Skip to Content

ANPA

OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o ANPA de O Ramo iniciamos esta época de nadal cun estupendo obradoiro de postais, no que nenos de 3 anos de infantil ata 6º de primaria levaron a cabo creacións maravillosas e pasaron un rato xenial de diversión e aprendizaxe... 

 

 

 

 

Roteiros "Farangullas do Saber"

O NOSO CONTORNO: COÑECER, GOZAR, RESPECTAR


COMEDOR ESCOLAR

Este curso conseguiuse poñer en funcionamento o comedor escolar grazas ás xestións da ANPA e do Equipo Directivo do colexio. Agardamos que sexa de utilidade e signifique un paso máis no esforzo por mellorar a calidade educativa e a oferta que poñemos a disposición das familias.

 Será xestionado pola ANPA en réxime de cátering. O prezo diario do menú é de 4,70 €, que se aboará antes de usar o servizo. Na medida en que se consigan axudas, tentarase reducir os costes para as familias. 

Os usuarios que non se queden ás actividades da tarde serán recollidos pola familia ás 15:30 h.

Os usuarios ocasionais deberán comunicar a asistencia o mesmo día ás 9:30 h. Farán o mesmo o usuarios habituais que non poidan asistir por algún motivo.Tamén se facilitarán aos usuarios os menús mensuais para que complementen na casa a dieta equilibrada.Os usuarios que precisen dietas especiais deberán achegar certificado médico con indicación da problemática que presenten.

No documento adxunto podese consultar o menú para o mes de outubro.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2009/2010

As actividades extraescolares que van a funcionar ao longo do curso, seguindo as vosas solicitudes, son as seguintes : INFORMÁTICA, MANUALIDES e KÁRATE. Van funcionar de outubro a maio, en horario de 16:30 a 18:30 h. co seguinte calendario :

 

 DIAS  HORA

COPAGO 

GRATIS 

GRATIS (*) 
 LUNS  16:30-18:30  

LUDOTECA

BIBLIOTECA

      15:30 -16:30
 MARTES  16:30-18:30  INFORMÁTICA

 LUDOTECA

BIBLIOTECA

       15:30-16:30
 MÉRCORES  16:30-18.30  MANUALIDADES

 LUDOTECA

BIBLIOTECA

      15:30- 16:30
 XOVES  16:30-18:30  

 LUDOTECA

BIBLIOTECA

      15:30- 16:30
 VENRES  16:30-18:30  KÁRATE

 LUDOTECA

BIBLIOTECA

      15:30- 16:30

(*) So usuarios do comedor

FUNCIONAMENTO DAS ACTIVIDADES

  •      O período de funcionamento das actividades é o comprendido entre o 2 de outubro e o 31 de maio.
  •       Os solicitantes de actividades que non cubriron o número mínimo de asistentes poden solicitar calquera das programadas.
  •        A asitencia a ludoteca e biblioteca é libre, en períodos de 1 hora. Para saídas  do centro antes das 18:30 h. precísase autorización asinada polos pais ou titores.
  •        A participación nas restantes actividades enténdese por curso escolar. A organización e desenvolvemento das mesmas require este tipo de previsión.As baixas que se produzan serán por causa de forza maior debidamente xustificada. En caso contrario a familia asumirá o prexuízo económico.
  •          Os  usuarios do comedor escolar estarán atendidos con monitor no horario de 15:30 – 16:30 h. sempre que participen nas actividades extraescolares desa xornada. 

 

ADORNANDO O COLEXIO

                                                

 

A ANPA axudou a decorar o colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut