Estimadas familias:
O próximo 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza nos centros sostidos con fondos públicos.
Aqueles que esteades interesados deberedes presentar no centro:
- Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017, (que tedes adxunto tamén ao final xunto coa lexislación). Tamén se pode descargar da páxina web da consellería ou recoller un exemplar na secretaría do centro.
- Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.
- No caso de que o alumno/a proceda doutro centro, será preciso o certificado de estudos no que conste o curso no que estivo matriculado no ano académico 2020-2021.
- Ademáis segundo a Orde do 25 de Xaneiro de 2017, poderá solicitarse a admisión no centro educativo por vía telemática na páxina admisionalumnado.
O PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES ABRANGUERÁ DO 1 AO 22 DE MARZO (AMBOS INCLUSIVE)
Tal e como recolle a normativa, lembrámosvos que:
- Só se pode presentar unha única solicitude no centro onde se solicite a praza en primeiro lugar. De non ser así, perderá os dereitos de prioridade que lle correspondan.
- A solicitude debe vir asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo, a un deles. En calquera caso, presentarase a resolución xudicial correspondente.
- O alumnado matriculado no centro durante o curso 2020-2021 ten garantida a praza no centro. De querer cambiar de centro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.
- O alumnado deste centro que queira presentar solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo na secretaría (remitindo copia da solicitude de admisión presentada no novo centro)
- A zona de escolarización abrangue todo o concello de Fene.
- Para os alumnos/as que pasan a 1º da ESO, lembrarvos que o noso IES adscrito e o IES de Fene.
Anexo II e lexislación relacionada co proceso de admisión:
- Anexo II
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro.
- Orde do 12 de marzo de 2013.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017.
- Orde do 18 de decembro de 2020.
un saúdo