Skip to Content

AVISO ÁS FAMILIAS de 6º de INFANTIL

Estimadas familias:

Mañá día 14 de setembro, o alumnado de 6º de infantil, terá sesión de psicomotricidade, polo que deberán vir vestidos con roupa deportiva.

Un saúdo

Titora

REUNIÓN INICIAL. FAMILIAS DE 1º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

O XOVES 16 DE SETEMBRO ás 16:15hs farase a reunión inicial de curso, para responder as vosas dúbidas e poder trasmitirvos a información que precisedes. A reunión será no Salón de Actos do cole e SÓ ASISTIRÁ UN MEMBRO DE CADA FAMILIA, pola situación COVID. 

NON podedes traer @s vos@s fill@s, salvo casos EXCEPCIONAIS. Se alguén NON pode asistir á reunión,  pode enviar un correo electrónico ao centro, para que o poida chamar.

Un saúdo

A titora

 

GRAZAS ÁS FAMILIAS

Hoxe recibimos unha cesta con froita e uns doces, cunha nota desexándonos a todo o claustro, un bo comezo de curso.

GRAZAS!! Sodes increíbles!!

Os desexamos o mesmo e intentaremos facelo o mellor posible, ca vosa axuda.

Unha aperta

O claustro do Ceip Plurilingüe O Ramo

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias: O primeiro, agradecervos a vosa comprensión, porque os comezos de curso, son complicados e máis, co COVID.

Os mestres/as teñen problemas para empregar o abalar móvil, porque o sistema informático da Xunta, tardan en actualizalo. Nestes días, agardamos que estea solucionada dita problemática.

Comentarvos tamén, que en claustro decidiuse, que seguindo o protocolo de seguridade, a primeira reunión cas familias do cole, sexa presencial, polo que os titores poñeránse en contacto con vós, para dita reunión e trasmitirvos a información que precisedes. Moitas grazas.

Un saúdo.

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS

Desde a ANPA nos informan que este curso haberá LUDOTECA desde as 16 h ata as 17.30 horas a través da empresa TEMPUS.

Para que podan organizala e establecer unha data de inicio, aquelas familias interesadas debedes enviar un correo electrónico a: anpaceiporamo@gmail.com indicando as vosas necesidades en canto a número de prazas, horario e días (todo o mes, días soltos..). 

Para maior información sobre a ANPA podedes consultar as súas páxinas de facebook e instagram ou contactar no correo eléctrónico.

Un saúdo

 

 

AVISO ÁS FAMILIAS. FONDO LIBROS

Estimadas familias:

Hoxe os vos@s fill@s levan un documento para asinar, conforme se lles fará a entrega de libros do fondo do cole.

Por favor, mandadeo de volta MAÑÁ 10 DE SETEMBRO, xa que mentras NON O TRAIAN, NON se fará a entrega dos mesmos.

Un saúdo

O equipo directivo

AVISO URXENTE ÁS FAMILIAS DE COMEDOR

Estimadas familias:

Lembrarvos que mañá xoves 9 de setembro, comeza o comedor. 

Durante todo o curso, antes das 09:45hs da mañá, deberedes comunicar por correo electrónico ao centro ou chamando por teléfono, se os vos@s fill@s NON acudirán ao comedor ese día.

A familia que NON O COMUNIQUE, terá que pagar o importe correspondente.

O alumnado do curso pasado, ten asignado automáticamente, os mesmos días para o 2021-22.

Un saúdo.

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS

O horario de saída será INFANTIL, ás 14:10hs e PRIMARIA ás 14:30hs.

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Mañá día 9 de setembro, comezan as clases.

O horario de entrada seguirá sendo o mesmo: INFANTIL ás 09:30hs e PRIMARIA: dende as 09:15hs ás 09:30hs de xeito escalonado, segundo vaia chegando o alumnado.

Lembrarvos que as familias que teñan fill@s en infantil e primaria, poderán recoller a ambos pola porta de infantil, pero deben agardar, a que saian todos os nenos/as desa etapa.

Un saúdo

O equipo directivo

MENÚ COMEDOR MES DE SETEMBRO

Estimadas familias:

Adxunto tendes o menú do comedor do mes de setembro. Lembrarvos que o 9 de setembro, día en que comezan as clases, xa haberá dito servizo.

Un saúdo

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut