Skip to Content

PREMIO PFPP 2017

Estimadas Familias, Amigos e Simpatizantes:

Durante este curso vimos de recibir o premio PFPP á formación do profesorado da nosa escola, con Mención Honorífica, do cal nos sentimos moi orgullosos, xa que, coma sabedes, non só é un premio ao profesorado, senón ao noso alumnado e a vós as familias e amigos, que tanto colaborades con nós. GRAZAS por todo¡¡¡

Eiquí deixámosvos a Felicitación a toda a Comunidade Educativa do noso Conselleiro de Cultura, Educación e O.U., que reproducimos aquí, xa que é para todos vos...

Estamos moi felices, xa que os Premios se disfrutan mais cando os conseguimos todos: Alumnos e Alumnas, Familias e Mestras.... Grazas a todos polo voso traballo no principal obxectivo: O crecemento e desenvolvemento en total benestar personal, emocional e social dos nosos nenos e nenas...

Lembramos o noso lema : Somos un equipo¡¡¡. E unha escola Viva en constante cambio positivo, froito da participación e aportacións da súa Comunidade Educativa...

E debido a que este premio de Formación, ten relación coa nosa TV Educativa, eiquí deixamos o noso último vídeo, colgado en O Ramo Producións... Realizado por mestres e alumnos...

 

 Deixamos aquí algunha noticia de prensa, do mes de novembro, cando se fallou provisionalmente o Premio de Formación...

 

 

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/167981

 

 

 Grazas familias, pola vosa colaboración, e sigamos incansables promovendo e favorecendo o desenvolvemento dos nosos nenos e nenas... Desfrutade do Premio, xa que é todo voso¡¡¡

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut