Skip to Content

Ed. Primaria

XOGOS SAÚDE

Xoga e aprende cousas  sobre a saúde!


 


 


http://casadetolos.nireblog.com/

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Preme aquí para aprender xogando hábitos saudables. Estes xogo foi elaborado polo "Ceip Outeiro das Penas"de Cesantes.

"Orixes da vangarda rusa"

Neste trimestre imos asistir a unha exposición co título "Orixes da vangarda rusa" na Sede Fundación Caixa Galicia en Ferrol . Poderemos ver algunhas das obras máis sobresaíntes da vangarda rusa, coas que figurarán, entre outros, dous nomes que marcaron as transformacións da historia da arte do século XX, Vasili Kandinski e Kazimir Maliévich. Un total de 45 lenzos representativos destes dous grandes mestres e de artistas como Igor Gravar, Olga Rozanova, Isaac Brodski, Mijaíl Lariónov, Natalia Goncharova ou Piotr Konchalovski. Ademais, a exposición reunirá unha selección de obxectos, realizados por mestres artesáns entre os séculos XIX e XX, que servirán de referencia para identificar as profundas raíces populares na pintura das vangardas rusas.

Nesta presentación poderedes ver, investigar e comentar algunhas obras destes autores, así como ampliar información de Rusia e V. Kandinski.  

 

Aquí poderedes ver algunhas imaxes de Rusia, mentres desfrutades da marabillosa música de Tchaikovsky 
Animámosvos a que se atopades algo curioso, ineresante... o engadades en comentarios deixando o voso nome e curso.
Då skoråvå / Deica logo!
Distribuir contido


by Dr. Radut