Skip to Content

Proxectos de Xestión do Centro

REFERÉNDUM NO RAMO

Como sabedes hai uns dias ( durante a Semana Santa) fomos partícipes dun acontecemento moi especial : o nacemento dunha oca ( filla dos nosos Romeo e Xulieta).
Para poñerllle nome decidimos facer un REFERÉNDUM, e recreamos un proceso electoral: cada aula decidiu un nome, constituíuse unha mesa electoral, revisouse o censo, votouse o nome,... a partires de agora podémoslle chamar a nosa pequena oca: CJ. Así se chamará por mandato popular....
Que mellor para coñecer os procesos democráticos que exercelos e recrealos!!!!!

 

Constituíuse unha mesa electoral que contrastou o censo, supervisou a votación e preservou a transparencia democrática...

Asesoraron aos votantes... a participación foi un éxito cunha participación do 100%...

 

Desfrutamos a festa democrática e coñecemos en persoa coma se desenvolve un proceso democrático de votación e elección en equipo....

Pasámolo xenial... e puidemos entender en que consisten unhas eleccións democráticas e comparalas coas do noso País e Comunidade Autónoma de Galiza....

 

E por fin a nosa pequena oca ten nome CJ.... que axiña irá ao Galiñeiro Pedagóxico con Romeo e Xulieta....

Grazas pola gran participación e ilusión.... Foi un fermoso día, cheo de aprendizaxes¡¡¡

 

 

MÓVETE MÁIS E ALIMÉNTATE MELLOR

Esta semana abrimos, un novo curso 2017/18, cheo de ilusións, alegría e retos dentro do programa de vida saudable e nutrición: Móvete Máis e Aliméntate Mellor, composto por dúas liñas: o fomento do deporte e a nutrición, e para isto contamos con dúas triathletas profesionais de primeira liña: Melina e Camila Alonso. 

Melina e Camila touxeron as súas experiencias, saber facer, humildade e capacidade de traballo ao noso cole, todo isto cheo de felicidade e un inmenso sorriso, transmitíndonos que na vida as cousas con optimismo e valores positivos todo nos sae mellor.

Unha das ideas que mais nos gustou da súa charla é a seguinte: Os éxitos sempre están precedidos de moitos intentos e algún fracaso.... Animando aos nosos nenos a intentar as cousas e non ter medo a eqivocarse, principio pedagóxico que traballamos na nosa escola.

 

Cando chegaron estábamos esperándoas moi entusiasmados e recibímolas cunha gran aperta e un inmenso aplauso....

 

Momento da charla sobre deporte, nutrición e a importancia de perseverar no positivo, disfrutar co que se fai e ter en conta os fracasos coma parte dos éxitos e da aprendizaxe..

 

Despois da súa valiosa exposición o CEIP Plurilingüe O Ramo deulles un agasallo dende o noso corazón e agradecemento....

Os nenos e nenas estaban moi emocionados despois da charla, xa que íamos a abrir a milla escolar un ano máis.....

 

Quentamos antes da milla......

E comezamos a milla..... 

 

 Equí tedes o comezo.......

Despois firmaron uns autógrafos...

 

Neste cole somos un equipo¡¡¡¡¡¡¡

E en breve poderedes contar en O Ramo Producións.... a nosa canle de TV Educativa con Melina e Camila Alonso transmitíndonos unha mensaxe moi especial....

PROGRAMA MÓVETE MÁIS E ALIMÉNTATE MELLOR

A nosa escola está a desenvolver o programa Móvete Máis e Aliméntate Mellor, avalada non só pola nosa Consellería de Cultura, Educación e O.U, senón por importantes axentes do mundo do deporte e entidades coma a Universidade se Santiago de Compostela (USC), así coma profesionais do Centro Hospitalario de Santiago de Compostela, coma o Dr. Felipe Casanueva e a Dra. Rosaura Leis, avalados pola consellería de Sanidade. Os obxectivos:

- Mellorar e aumentar os hábitos deportivos.

- Fomentar hábitos nutricionais saudables.

Deste xeito pretendemos aportar o noso graíño de area para mellorar agora e no futuro da vida dos nosos alumnos a súa saúde e benestar, así coma contribuir a fomentar valores que desenvolvan un benestar xeral cunha base clara e necesaria: a saúde.

 Dentro das múltiples actuacións no eido deste programa está a formación a familias, alumnado e profesorado, debido a isto o día 2 de marzo contamos coa ponencia a alumnos pola mañá e a familias e profesorado pola tarde sobre nutrición saudable e fomento da dieta atlántica da Dra. Rosaura Leis.

 Eiqui temos momentos das ponencias a familias, profesores e alumnos impartidas pola Dra. Leis e a Nutricionista Rocío Sáchez, colaboradora do departamento de nutrición da USC.

Posteriormente ás ponencias realizáronse obradoiros sobre nutrición, configuración de dietas saudables e a importancia de identificar os azúcares enmascarados na alimentación, moi pouco recomendables... Foi un auténtico privilexio contar coa Dra Leis na nosa escola, investigadora de referencia na materia de nutrición e pediatría... 

Por último púxose en valor, unha das liñas de investigación do equipo da Dra Leis sobre a necesidade de impulsar e implementar na nosa vida a dieta atlántica , moi saudable e recomendable, con productos da nosa terra.... Que mellor¡

GRAZAS pola asistencia masiva as ponencias e obradoiros ás familias da nosa escola, así coma aos múltiples profesionales da saúde da zona de Ferrolterra que nos acompañaron no privilexio de contar con esta ponente de relevancia e primeira liña científica. 

PROGRAMA MÓVETE MÁIS E ALIMÉNTATE MELLOR

O día 26 inauguramos o programa de fomento da vida saudable móvete máis e aliméntate mellor, con este programa tentaremos poñer o noso graíño de area para contribuir a inculcar no noso alumnado un estilo de vida sano marcado polo fomento do deporte e os seus valores e a importancia de unha nutrición equilibrada. O programa constará de:

- Fomento de actividade física en horario lectivo e non lectivo.

- Charlas impartidas por contrastados persoaxes do mundo do deporte que falen da importancia deste hábito, así como da importancia do esforzo, a motivación e a vontade.

- Charlas impartidas por profesionais da saúde, sobre nutrición e habitos de vida sanos

- Entre outros aspectos...

 

Este luns para abrir o programa contamos coa presenza do pentacampeón de triathlón Javier Gómez Noya, que impartiu unha charla sobre a importancia do deporte, da boa nutrición e do esforzo na vida para conseguir as nosas metas.

Disfrutamos e aprendemos moitísimo¡ Coma sempre...

 

Javier falou da súa experiencia coma deportista e a necesidade de traballar e esforzarse na vida, o cal non é incompatible co esforzo...

 

Javier inaugurou a milla escolar e deu consideracións técnicas sobre como facer isto aos nosos nenos...

Inauguramos a milla escolar.....

Lembramos un dos nosos principais valores.... Somos un equipo¡¡¡ 

E para rematar... Javier estivo con nos nas clases e coñeceu de primeira man o noso proxecto educativo...

Foi un día para lembrar na vida da nosa escola.... GRAZAS JAVIER polos teus ÁNIMOS e COÑECEMENTOS¡¡¡

 

PEATONALIZACIÓN ACCESO O RAMO/PROXECTO ESTILO DE VIDA SAUDABLE

Hoxe tivemos o pracer de celebrar na nosa escola unha mesa informativa e de traballo a cal acudiron o Director Xeral de Infraestructuras da Xunta de Galicia, Don Francisco Menéndez, O Delegado da Xunta Don Diego Calvo, o Xefe Territorial de Educación Don Indalecio Cabana, membros da corporación municipal do noso Concello de Fene e o Equipo Directivo. Nesta xuntanza o Director Xeral de infraestructuras aprobou unha inversión nos accesos ao noso colexio de 224.000 euros, cos cales se acondicionará a estrada da nosa escola, se habilitará unha zona verde e se peatonalizará os arredores do colexio para que familias, estudiantes e demais membros da comunidade educativa poidan desfrutar do maravilloso entorno que nos rodea, camiñar cara a escola nalgúns casos e promover o estilo de vida saudable nos exteriores do centro con actividades que se poderán realizar con un entorno mais acondicionado.

Esta partida é unha aposta da Xunta de Galicia con fondos europeos para mellorar a calidade e seguridade das nosas infraestructuras e seguir apostando polo CEIP Plurilingüe O Ramo....

Eiqui tedes unhas fotos da xuntanza moi intensa e aproveitada, así coma os planos provisionais do que será a potenciación e desenvolvemento do noso colexio...

Fotos da mesa de traballo/informativa e acordos

 Fotos dos planos provisionais do acondicionamento da estrada e exteriores do colexio.

Obxectivo: adaptar o entorno a unha escola cun Proxecto de Vida Saudable que promova a accesibilidade e actividade física en período lectivo e non lectivo...

 

PXA 2023-24 (PO, PAD, PAT, PROGRAMACIÓNS PT/AL,PROXECTOS CENTRO)

Programacións

prueba2

prueba

PXA

Distribuir contido


by Dr. Radut