Skip to Content

Actividades Extraescolares

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-2020

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-2020

 

Estimadas familias:

Lembrámosvos que a semana de portas abertas das actividades extraescolares farase a próxima semana, do 23 ao 27 de setembro (ambos incluídos),  e estará reservada exclusivamente para o alumnado matriculado no noso centro. O alumnado terá que aportar material nas actividades de patinaxe (patíns en liña) e tenis (raqueta).

 As actividades extraescolares comezarán a funcionar  o martes  1 de outubro de 2019. Só se poderán ofertar as actividades que acaden polo menos 8-10 alumnos inscritos. As demais actividades desaparecerán da oferta.  A data límite para apuntarse é o luns 30 de setembro. Ese día publicaremos no taboleiro de anuncios do colexio, na web e no facebook o horario de actividades definitivo.

O horario de actividades da semana de portas abertas é o seguinte:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

16:00-17:00h

 

- Voz Natura

-Zumba

 

 

-Fútbol

-Ioga

 

-Baile

-Cociña

 

-Debuxo

-Multideporte

 

-Iudo

 

17:00-18:00h

 

-Tenis

-Xadrez

 

 

-Teatro

-Robótica

 

-Baloncesto

 

-Patines

 

-Atletismo

-Ximnasia

Rítmica

 

 

Todas as actividades teñen relación co currículum e o proxecto educativo da escola. Ademais, estas actividades coinciden  coa Semana Europea do Deporte, que como sabedes se celebra do 23 ao 30 de setembro, iniciativa do Parlamento Europeo para a promoción da practica deportiva saudable nos cidadáns da Unión Europea. Este ano, o lema desta semana será #BeActive.

 Especialmente, no CEIP Plurilingüe O Ramo,  imos celebrar entre todos o día 27 de setembro, día Europeo do Deporte Escolar (#ESSD2019), buscando alcanzar ese día 120 minutos de actividade física, como broche final desta Semana Europea do Deporte. Así, inaugurará a nosa milla escolar unha deportista de élite, que nos contará a súa experiencia. Tamén, inauguraremos o noso rincón de baile e teremos algunha que outra sorpresa preparada.

#BeActive #somosactivos #Galiciasaudable 

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Estimadas familias, aquí vos deixamos o horario das actividades extraescolares do curso 2018/2019 e a correspondente distribución das mesmas.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018/19

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018/19

 

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

 

Xa están deseñadas as Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2018/19, que se ampliarán en algunha actividade mais que solicitastes..... Eiquí podedes consultar a oferta..... Lembrade son abertas para todos os nenos entre 3 e 12 anos da comarca de Ferrolterra.... Vide probar e coñecernos¡¡¡

 Para calquera consula, coma sabedes estamos na Secretaría e Direción do centro, coma sempre e no correo: ceip.oramo@edu.xunta.es, ou nos teléfonos: 881930137/38 - 981101007

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017/18

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

Queremos agradecer o importante grao de aceptación da nosa oferta de Actividades Extraescolares un ano máis, tanto polo noso alumnado coma polos nenos e nenas externos que deciden probar e coñecer a nosa escola. Moitas grazas¡¡¡¡¡

A continuación tedes o horario para o vindeiro curso 2017/18, e a ampla oferta de AAEE (Actividades Extraescolares), que comezan a funcionar o vindeiro 2 de outubro de 2017...

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/18

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

Coma xa é tradicional todos os anos por estas datas ofertamos as nosas maravillosas actividades extraescolares, abertas para todos os nenos e nenas de Ferrolterra. Animámosvos a probalas na nosa semana de portas abertas (do 18 ao 25 de setembro de 2017).... Todas as nosas actividades están en relación co noso proxecto educativo de centro (Proxecto Deportivo de Centro, de Coidado do Entorno, Móvete Máis e Aliméntate Mellor...), e poñemos todo o coidado en programalas... Esperamos sexan do voso total agrado...

Para anotarvos só tedes que mandar un mail a ceip.oramo@edu.xunta.es ou inscrivirvos no teléfono 981101007... ANIMÁDEVOS

 

 

ENTROIDO 2017

Este ano celebramos o entroido de xeito moi especial, co noso meco: Don Tamp Ulleiro, ao longo da semana fixemos os distintos mandados e finalizamos o venres cun espectacular desfile polos arredores da nosa preciosa escola....

Eiquí tedes a Don Tampulleiro, con mandados moi esixentes que tivemos que cumprir, pero fixémolo con moita ledicia e optimismo....

 

 

Estes foron os mandados cos que desfrutamos moitísimo...

Cada día lemos os mandados e todos moi atentos e espectantes¡¡¡

 

A temática dos disfraces: Os deportes e a vida saudable, dentro do Proxecto de Centro...

Fixemos unha espectacular comparsa polos arredores do cole, saudando aos veciños e visitandoos coa nosa ledicia...

Cada aula fixo unha actuación.....

Para rematar degustamos lambetadas propias do entroido, elaboradas polas familias... Que saboroso manxar propio da nosa tradición¡¡¡

 

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas Familias:

As actividades extraescolares comezarán o vindeiro 3 de outubro e ao final quedarán configuradas do seguinte xeito:

 

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/16

Estimadas familias:

O día 5 de outubro de 2015 iniciaremos a realización das Actividades Extraescolares, os nenos este ano poderán desfrutar da actividade de horto (dentro do programa de Voz Natura, do que formamos parte coma centro), obradoiro de cociña, patinaxe, multideporte, e ademais contaremos con tenis este ano.

 


 


LUNS


MARTES


MÉRCORES


XOVES


VENRES


16 A 17 HORAS.


Obradoiro da Natureza.


(Voz Natura)


Obradoiro de Cociña.


Multideporte.


Obradoiro de Cociña.


Patinaxe.


17 A 18 HORAS.


 


Baile Moderno.


Tenis.


 


 

PROGRAMA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/16

Xa temos listo o programa de Actividades Extraescolares do curso 2015/16, aberto para todos aqueles nenos entre 3 e 12 anos que se queiran anotar. PROBADE a nosa semana de portas abertas, totalmente gratuíta do 21 ao 25 de setembro.

 

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Estimadas familias, hoxe 1 de outubro dan comezo as actividades extraescolares. Aquí vos deixamos a distribución horaria das mesmas:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut