Skip to Content

DIRECTRICES DA XUNTA PARA O USO DAS MÁSCARAS

Estimadas familias,

en archivo adxunto, tendes as directrices que acaban de chegar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sobre o uso obrigatorio das máscaras.

Un saúdo e bo día

A directora

XOGANDO CO ATLETISMO

Estimadas familias:

O Concello xunto ca Xunta de Galicia, a través do programa XOGADE, intenta que todo o alumnado de primaria, coñeza de forma práctica as diferentes modalidades do atletismo dun xeito divertido.

Na vindeira semana levaranse a cabo ditas xornadas, nas que participará o noso centro. Adxunto tendes toda a información precisa.

Os vos@s fillos/as levarán hoxe unha autorización para asinar, na participación en ditas xornadas, o luns como data límite, deberán traer dita autorización e entregarlla o titor/a correspondente.

Un saúdo

A directora

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Informámosvos de que xa temos á vosa disposición unha mochila viaxeira con libros que esperamos sexan do voso interese. Os títulos están relacionados cos proxectos que temos en marcha nestes momentos: alimentación saudable, disciplina positiva, mindfulness, …Todos os que esteades interesados deberedes solicitala no correo rbcblancocarpente@gmail.com

Para o préstamo seguiremos a orde de solicitude.

Un saúdo.

O equipo de Biblioteca

MENÚ COMEDOR MES ABRIL

Estimadas familias:

En archivo adxunto, tendes o menú de comedor do mes de abril.

Un saúdo

A directora

EMPREGO DE MÁSCARAS

Estimadas familias: 

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. Polo que o LUNS 21, en ditos espazos, NON será obrigatorio o uso das mesmas.

Graciñas e bo finde

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Dentro do proxecto de vida saudable temos en marcha varias iniciativas, sendo unha delas a elaboración dun libro de receitas saudables. Para iso precisamos que cada familia aporte unha, para incluir no noso libro. O alumnado de infantil levará a plantilla para que a traia feita da casa e o alumnado de primaria traerá a receita e rematará o traballo na súa aula.

*Na plantilla atoparedes un oco cunha cámara para facer un debuxo do prato.

Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.

UCRAÍNA E O CEIP PLURILINGÜE O RAMO

Estimadas familias:

Durante unha semana, o noso cole recollerá toda a axuda posible, para achegar ás víctimas e refuxados da guerra de Ucraína. Na entrada do cole, almacenaremos todo o que poidamos aportar entre toda a nosa comunidade. Animámosvos de todo corazón, a colaborar con nós. Adxunto tendes a lista do que se precisa con máis urxencia.

Graciñas.

Un saúdo

A directora

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-23

Estimadas familias:

Dende o 1 ao 21 de marzo, ábrese o período de admisión, para a reserva de praza no noso cole.

Deixámosvos o enlace para acceder á aplicación e cubrir a documentación necesaria, que podedes presentar telemáticamente.

 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Atte,

O equipo directivo

MENÚ COMEDOR MARZO

Estimadas familias:

Adxunto tendes o menú de comedor do mes de marzo. Lembrade que ata o 3 de MARZO NON hai colexio.

Un saúdo

A directora

MENÚ COMEDOR 25 DE FEBREIRO

Estimadas familias:

Como motivo do entroido, o venres 25 de febreiro, o menú do comedor será o seguinte:

 

1º prato: SOPA DE COCIDO

2º prato: PERRITO CALIENTE

Postre: ROSCA DE CARNAVAL

 

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut