Skip to Content

AYUDAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOYO EDUCATIVO

Estimadas familias,

deixámosvos adxunto información recibida das axudas para acneae.

As solicitudes tanto de axudas como de subsidios cumplimentaranse mediante o formulario accesible por internet na seguinte dirección:

www.educacionyfp.gob.es ou a través da Sede  Electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes abrangará desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de septiembre de 2024, ambos inclusive

Un saúdo

A dirección

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Estimadas familias,

comunicarvos que o alumnado que solicitou praza no noso centro para o curso 2024-25, está ADMITIDO.

No taboleiro de anuncios ao carón do despacho de secretaría, están expostos os listados.

Lembrarvos que a formalización da matrícula, será do 20 ao 30 de xuño.

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR 3º TRIMESTRE

Estimadas familias, deixámosvos o menú de comedor do 3º trimestre.

Un saúdo 

A dirección

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA

Estimadas familias, o 10 e 11 de abril levaranse a cabo no centro as probas de avaliación diagnóstica para o alumnado de 4º de primaria. Estas probas avalían o nivel de competencias adquiridas polo alumnado de dito curso.

SON OBRIGATORIAS para os e as nenas QUE ASISTAN ao centro nas datas mencionadas anteriormente. 

Un saúdo

O equipo directivo

RESERVA DE PRAZA

Estimadas familias:

Adxunto tedes información para a reserva de praza dos e das vosas fillas no noso centro. Deixámosvos o impreso para cumprimentar e a Orde do 21 de outubro de 2022, na que aparecen instrucións e a documentación que deberedes presentar.

Calquera dúbida, poñédevos en contacto co centro.

Correo: ceip.oramo@edu.xunta.gal

Teléfonos: 881930136/881930137/881930138

 

O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES é do 1 DE MARZO DE 2024 ata o 20 de Marzo de 2024, ambos incluídos

 

Un saúdo

A dirección

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

Comunicarvos que a Xornada de Portas Abertas, terá lugar os seguintes días:

- Luns 26 de febreiro de 2024

- Luns 4 de marzo de 2024

O horario será de 16:00hs a 17:00hs. Ás 16hs terá lugar unha reunión xeral no salón de actos para resolver dúbidas por parte do equipo directivo e posteriormente farase unha visita guiada cas mestras de educación infantil, polas instalacións do centro.

Un saúdo

O equipo directivo

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2024-25 NO IES DE FENE

Estimadas familias,

adxunto tedes instrucións para a reserva de praza para o curso 2024-25 no IES de FENE ( só alumnado que curse este ano 6º de primaria e vaia para 1º ESO ao instituto adscrito ao noso centro).

As familias que desexen que o seu fillo ou filla, curse 1º ESO noutro instituto ou nun Cpi, diferente ao de Fene, agardarán ao período de admisión entre o 1 e o 20 de marzo de 2024.

A reserva pódese facer telemáticamente ou ben, unha vez cubertos os anexos, entregala no noso centro (pode traela o alumnado).

O prazo abrangue desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2024.

Deixámosvos o enlace para aclaración de dúbidas ou facer a reserva telemáticamente:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Un saúdo

A dirección

 

BONO DEPORTE

Estimadas familias,

desde a Consellería comunícannos que o alumnado que participou no programa XOGADE ( carreira que fixemos desde o centro) pode solicitar o bono deporte.

Deixámosvos instrucións do identificador:

O identificador XOGADE sempre é:

inicial nome - inicial primer apelido - inicial segundo apelido - 2 dixitos día nacemento - 2 dixitos mes nacemento - 2 dixitos ano nacemento

Exemplo do identificador XOGADE:

Imaxinade que os datos da vosa filla son:

Juanita Campo Lugo
17/03/2010

O identificador para "Juanita Campo Lugo" sería

JCL170310

Aquí tedes o enlace para acceder ao bono deporte:

https://www.bonodeporte.gal/

 

Un saúdo

A dirección

MENÚ COMEDOR 2º TRIMESTRE

Estimadas familias,

adxunto tedes o menú de comedor do 2º trimestre.

Un saúdo

A dirección

MENÚ ESPECIAL NADAL

Estimadas familias:

Deixámosvos o menú de comedor para o 21 de decembro (nota enviada polo servizo de catering).

Un saúdo

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut