Skip to Content

PROGRAMA CÓNTAME O QUE SABES¡¡¡ CONFERENCIA CO JET PROPULSION LABORATORY da NASA (PASADENA, CALIFORNIA)

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O pasado venres 20 de abril tivemos a fortuna de manter unha videoconferencia dende o centro neurálxico da NASA en Pasadena (California), do Jet Propulsion Laboratory, da man de Fernando Abilleira, Enxeñeiro Aeroespacial e responsable de múltiples misións e actualmente, do proxecto Insight, que sairá o 5 de maio de 2018 con dirección Marte para averiguar se houbo vida nalgún momento no Planeta Vermello.

Ademais da súa vida profesional e proxectos, e de facer unha maxistral exposición, Fernando falounos da importancia do esforzo e fixo boa a afirmación do profesor Howard Gardner: "Un excelente profesional, ten que ser unha excelente persoa", e o noso amigo Fernando cumple os dous requisitos.

Quedamos con unha das súas frases, destinadas aos nosos nenos e nenas: "Descubride o que vos gusta, facédeo e con motivación e esforzo todo se consigue". Destacar que él afirmou que o seu traballo gústalle tanto, que para él é unha diversión.....

Fernando foi un exemplo de traballo, excelencia, motivación e ilusión para o noso alumnado.

Momento da videoconferencia no que os alumnos e alumnas de O Ramo lle fixeron varias preguntas a Fernando...

Foto de Fernando Abilleira (Fonte: Nasa profile), cun robot similar ao Curiosity...

 

Eiquí tedes o vídeo, publicado na nosa TV Educativa: O Ramo Producións, que se emitiu en directo para todos os nosos seguidores.... Queremos agradecer moi sinceramente aos varios colexios e entidades que seguiron a emisión en directo.....

Queremos agradecer a Fernando Abilleira e ao Jet Propulsion Laboratory (NASA) a súa colaboración e participación no noso programa Cóntame o que Sabes¡¡¡¡  Foi un auténtico privilexio e un día moi especial para a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe O Ramo... Os ollos dos nosos nenos e nenas brillaron con moita ilusión e gañas de divertirse e aprender¡¡¡



page | by Dr. Radut