as que asistiron as familias, amigos e simpatizantes.... Grazas por vir e participar¡¡¡¡

 

 Rematamos cantando e bailando o Maio 2018 ... Fermosa tradición e fermosas experiencias e aprendizaxes..... Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial, coma sempre¡¡¡

 

HORTO ESCOLAR

O traballo no entorno natural ten unhas posibilidades educativas óptimas para o desenvolvemento e aprendizaxe do alumnado. Debido ao magnífico entorno natural que ten a nosa escola as posibilidades de traballar na natureza son moi amplas.

Dentro do noso proxecto educativo é un principio básico o coñecemento e coidado do entorno... para isto unha das actividades que promovemos é o cultivo, coñecemento e seguimento (estudo) das prantas, a través da realización de un horto escolar tanto a nivel curricular (en horario lectivo) coma a nivel extraescolar, na nosa actividade de obradoiro da natureza....

Mirade o traballo do noso alumnado na hortiña do Ramo...

Eiquí temos as prantas que levamos ao noso invernadoiro... esperamos que saian prantaremolas con moita ilusión...

Regamolas e prantamolas....

Estudamos e preparamos o terreo....

Cada día a nosa hortiña foi tomando mais forma e este bò tempo vai facer que as nosas leituguiñas nazan mais fortes e sás....

A terra fértil foi fundamental no bó resultado....

O mellor é o ben que o pasamos¡¡¡¡ O traballo en contacto co entorno, ademais dos bos resultados educativos, fai que volvamos as nosas orixes, estemos ledos e en contacto co espazo natural.....

E  velaiquí tedes o resultado: Tachán¡¡¡¡ Leitugas fresquiñas e ecolóxicas.......

E por suposto Romeo e Xulieta probaron as nosas magníficas leitugas¡¡¡¡¡

 

Que ben o pasamos e aprendimos moitísimo neste proceso, coma sempre¡¡¡¡

 

Queridos amigos, familias e simpatizantes, estade atentos... pronto veredes as nosas fresas.... e un horto moi especial dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria......

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN LÓVA AS FAMILIAS

O noso proxecto LÓVA ten como obxectivo principal facer ao alumno protagonista da súa aprendizaxe, sendo autónomo e tendo iniciativa no descubrimento e desenvolvemento de novos aprendizaxes. Por iso esta semana os integrantes da compañía Big Bang, presentaron as familias os seus progresos, desenvolvemento da Ópera que estrearemos a finais de curso e as dinámicas que levamos a cabo.... Ademais as familias poideron ver os murais e portfolios desenvolvidos ata o momento.... 

 

Os integrantes da compañía (alumnos de 5º e 6º de EP) recibiron as familias e expliráronlle o tema da Ópera e características da mesma, así coma as dificultades coas que se atoparon polo momento, algo fundamental na aprendizaxe.....

Explicaron dinámicas de cohesión grupal...coma a casiña de chocolate e a importancia do traballo en equipo, onde as familias puideron participar...

 

Por último todas as familias puideron ver e consultar o traballo desenvolvido pola compañía Big Bang, que facendo unha Ópera, foi traballando a lectoescritura, a competencia matemática, as emocións, os roles e características persoais, o traballo grupal e cooperativo.....

Grazas pola masiva participación das familias e do noso brillante e voluntarioso alumnado... XUNTOS chegamos moi LONXE¡¡¡ Coma sempre aprendemos moito e pasámolo xenial...

Peche Entroido 2018

O pasado luns pechamos o Entroido 2018, rematou e queimamos o Meco: a Mexié Napoleón e con él todo o malo, desexando que o bó continúe e porque non? mellore e sigamos aprendendo moito e con tanta satisfacción...

Lemos o testamento e desexamos que todo vaia aínda mellor¡¡¡

Eiquí podedes ver o testamento para cada membro da Comunidade Educativa...

 

Despois de ler os mandados... despedimos o Meco...

E queimamos a Mexié Napoleón... explicando que o lume, no entroido Galego é un elemento purificador que significa un novo comezo.... Vivimos e explicamos o bó das tradicións....

Celebración Entroido 2018

 

Esta semana celebramos un entroido máxico, intenso, divertido e , ademais, educativo... Que ben o pasamos¡¡¡ Os mandados, os disfraces, a música, as actuacións, os preparativos, postres, os xogos, o noso famoso túnel de fariña e auga.... Tradicións que no Ramo se volven máxicas e únicas.....

 

Eiquí está o noso Meco, o protagonista Mexié Napoleón¡¡¡¡, el nos indicará multiples mandados.... Que haberá que cumprir...

 

 

Que expectación nos dan os mandados de Mexíé Napoleón¡¡¡¡ Eiquí os podedes ver...

 

Eiquí está o primeiro mandado...

O segundo mandado.... un nome na fronte!!!

E por último unha capa policromada...

 

Todos os mandados se colgaron de xeito convinte.... e todos e todas, nenos e nenas, profes, mestras... cumplíronos de xeito convinte...

O día do Festival foi xenial.... Nenos e nenas, mestras e familias desfrutamos xuntos dun gran espectáculo...

 

Todos listos para o festival.....

O auditorio foise enchendo.... Moita espectación das familias, mestras e alumnos para ver as actuacións...

E por fin comezan...

 Primeiro e segundo de primaria...Infantil....

Sexto de Primaria.... Uns artistas todos¡¡¡

Mirade a actuación de 3º e 4º de Primaria, ritmo, ledicia, música.....

 

 A actuación de 5º foi espectacular tamén... que adaptación Rockeira .... Que interpretación....

Despois saímos de comparsa polos arredores da escola, saudando a veciños e amigos... Que divertido¡¡¡¡

Rematamos no Pavillón a nosa maravillosa comparsa.....

Comparseamos coas familias e amigos.... Foi especial e moi satisfactorio....

 

Os mais pequenos pasárono xenial... Abraiados están....

Os maiores tamén o pasaron moi ben....

E para rematar unhas lambetadiñas en compañía das familias... Estupendo e inesquecible momento....

 

E o noso túnel de fariña, é un final de festa xenial.... Encantounos¡¡¡ Que ben o pasamos¡ Agora esperamos ao peche de Entroido..... Capítulo seguinte...

 

Día da Paz 2018

O pasado 30 de xaneiro de 2018 celebramos o día da Paz e os valores de pacifismo que fan a unha sociedade grande, que tentamos impulsar dende a nosa escola...

O noso lema deste ano: XUNTOS imos camiñando rumbo a paz.... Non entendemos outro xeito de facer as cousas  que facelas xuntos e cos valores de Paz e Convivencia.... Familias, Alumnado e Profesorado somos un neste fermoso camiño da aprendizaxe...

Mirade o noso fermoso mural onde os nosos nenos e nenas son os protagonistas...

Cando fixemos o mural, partimos de un dos nosos lemas (Destacado por Galeano: Camiñamos cara a Utopía...), na que concluímos cos nenos a importancia de "facer camiño" cara a paz e desfrutar o camiño coma filosofía de vida... Este ano cada neno navegaba cara a paz nun mar onde todos convivimos, traballamos e crecemos...

 

Cada alumno deseñou o seu barquiño e a súa figura, e colocárona onde estimaron facendo un mural único e irrepetible, ao igual que eles.... Ademais o deseño do mural estivo a cargo do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria...

 

Ademais o estupendo equipo de Educación Infantil traballou no seu proxecto mensual a PAZ, e trasladouno á vida do centro coa súa aportación as distintas clases e a realización de excelentes traballos que podedes contemplar nos seguintes murais...

 

 

Destacar que a realización destes traballos non sería posible sen a colaboración das familias, que cada día o estades facendo mellor e cunha excelente intensidade.... GRAZAS a nosa gran familia de O Ramo.... As vivencias e aprendizaxes están a ser maravillosas....

Entre todos fixemos os retoques finais para que todo estivese á altura do proceso..............Maravilloso¡¡¡

Ademais deste maravilloso traballo integrado na nosa programación curricular do pasado xaneiro, culminamos a celebración da PAZ coa lectura do noso alegato pola PAZ e da canción da PAZ que estivemos ensaiando para uns invitados moi especiais: as mamas e papas que nos viñeron visitar..... Eiquí tedes uns vídeos deste momento...

 

Os nenos de 6º de Primaria leron xenial o alegato a favor da PAZ e a investigación realizada sobre a conmemoración neste día.... É importante coñecer axeitadamente as raíces do que aprendemos......

 

Por último cantamos XUNTOS a canción ensaiada dende o Departamento de Música e todas as mestras, para conmemorar este maravioso día..... GRAZAS por asistir, por participar e colaborar... Coma sempre aprendemos moito e pasámolo xenial¡¡¡

Nadal 2017

Estas festas son moi especiais para os nosos alumnos e alumnas.... Mirade como celebramos o fin de trimestre con moitísimos acontecementos: visita de Papa Noel, o Apalpador e os Magos de Oriente, obradoiros de Nadal,..... aprendizaxe e diversión camiñan da man... 

 

Este ano fixemos un mural de Nadal coas mans de cada un dos nenos e nenas e mestras e mestres do cole... cada man é un desexo de paz, ledicia, aprendizaxe e prosperidade para nós e para o mundo...

 

O mellor... o ben que o pasamos... Na aprendizaxe, unha plataforma mental e emocional equilibrada e en estado de alegría mellora o desenvolvemento do alumno...

  

 

Desfrutamos do Apalpador.... e as súas historias sobre O Courel e como fai os xoguetes de madeira, cos que nos agasalla en Nadal....

 

 

Desfrutamos da visita de Papa Noel.... que foi por todas as aulas....

 

E contamos coa compañía e os consellos dos sabios Magos de Oriente que prometeron pechar estas festas e iniciar o próximo año con moita ledicia, ilusión e aprendizaxe... cheo de boas novas e ilusións...

 

OBRADOIROS DE NADAL

 

 

Despois destas ilustres visitas comezou o xogo guiado. Nestes momentos do desenvolvemento o xogo é peza clave do desenvolvemento do alumnado: fai aprendizaxe, mellora a creatividade, en definitiva, unha das actividades que se fai na infancia polo feito de facela en sí mesma...

 

Todos preparados para comezar os distintos xogos dos nosos maravillosos obradoiros. Antes de comezar repartimos os equipos.... Preparados, listos, XA!!!!

 

 

Luchi e Catu: do equipo de Complementarias e Dinamización Lingüística comezan o reparto dos equipos e rincóns...

 

 

Rincón de xogos de mesa: xadrez, conecta 4, xogos de alfombra.... coa axuda da nosa Auxiliar de Conversa : Kónica.

 

 

Obradoiro MasterChef 2017... Que divertido aprender cos alimentos... Ollo! Soamente ingredientes que promoven unha dieta saudable e equilibrada...

  Obradoiro de plástica: facemos árbores de Nadal....

 

 

 

 

 Construímos con bloques lóxicos ... Capacidade Espazo - Temporal e Manipulativa...

Nas aulas de Infantil temos obradoiros de puzzles, plastilina e purpurina...

 

Saltamos obstáculos e disfrazámonos en psicomotricidade....

 

Xogamos co paracaídas..... Estupenda actividade grupal....

E, moi ledos , rematamos cantando o noso Himno, a canción de O Ramo... e algunha panxoliña.... Foi fermoso, pasámolo xenial e gardamos outra experiencia maravillosa de aprendizaxe...

 

 

 

Programa LÓVA: Visita de especialistas /persoalidades

VISITA ESPECIALISTAS LÒVA

 

Unha das principais liñas do programa LÓVA e do noso Proxecto Educativo, consta da realización de obradoiros e ponencias de especialistas, onde nos expliquen os distintos traballos / roles que se desenvolven nunha compañía de Ópera.... A calidade educativa mellora cando especialistas contrastados contan e demostran as súas experiencias ao alumnado..... Este trimestre tivemos a sorte de poder contar con estes colaboradores...

 

Outubro de 2017. Explicación da profesión de maquilladora e atrezzo da man de Nati Alonso 

 

 

 

 

Eiquí podemos ver a nosa amiga Nati, experta en maquillaxe e atrezzo, explicando como facer unha boa caracterización... 

 

 

 

Todos fixemos prácticas de maquillaxe..... 

 

 

Novembro de 2017. Visita da directora de teatro Eugenia Sanmartín

 

 

Aquí contamos coa presenza da Directora de teatro:   Eugenia Sanmartín, que nos falou da difícil arte de dirixir unha compañía...

 

21 de novembro de 2017. Visita do músico e mestre Jesús Pareja.

 

E co músico Jesús Pareja, que nos ensinou a compoñer e adaptar a música á nosa Ópera...

 

11 de novembro de 2017. Visita do coordinador LÓVA España Pedro Sarmiento e do Asesor do CFR José Antonio Sordo.  

 

Foi emocionante e o culmine das ponencias que se fixeron, a raíz deste maravilloso proxecto a visita do coordinador LÓVA España, Pedro Sarmiento... sempre tan equilibrado, con excelente xuízo e perspectiva que nos axuda a mellorar...

 

 

 

 

Vemos eiquí un desenvolvemento da sesión de grupo onde traballamos as emocións.... 

 

 

 

Xornada interesantísima neste 11 de decembro, proveitosa e chea de oportunidades..... Ademais contamos cunha representación do CFR de Ferrol que axudou no desenvolvemento e supervisión do programa...

 

 

 



Que ven o pasamos!!!! Foi Xenia!!!! Agradecemos a Pedro (coordinador LÓVA España) e a José Antonio Sordo (representante do CFR de Ferrol) a súa visita, axuda e colaboración... 

 

 

 

Tamén analizamos as producións realizadas ata o momento pola nosa compañía...

 

 

 

 

14 de decembro de 2017. Visita da escritora Estefanía Padullés

 

Nesta sesión estivo connosco a escritora Estefanía Padullés para ensinarnos a profesión de escritor... fundamental no desenvolvemento da Ópera!!!

 

Seguimos con éxito implementando este maravilloso programa que está dando nestes meses de inicio uns grandes resultados no noso alumnado, ademais de un importante grao de satisfección e ledicia, moi importante na educación..... Desfrutamos o proceso¡¡¡

 

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2017

Este ano celebramos un Samaín moi especial. Demos importancia a orixe do Samaín,e a nosa terra Galega coma parte da súa procedencia, fixemos as cabazas conxuntamente nas aulas, en equipo... e expuxémolas no noso Salón de Actos... cunha pequena sorpresa: todo o que quixera ir visitalas debería de pasar polo túnel do terror¡¡¡¡(Un túnel moi divertido ). Asamos castañas, e tivemos visitas moi especiais... de amigos, compañeiros....

 

Os nenos fixeron as súas cabazas de Samaín, na clase... traballamos a potencialidade artística, motricidade fina, creatividade... mergullámonos nesta fermosa tradición Galega e da nosa escola...

 

Mirade a nosa xenial exposición de cabazas de todos os tipos...

Polo túnel do terror tiveron que pasar, para a exposición de cabazas poder contemplar...

Despois fixemos xogos cooperativos...

Os nenos e nenas de primaria xogaron cos chanzos grandes...

E as nenoas e nenos de infantil con chanzos mais pequenos e adaptados...

Xogos tradicionais coma a comba...

 

 

 

E como non...a nosa festa especial, tradicional e que gaña mais peso e emoción cada ano non pode rematar sen o descenso de carrilanas que fixeron os nosos nenos e nenas e miraron con emoción as familias...

 

 

E como non...na nosa maravillosa escola o Samaín ven acompañado do magosto e a degustación de castañas que nos mesmos preparamos....Bo proveito e grazas a todos e todas por vir e pasalo tan ben¡¡¡

Distribuir contido


by Dr. Radut