Skip to Content

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Xa estamos de volta e queremos comunicarvos, que o vindeiro 9 de setembro, iniciarase o curso escolar 2021-22.

O horario, será coma o deste ano e as entradas faranse da seguinte maneira: infantil pola porta principal e primaria, pola porta de abaixo(en frente da Galiña Azul).

O primeiro día o alumnado, só terá que traer unha mochila, cun estoxo e o petisco para o tempo de lecer.Logo, os respectivos titores daranvos as instrucións precisas.

Os libros que lles correspondan aos vos@s fill@s de FONDO LIBROS, se entregarán nos primeiros días, pero xa vos iremos informando.

Un saúdo e agardamos teñades un bo curso.

O equipo directivo

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS

Estimadas familias: 

Na aplicación FONDOLIBROS da xunta de galicia, no apartado CIDADÁN, introducindo o DNI da persoa que fixo a solicitude, aparécevos a listaxe definitva dos libros que lles serán entregados aos vosos fill@s, cando comecen as clases.

Unha aperta e felíz verán!

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS. PECHE DO CENTRO

Estimadas familias:

Mañá 15 de xullo, o cole PECHARÁ as súas portas ata o 1 de setembro. Calquera consulta que teñades, podedes chamar ao 639 158 617 (estará operativo ata o 30 de xullo, de 10hs a 12hs de luns a venres). 

Desfrutade do verán e vémonos á volta.

Un saúdo.

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS DE COMEDOR. CURSO 2021-22

Estimadas familias:

Coa finalidade de completar o proceso para a solicitude de comedor para o vindeiro curso 2021-22, achégase o ANEXO II que deberedes cubrir e enviar ao email do cole: ceip.oramo@edu.xunta.gal (antes do 13 de xullo) ou ben entregar no centro, o día 13 de xullo entre as 10hs e as 12hs.

Un saúdo

O equipo directivo

AVISO ÁS FAMILIAS

 Estimadas familias:

O horario do centro, no mes de xullo, será de 09:00hs a 11:00hs. Déixovos o número de móvil do centro, que estará activo, todo o mes de xullo de 9hs a 14hs para calquera dúbida que teñades ou o que necesitedes.

639 158 617

Desfrutade do verán, sempre con sentidiño e vémonos á volta. 

A vindeira semana, publicaremos información da listaxe provisional de alumnado de primaria, de FONDO LIBROS.

Unha aperta

A directora

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Ante as dúbidas xurdidas decirvos que os CHEQUES para mercar libros e os de material escolar, para o alumnado de 1º,2º, 5º e 6º de primaria do curso 2021-22, NON  poden entregarse ata finalizar o prazo de matrícula do alumnado novo.

Por iso, avisarémosvos, a aquelas familias que lle sexa adxudicado dito cheque, para vir ao cole a recollelo.

Previsiblemente será a primeira semana de xullo, en HORARIO DE  9 a 11hs, pero xa vos confirmaremos por abalar e a páxina web, a data exacta.

Un saúdo

A directora

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2021-22

Bo día:

Adxunto tendes o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2021-22, para aquelas familias que NON sexan beneficiarias do fondo libros.

Un saúdo

A directora

AVISO ÁS FAMILIAS

Bo día:

O próximo luns día 7 de xuño Irene de Verdegaio fará unha foto de fin de curso a cada clase. 

Todos os/as socios/as da ANPA recibirán unha copia gratuita en papel como agasallo, non terán que solicitala. 

Para os/as alumnos/as non socios/as da ANPA terá un custe de 1 euro e deberán solicitar a copia antes do luns 7 xuño enviando un correo electrónico a anpaceiporamo@gmail.com onde indiquen nome do/a neno/a e curso escolar

A familia que non queira que o seu fill@ saia na foto, avisen a titora correspondente.

Un saúdo

AVISO ÁS FAMILIAS. FONDO LIBROS

Bo día: 

A semana do 7 ao 11 de xuño, o alumnado que teña libros de fondo libros, traeráos ao centro, para telos todos o venres 11 de xuño. Por favor, revisade que están en bo estado e se hai algún que xa non se poida utilizar comunicádello á titora.

Ademáis, aquelas persoas que queiran doar os seus libros ao fondo por favor, que os traian tamén durante esta semana cunha nota conforme os doan (ou enviade abalar á titora facendo referencia á doazón)

Gracias e boa semana.

Un saúdo

A directora

MENÚ COMEDOR MES DE XUÑO

Estimadas familias:

Adxunto tedes o menú de comedor do mes de xuño.

Un saúdo

A directora

Distribuir contido


by Dr. Radut