Skip to Content

Os nosos vídeos

VIDEO LETRAS GALEGAS 2018

Mª Victoria Moreno viaxa no tempo......

Xenial traballo exposto e traballado en todas as clases.... Coñecemos a biografía da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018 da man dos nosos excelentes artistas...

PROGRAMA CÓNTAME O QUE SABES¡¡¡ CONFERENCIA CO JET PROPULSION LABORATORY da NASA (PASADENA, CALIFORNIA)

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O pasado venres 20 de abril tivemos a fortuna de manter unha videoconferencia dende o centro neurálxico da NASA en Pasadena (California), do Jet Propulsion Laboratory, da man de Fernando Abilleira, Enxeñeiro Aeroespacial e responsable de múltiples misións e actualmente, do proxecto Insight, que sairá o 5 de maio de 2018 con dirección Marte para averiguar se houbo vida nalgún momento no Planeta Vermello.

Ademais da súa vida profesional e proxectos, e de facer unha maxistral exposición, Fernando falounos da importancia do esforzo e fixo boa a afirmación do profesor Howard Gardner: "Un excelente profesional, ten que ser unha excelente persoa", e o noso amigo Fernando cumple os dous requisitos.

Quedamos con unha das súas frases, destinadas aos nosos nenos e nenas: "Descubride o que vos gusta, facédeo e con motivación e esforzo todo se consigue". Destacar que él afirmou que o seu traballo gústalle tanto, que para él é unha diversión.....

Fernando foi un exemplo de traballo, excelencia, motivación e ilusión para o noso alumnado.

Momento da videoconferencia no que os alumnos e alumnas de O Ramo lle fixeron varias preguntas a Fernando...

Foto de Fernando Abilleira (Fonte: Nasa profile), cun robot similar ao Curiosity...

 

Eiquí tedes o vídeo, publicado na nosa TV Educativa: O Ramo Producións, que se emitiu en directo para todos os nosos seguidores.... Queremos agradecer moi sinceramente aos varios colexios e entidades que seguiron a emisión en directo.....

Queremos agradecer a Fernando Abilleira e ao Jet Propulsion Laboratory (NASA) a súa colaboración e participación no noso programa Cóntame o que Sabes¡¡¡¡  Foi un auténtico privilexio e un día moi especial para a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe O Ramo... Os ollos dos nosos nenos e nenas brillaron con moita ilusión e gañas de divertirse e aprender¡¡¡

PREMIO PFPP 2017

Estimadas Familias, Amigos e Simpatizantes:

Durante este curso vimos de recibir o premio PFPP á formación do profesorado da nosa escola, con Mención Honorífica, do cal nos sentimos moi orgullosos, xa que, coma sabedes, non só é un premio ao profesorado, senón ao noso alumnado e a vós as familias e amigos, que tanto colaborades con nós. GRAZAS por todo¡¡¡

Eiquí deixámosvos a Felicitación a toda a Comunidade Educativa do noso Conselleiro de Cultura, Educación e O.U., que reproducimos aquí, xa que é para todos vos...

Estamos moi felices, xa que os Premios se disfrutan mais cando os conseguimos todos: Alumnos e Alumnas, Familias e Mestras.... Grazas a todos polo voso traballo no principal obxectivo: O crecemento e desenvolvemento en total benestar personal, emocional e social dos nosos nenos e nenas...

Lembramos o noso lema : Somos un equipo¡¡¡. E unha escola Viva en constante cambio positivo, froito da participación e aportacións da súa Comunidade Educativa...

E debido a que este premio de Formación, ten relación coa nosa TV Educativa, eiquí deixamos o noso último vídeo, colgado en O Ramo Producións... Realizado por mestres e alumnos...

 

 Deixamos aquí algunha noticia de prensa, do mes de novembro, cando se fallou provisionalmente o Premio de Formación...

 

 

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/167981

 

 

 Grazas familias, pola vosa colaboración, e sigamos incansables promovendo e favorecendo o desenvolvemento dos nosos nenos e nenas... Desfrutade do Premio, xa que é todo voso¡¡¡

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Aperta. Traballamos as Emocións

Dende O Ramo Producións presentamos:

Vídeo e traballo científico realizado polo alumnado sobre a importancia de unha boa aperta para a mellora do benestar.......

Felicitación Nadal 2017.

Eiquí podemos ver coma todo o alumnado realizou a árbore de Nadal e nos desexan un Bó Nadal e Próspero Ano Novo 2018....

APADRIÑAMENTO DE ÁRBORES (Programa Voz Natura)

Reportaxe feita polo equipo de alumnos de 5º de EP, de O Ramo Producións (TV Educativa). Eiquí o tedes.... Esperamos que vos guste....

QUÉROTE UN OVO (Emisión en directo)

Eiquí podedes seguir en directo o nacemento e crecemento dos nosos poliños.....

 

I RamoClube da Comedia

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O Ramo Producións presenta:

I Edición RamoClube da Comedia¡¡¡¡

Inauguración Milla Escolar curso 2017/18. Amadriñamento de Melina e Camila Alonso

Estimadas Familias, Amigos e Simpatizantes:

Dende O Ramo Producións, a nosa TV Educativa, estreamos este vídeo que recolle a inauguración da milla escolar por parte das nosas amigas Melina e Camila Alonso, e o discurso de ánimo e promoción do deporte na nosa vida...

Video da festa da benvida 2017

Eiquí tedes o noso video da festa da benvida deste fermoso inicio de curso...

Distribuir contido


by Dr. Radut