Skip to Content

Fin do Entroido 2017

Hoxe pechamos o entroido coa queima do meco e a lectura do testamento, ofrecendo os nosos mellores desexos a alumnado, familias e mestras, e dando paso xa, a nova estación que comezará en 9 días: a primavera...

  

 

E rematamos este divertido entroido coa queima de Don Trampulleiro, coma símbolo de rexeneración e dos nosos bos desexos...

COMEZA O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2017/18

E ti que queres ser de maior?

Querémoste no noso equipo! Ven connosco!

 

ENTROIDO 2017

Este ano celebramos o entroido de xeito moi especial, co noso meco: Don Tamp Ulleiro, ao longo da semana fixemos os distintos mandados e finalizamos o venres cun espectacular desfile polos arredores da nosa preciosa escola....

Eiquí tedes a Don Tampulleiro, con mandados moi esixentes que tivemos que cumprir, pero fixémolo con moita ledicia e optimismo....

 

 

Estes foron os mandados cos que desfrutamos moitísimo...

Cada día lemos os mandados e todos moi atentos e espectantes¡¡¡

 

A temática dos disfraces: Os deportes e a vida saudable, dentro do Proxecto de Centro...

Fixemos unha espectacular comparsa polos arredores do cole, saudando aos veciños e visitandoos coa nosa ledicia...

Cada aula fixo unha actuación.....

Para rematar degustamos lambetadas propias do entroido, elaboradas polas familias... Que saboroso manxar propio da nosa tradición¡¡¡

 

ADMISIÓN CURSO 2017/18

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O vindeiro día 1 de marzo e ata o 20 comeza o proceso de admisión para o novo curso 2017/18, lembrade que o día 1 de marzo (por ser entroido) e sábados e domingos a inscrición so se poderá facer vía telemática (por sede electrónica), os demais días laborais estaremos encantados de recibirvos na secretaría do centro para recoller as solicitudes de admisión. VIDE A NOSA ESCOLA¡¡¡

Dia da Paz 2017

A conmemoración da Paz lévase a cabo todos os días nas relacións cos compañeiros, coas familias, cos mestres... Nembargantes un día coma o 30 de xaneiro conmemórase o día da paz, coíncidindo co pasamento de Mahatma Gandhi, líder espiritual que deixou legado no corazón da humanidade, este ano recordámolo dende o CEIP Plurilingüe o Ramo pintando a seguinte mensaxe na entrada da nosa escola...

Non hai camiño para a PAZ a PAZ é o camiño.... pensamos que esta frase se podería extrapolar a aspectos fermosos que levamos a cabo día a día, a aprendizaxe é o propio camiño, así coma o desfrute do mesmo....

 

Entre todos pensamos, buscamos e escollimos a frase, ademais de pintala, para que o noso lema sexa ben visible, é noso e de toda a humanidade...

A nosa escola é preciosa e "máxica", pedimos que a Paz se faga...

 

E todos xuntos cantamos a canción do día da paz.....

Eiquí tedes un vídeo, na nosa canle de TV Educativa sobre o día da Paz, quedou fermoso e o momento de aprendizaxe foi moi especial....

PLAN DE SENSIBILIZACION DA DISCAPACIDADE I

O noso Plan de Sensibilización da discapacidade, tenta ir mais aló de amosar a diferenza, tenta ver as capacidades que todos temos e a importancia de promover a inclusión educativa e social. Traballamos a empatía, as habilidades sociais e a necesidade de poñerse no lugar do outro, nos aspectos fortes  e menos fortes...

Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa FAXPG ( Federación de Persoas Xordas de Galicia) quen coa axuda das sus maravillosas especialistas en lingua de signos e formadoras nos ensinaron non so signos basicos que levamos xa tempo traballando, senón que levaron a cabo unha xornada de sensibilización que nos amosa coma se sente un neno que non pode oír e que estratexias utiliza para a súa vida....

 

Unha formadora xorda nos explicou con signos como é a vida dun neno xordo e, de todas as posibilidades, que cunha axeitada política inclusiva, todos podemos ter...

 

Explicáronnos que técnicas utilizan na vida diaria para desprazarse con autonomía, espertarse pola mañá,... facer unha vida plena a que todos temos dereito...

Ata veu a prensa e a TV a cubrir este maravilloso acontecemento que ten por bandeira a educación e inclusión educativa e social, signos de unha sociedade avanzada...

Foi unha xornada estupenda de aprendizaxe, pasámolo moi ben, e sentímonos xenial coñecendo a diversidade e concienciandonos para aportar o noso graíño de area dende a escola para facer unha sociedade mellor...

 

Apadriñamentos Lectores

Dentro das actividades da nosa biblioteca están os apadriñamentos lectores, onde nenos e nenas "maiores" apadriñan a nenos e nenas mais pequenos para animalos a ler e axudarlles nesta actividade... Ano a ano a actividade é un éxito e obtéñense excelentes resultados acadandando maior destreza e motivación na lectura, entre outros beneficios...

 

 

 

 

Bo Nadal e Próspero Ano Novo

Dende a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe O Ramo queremos felicitarvos as festas a través da TV educativa: O Ramo Producións e darvos as grazas pola vosa axuda e apoio ao longo de todo este curso escolar tan emocionante e proveitoso ¡¡¡

Podedes ver o video neste enlace:

Video Nadal O Ramo

NADAL 2017

Durante este Nadal dende a nosa escola fixemos importantes actividades: postais de Nadal onde os nosos nenos foron os protagonistas, visitounos o apalpador, realizamos un mural precioso con refugallo, decoramos as árbores da nosa escola con motivos de nadal (dentro do proxecto de Voz Natura), fixemos unha campaña de recollida de alimentos para os que mais o precisan...

O noso mural cos nosos nenos coma principais protagonistas....

A representante de Arraigo (Asociación que loita contra a pobreza) recollendo os alimentos aportados pola Comunidade Educativa e veciños da nosa escola...

Presentámosvos a Xan o noso boneco de neve feito con refugallo...

 

Vista do mural....

Eiquí unha das clases decora a árbore que apadriñaron con motivos de Nadal... A protección e coidado da natureza son un dos nosos valores...

O noso apalpador... os nenos e nenas están a deixarlle os seus desexos de Nadal.....

Felices Festas e Próspero Ano Novo¡¡¡

OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o ANPA de O Ramo iniciamos esta época de nadal cun estupendo obradoiro de postais, no que nenos de 3 anos de infantil ata 6º de primaria levaron a cabo creacións maravillosas e pasaron un rato xenial de diversión e aprendizaxe... 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut