Skip to Content

Dependencias

OBRAS CON SORPRESA

 Comezaron as obras no noso colexio. Amañando o tellado que destrozara o vendaval Klaus atoparon un niño de gaivota con ovos.

 

 Para que no futuro non pase o mesmo imos colocar no tellado un moucho para escorrentalas do colexio.

 

Tamén estamos ampliando a biblioteca e habilitando un espacio para o comedor escolar.

Mans a obra!!!

 

O NOSO CENTRO


O Colexio de Educación Infantil e Primaria “O Ramo” pertence á rede pública da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O centro está situado no lugar de O Ramo, da parroquia de Barallobre. Atende a alumnado de infantil e primaria (3-12 anos) que procede fundamentalmente da área xeográfica máis próxima.

Consta dun edificio principal situado en Pablo Ares Feal, 28 (Barallobre) e outro edificio escolar no Souto Grande, 9 (Barallobre).

O recinto escolar do Ramo presenta as seguintes características:

  1. Superficie total do solar: 7.560 m 2
  2. Zona de recreo, arborado e xardín: 4.995 m 2

 

   

      3.  Edificio principal de catro plantas:

-Planta semisoto: Ximnasio

-Planta baixa: na que se sitúan as dependencias administrativas (dirección, secretaría, conserxería), biblioteca, departamento de orientación,  salón de actos, ludoteca e locais complementarios. 

 

 

   
   

 

 

-Planta primeira: sala de audiovisuais, aulas de Ed. Infantil, 1º Ciclo de Ed. Primaria e 3º, aula de psicomotricidade, de plástica e aula de pedagoxía terapéutica.  

 

 

 

 Aula de psicomotricidade  
   

  

-Planta segunda: onde se sitúan as aulas de 4º e 3º Ciclo de Ed. Primaria, informática, laboratorio, música e danza, idiomas e relixión.  

 

   

    

4. Edificio Souto Grande

 

   

Dende hai varios anos a xornada escolar está establecida en sesión única de mañá (9:30 - 14:30 h.). Polas tardes desenvólvese un programa de actividades extraescolares (16:30 –18:30 h.) de luns a venres, programadas e organizadas polo Claustro e a ANPA do Centro.

Anexo ó recinto escolar está o pavillón polideportivo municipal do "Ramo", onde se realizan as clases de educación física e tódalas actividades deportivas en horario escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut