Skip to Content

URXENTE. VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

MAÑÁ, 24 DE NOVEMBRO PROCEDERASE DE NOVO ´Á VOTACIÓN dos representantes das familias, no CONSELLO ESCOLAR do cole.

HORARIO: 16:00hs a 17:30hs

LUGAR: Biblioteca 

 Lembrarvos a importancia do voso voto.

Un saúdo

A Xunta Electoral

 

DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Estimadas familias:

O xoves 25 de novembro, celebramos no cole o día da eliminación da Violencia de Xénero, polo que o alumnado poderá traer algo de cor violeta ou morado.

Un saúdo

O equipo directivo

VOTACIÓN ELECCIÓNS REPRESENTANTES PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Bo día:

Informámosvos que o vindeiro LUNS 22 de novembro, celebrarase a elección de representantes de pais/nais do consello escolar

O horario de apertura da mesa electoral será o seguinte:

 

De 16:00hs a 17:30hs na Biblioteca do centro.

 Pregámosvos a vosa participación.

 

O equipo directivo

 

 

 

 

AXUDAS MÁSCARAS ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día:

Adxunto tendes a publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO  e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2021-22 (código do procedemento ED330E). O alumnado que foi beneficiario das axudas de MATERIAL ESCOLAR, NON necesitan presentar documentación.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

Adxunto tendes o calendario das eleccións ao consello escolar.

Do 4 ao 11 de novembro, podedes presentar as vosas candidaturas, imprimindoas do documento adxunto ou ben, recolléndoas en dirección, para ser membros electos de dito órgano.

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

A directora

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO

Estimadas familias:

Adxunto tendes o menú do servizo de comedor, do mes de novembro.

Un saúdo

A directora

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021-22

Estimadas familias:

No archivo adxunto, tendes toda a información referente ás ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR, para a renovación dos seus membros, neste curso 2021-22, tal e como establece a Resolución do 20 de setembro de 2021.

Calquera dúbida que teñades, podedes contactar telefónicamente, co centro.

Un saúdo

A directora

PROXECTO RECICLAXE

 

Bo día:

O noso centro participa nun programa de recollida de instrumentos de escritura gastados de TERRACYCLE (empresa adicada a residuos difíciles de reciclar).

Os nenos/as poden depositar bolis, rotuladores, marcadores fluorescentes, correctores e portaminas no PUNTO HABILITADO na entrada do cole.

NON se recollen lápis, xices, pegamentos ou reglas.

Por cada caixa de 20kgs darannos puntos que podemos canxear por diñeiro e colaborar con proxectos sociais.

Animádevos a reciclalos!

Un saúdo

 

O equipo directivo

 

 

 

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:

Lembrarvos que o vindeiro luns 11 de outubro, NON haberá clase por ser día NON lectivo marcado pola Consellería de Educación.

Un saúdo

O equipo directivo

ACTUALIZACIÓN DE DOCUMENTOS

Estimadas familias:

Nesta páxina, tendes actualizados os documentos no apartado Plan de adaptación Covid para este curso 21-22.

Un saúdo

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut