Skip to Content

Recursos

NADAL 2017

Durante este Nadal dende a nosa escola fixemos importantes actividades: postais de Nadal onde os nosos nenos foron os protagonistas, visitounos o apalpador, realizamos un mural precioso con refugallo, decoramos as árbores da nosa escola con motivos de nadal (dentro do proxecto de Voz Natura), fixemos unha campaña de recollida de alimentos para os que mais o precisan...

O noso mural cos nosos nenos coma principais protagonistas....

A representante de Arraigo (Asociación que loita contra a pobreza) recollendo os alimentos aportados pola Comunidade Educativa e veciños da nosa escola...

Presentámosvos a Xan o noso boneco de neve feito con refugallo...

 

Vista do mural....

Eiquí unha das clases decora a árbore que apadriñaron con motivos de Nadal... A protección e coidado da natureza son un dos nosos valores...

O noso apalpador... os nenos e nenas están a deixarlle os seus desexos de Nadal.....

Felices Festas e Próspero Ano Novo¡¡¡

Celebración do Samaín e Magosto

Esta semana celebramos o Samaín, festa tradicional Galega, de orixe Celta, e que na nosa escola cobra especial relevancia. Nas clases os nenos vaciaron as cabazas e as decoraron, facendo unha magnífica exposición, estudamos a orixe da festa e a súa razón de ser nesta época do ano, fixemos xogos populares e, coma sempre, alumnos, mestres e familias fundímonos nunha gran aperta cun obxectivo: a mellora da calidade da educación dos nosos nenos, cun aprendizaxe vivencial e significativo, e coa carga emocional que unha festa do calado desta aporta ao feito educativo...

Dende a biblioteca e as aulas, preparouse previamente esta festa, dandolle senso e orixe...

 

Fixemos unha estupenda exposición e concurso de cabazas onde gañou a aprendizaxe e a diversión¡¡¡

Fixemos un foto call, onde mestras e alumnos se fotografaron... Foi moi divertido¡¡¡

 

Fixemos unha exposición de cousas terroríficas... Decorando o noso maravilloso centro...

 

Fixemos a nosa tradicional e popular carreira de carrilanas. Na nosa escola estamos comprometidos cos xogos populares, que promovemos e potenciamos.... Moitas xeracións de nenos e nenas montaron nestas carrilanas, que recordan con agarimo, e hoxe seguen sendo un modo de aprendizaxe e diversión.....

 

Asamos as nosas castañas, amosando o proceso artesanal cunha carga importante de tradición en Galiza....

Rematamos a festa degustando o froito do noso traballo: unhas gorentosas castañas, que apañamos, cociñamos e degustamos.... Que mais se pode pedir?...

Foi unha xornada espléndida, cun tempo atmosférico que acompañou, e coma sempre cunha gran carga de aprendizaxe e diversión...

Distribuir contido


by Dr. Radut