Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR

Este curso conseguiuse poñer en funcionamento o comedor escolar grazas ás xestións da ANPA e do Equipo Directivo do colexio. Agardamos que sexa de utilidade e signifique un paso máis no esforzo por mellorar a calidade educativa e a oferta que poñemos a disposición das familias.

 Será xestionado pola ANPA en réxime de cátering. O prezo diario do menú é de 4,70 €, que se aboará antes de usar o servizo. Na medida en que se consigan axudas, tentarase reducir os costes para as familias. 

Os usuarios que non se queden ás actividades da tarde serán recollidos pola familia ás 15:30 h.

Os usuarios ocasionais deberán comunicar a asistencia o mesmo día ás 9:30 h. Farán o mesmo o usuarios habituais que non poidan asistir por algún motivo.Tamén se facilitarán aos usuarios os menús mensuais para que complementen na casa a dieta equilibrada.Os usuarios que precisen dietas especiais deberán achegar certificado médico con indicación da problemática que presenten.

No documento adxunto podese consultar o menú para o mes de outubro.

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DO COMEDOR ESCOLAR.doc27 KB
Copia de Septiembre-Octubre.xls66.5 KB


page | by Dr. Radut