Skip to Content

RESERVA DE PRAZA CURSO 2024-25 NO IES DE FENE

Estimadas familias,

adxunto tedes instrucións para a reserva de praza para o curso 2024-25 no IES de FENE ( só alumnado que curse este ano 6º de primaria e vaia para 1º ESO ao instituto adscrito ao noso centro).

As familias que desexen que o seu fillo ou filla, curse 1º ESO noutro instituto ou nun Cpi, diferente ao de Fene, agardarán ao período de admisión entre o 1 e o 20 de marzo de 2024.

A reserva pódese facer telemáticamente ou ben, unha vez cubertos os anexos, entregala no noso centro (pode traela o alumnado).

O prazo abrangue desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2024.

Deixámosvos o enlace para aclaración de dúbidas ou facer a reserva telemáticamente:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Un saúdo

A dirección

 

AdxuntoTamaño
Instrucions xerais 2024-25.pdf286.49 KB
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB
IMPRESO PARA CUBRIR.pdf1.23 MB


page | by Dr. Radut