Skip to Content

AVISO PARA A AS FAMILIAS DO ALUMNADO 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día.

Lembrámosvos que as familias do alumnado de 6º de educación primaria que solicitedes o fondo solidario de libros de texto e material escolar debedes presentalo no instituto onde vaian cursar o curso que ven.

 

Un saúdo

Secretaría

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Informámosvos que, segundo a Orde do 6 de maio de 2021, xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria no curso 2021-2022.

O Prazo para presentar a solicitude abrangue dende hoxe, 21 de maio ata o 22 de xuño.

As solicitudes poderá descargarse clicando aquí: Solicitude

Tamén poderá descargarse na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

Tamén poderá recollerse na secretaría do centro.

Unha vez cuberta, poderá presentarse no centro educativo ou por vía electrónica (nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación fondolibros)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Solicitude debidamente cuberta e asinada (unha única para todo@s os fill@s matriculad@s no mesmo centro)

- Fotocopia do libro de familia.

Fotocopia do DNI ou NIE e fotocopia da declaración da renda correspondente ao exercicio 2019 no caso de non autorizar a consulta de datos de identidade e dos datos tributarios.

- Xustificante daquelas situacións especiais que se poidan alegar (certificado de discapacidade, sentencia xudicial de separación ou divorcio...)

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLARO alumnado de 1º e 2º de EP no curso escolar serán obxecto das axudas para libros de texto.

A contía das axudas para os libros será:

210€ se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€

140€ se a renda per cápita está entre 6.000 e 10.000€

Nos casos de alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, a contía das axudas será de 275€ independentemente da renda familiar.

A contía das axudas para o material escolar será de 50€ se a renta per cápita é inferior a 6.000€.

 

FONDO LIBROS:

Para o alumnado que se escolarice en 3º e 4º de EP:As persoas beneficiarias de libros procedentes do centro, teñen a obriga de devolver os libros de texto antes do 22 de xuño de 2021 en bo estado. A non devolución será causa de exclusión da participación no curso 2021-2022.

Está exento desta obriga o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Os libros que obterán para o curso 2021-2022 serán:

- 6 libros se a renda per cápita é inferior a 6.000€

- 4 libros se a renda pero cápita está entre 6.000 e 10.000 €

No caso do alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%, o número de libros recibidos será de 6 independentemente da renda.

A contía das axudas para o material escolar será de 50€ se a renta per cápita é inferior a 6.000€.

 

O alumnado de 5º e 6º EP participa no proxecto E-dixgal, polo que non recibirá libros de texto pero si poderá recibir a axuda de material.A contía das axudas para o material escolar será de 50€ se a renta per cápita é inferior a 6.000€.

 

*Para o cálculo da renda per cápita hai que sumar os recadros 435 e 460 da renda do ano 2019 (presentada no 2020) e dividila entre o número de membros computables da unidade familiar (tendo en conta que os membros con discapacidade superior ao 33% computan como 2)

 

PRAZOS:

As datas límites serán as seguintes:

Para publicar as listaxes provisionais o 6 de xullo.

Para publicar as listaxes definitivas o 20 de xullo.

(As listaxes só se poderán consultar no taboleiro de anuncios do centro ou a través da solicitude presentada na aplicación fondolibros empregando a chave 365 ou o certificado dixital)

Toda a información está dispoñible na Orde do 6 de maio de 2021.

CELEBRACIÓN DÍA DOS MAIOS. AVISO ÁS FAMILIAS

Bo día:

En previsión do tempo para o Venres 21(choiva), o equipo de mestres decidiu APLAZAR a celebración dos Maios, ata a vindeira semana. Disculpade as molestias e xa vos avisaremos do día exacto, para traer as flores.

Un saúdo

Equipo de mestres

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Por fin, o vindeiro venres 28, celebraremos os Maios e as Letras Galegas. Unha das actividades que levaremos a cabo co alumnado é adornar unha pequena alfombra por aula. Para iso, pedímosvos a vosa colaboración. Precisamos que nos enviedes, dentro das vosas posibilidades: flores e plantas variadas, que serán recollidas polo titor/a nas clases correspondentes os DÍAS 27 e 28 de maio.

Grazas pola vosa colaboración.

Saúdos. O equipo de mestres/as

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO NO CENTRO

Bo día:

Informámosvos que todas aquelas familias que presentáchedes a solicitude de admisión no centro para algún alumno/a  no mes de marzo están admitidos.

No mes de xuño, mandarémosvos instruccións para facer a formalización de matrícula.

 

Un saúdo

Secretaría

AVISO FORMACIÓN FAMILIAS

Estimadas familias:

A continuación deixámosvos o enlace á sala de reunión para a sesión do martes 11 de maio, de Educación Emocional e Disciplina Positiva:

https://us02web.zoom.us/j/84280737527?pwd=NCsvZGFWLzVtUXBYcVdjcUE4QmNiQT09

ID de reunión: 842 8073 7527

Código de acceso: 007971

Lembrade que será  de 17.00hs a 19.00hs

Un saúdo!

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

O vindeiro luns 17 de maio, é festivo. No CEIP Plurilingüe O Ramo, collemos tamén o martes, polo que, o 18 DE MAIO NON haberá clase e o centro permanecerá pechado.

Un saúdo.

A directora

2ºª FORMACIÓN FAMILIAS

Estimadas familias:

Xa temos data para a 2ª formación de Educación Emocional e Disciplina Positiva. Será o vindeiro día 11 de maio de 17:00 a 19:00.

Para todos aqueles que non asistíchedes á primeira sesión, animámosvos a participar.

Un saúdo!

FAMILIAS SERVIZO COMEDOR

Boa tarde:

Déixovos adxunto o menú de comedor do mes de maio.

 

Un saúdo.

A directora

AVISO ÁS FAMILIAS

Boa tarde:

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Educación, poñen en marcha a realización dunha enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe, ten por finalidade coñecer a opinión de TODAS AS FAMILIAS do cole e do ALUMNADO de 5º e 6º de primaria e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A vosa participación nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación de todos vós.

Mañá, os vos@s fill@s levarán unha circular, cas instrucións para respostar dita enquisa.

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.

A directora

Distribuir contido


by Dr. Radut