Skip to Content

Departamento Orientación

APRENDIZAXE ASISTIDA CON ANIMAIS

O pasado 2 e 3 de noviembre de 2017 tiremos a norte de contar coa mestra, psicopedagoga e agora podemos dicir a nosa amiga Ana Riaño, cos seus cans Suri e Nala que día a día lle axudan a traballar no seu cole de Cantabria: Fernando Arce.

 

Foi unha xornada excelente e moi proveitosa que estivo composta:

 

1. Xornada de Formación para os nosos compañeiros o día 2 de novembro pola tarde, onde se nos ensinou opcións pedagóxicas de coma traballar coas nosas mascotas: Romeo e Xulieta.

2. Xornada de diversidade funcional con Suri e Nala o día 3 de novembro onde cada aula desenvolveu varios obradoiros moi entretidos, pedagóxicos e aproveitables.

 

3. E rematamos cun agility (demostración de Nala e Sury), onde participaron todas as clases.

 

3

 

 

 

Ademais veunos a ver a TV¡¡¡¡ Avisarémosvos cando se vaia a emitir o programa…..

PLAN DE SENSIBILIZACION DA DISCAPACIDADE I

O noso Plan de Sensibilización da discapacidade, tenta ir mais aló de amosar a diferenza, tenta ver as capacidades que todos temos e a importancia de promover a inclusión educativa e social. Traballamos a empatía, as habilidades sociais e a necesidade de poñerse no lugar do outro, nos aspectos fortes  e menos fortes...

Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa FAXPG ( Federación de Persoas Xordas de Galicia) quen coa axuda das sus maravillosas especialistas en lingua de signos e formadoras nos ensinaron non so signos basicos que levamos xa tempo traballando, senón que levaron a cabo unha xornada de sensibilización que nos amosa coma se sente un neno que non pode oír e que estratexias utiliza para a súa vida....

 

Unha formadora xorda nos explicou con signos como é a vida dun neno xordo e, de todas as posibilidades, que cunha axeitada política inclusiva, todos podemos ter...

 

Explicáronnos que técnicas utilizan na vida diaria para desprazarse con autonomía, espertarse pola mañá,... facer unha vida plena a que todos temos dereito...

Ata veu a prensa e a TV a cubrir este maravilloso acontecemento que ten por bandeira a educación e inclusión educativa e social, signos de unha sociedade avanzada...

Foi unha xornada estupenda de aprendizaxe, pasámolo moi ben, e sentímonos xenial coñecendo a diversidade e concienciandonos para aportar o noso graíño de area dende a escola para facer unha sociedade mellor...

 

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE/ENCONTRO INTERXERACIONAL

Hoxe levamos a cabo a derradeira experiencia deste curso 2015/16 de sensibilización da discapacidade, e xunto coa asociación AFAL Ferrolterra, levamos a cabo un encontro interxeneracional entre os nosos alumnos e os usuarios de AFAL, foi unha experiencia única e enriquecedora que promoveu os valores da solidariedade e inclusión e da cal os nosos nenos aprenderon moitísimo...

Aos nosos amigos, os maiores de AFAL, encantoulles o noso colexio, as instalacións, os maravillosos exteriores, o proxecto educativo...

Despois asistiron a unha obra de teatro que lles fixeron os nosos nenos de 5º e 6º, AROA botámoste moitísimo de menos recupérate axiña¡¡¡¡¡

E como non cantámoslle o noso himno de O Ramo...

 

 

E, por último, fixemos xogos cooperativos e dinámicos, e pasámolo xenial¡¡¡

 

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE

Este curso 2015/16 iniciamos o noso programa, que xa cumple 2 anos de sensibilización da discapacidade, cun enorme traballo realizado dende o Departamento de Orientación e dentro deste polo Equipo de Atención á Diversidade, en concreto pola mestra Catu, que xestiona directamente o programa. Coa axuda da asociación ASCM principalmente e de Vida Activa, coordinadas pola Mancomunidade de municipios de Ferrolterra, os nosos nenos tiveron a oprtunidade de coñecer os deportes que practican as persoas con discapacidade ou diversidade funcional e practicalos coma o bogda, slalom de cadeiras de rodas, basket adaptado...... Foi moi pedagóxico e traballaronse os valores da inclusión educativa e social.

Fixemos slalom coas cadeiras de rodas, ensináronnos estupendos colaboradores
 
Respectivamente e de esquerda a dereita, viñeron a apoiarnos o alcalde de Mugardos (Domingo), o nosos alcalde de Fene (Juventino ) e o xerente da Mancomunidade de Ferrolterra (Luis), o seu apoio ao CEIP Plurilingüe O Ramo foi total.
Domingo e Juventino, participaron da festa e da actividade física no slalom co resto dos rapaces
 
Xogamos ao bogda
Fixemos Basket adaptado
 
Rematamos bailando e celebrando unha estupenda xornada de aprendizaxe e inclusión.
 
Grazas as asociacións colaboradoras ASCM e Vida Activa co noso programa de sensibilización da discapacidade, os nosos nenos aprenderon moitísimo...
 

Plan de Orientación Académico e Plan Xeral de Atención á Diversidade

Eiquí presentamos o nosos recente Plan de Orientación Académico, que aprobamos en Claustro o 20 de xaneiro do 2015, vai refundido co Plan Xeral de Atención á Diversidade, realizado no 2014:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporamo/system/files/Plan%20D.O..doc

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ORIENTACIÓN ÁS

FAMILIAS 

ORIENTACIÓN AO

PROFESORADO 

         ORIENTACIÓN AO    

ALUMNADO

Distribuir contido


by Dr. Radut