Skip to Content

FORMACIÓN ROBÓTICA APLICADA Á EDUCACIÓN/ESCORNABOTS

Dende a nosa escola coa colaboración do CFR de Ferrol estamos a levar a cabo un curso de formación na utilización e uso pedagóxico dos escornabots. Os escornabots son uns robots básicos cos cales pretendemos ampliar a aprendizaxe das linguaxes do noso alumnado, entre os cales se atopan o linguaxe da programación.

Da man do asesor TIC do CFR e de Tino Fernández, profesor do CIFP Ferrolterra estamos a formar a 9 profesores do noso centro no uso de escornabots e manexo dos mesmos, con moitas aplicabilidades didácticas. Actualmente o CEIP Plurilingüe O Ramo acaba de adquirir 9 escornabots para a mellora e aprendizaxe do alumnado do noso centro neste eido...

 

Eiquí tedes un dos nosos escornabots preparados para introducir e traballar a programa¡ción nas aulas, así coma aspectos psicopedagóxicos coma a direccionalidade, lateralidade, espazo, posición, situación..

 

Eiquí tedes algúns momentos da docencia e obradoiro de montaxe dos Escornabots, así como a mostra da aplicabilidade na aula co alumnado. E vos preguntaredes: Porqué é necesario montar o escornabot?, debido a que así coñecemos o seu funcionamento e o xeito de utilizalo e aplicalo con éxito no aula. Obxectivo: Contribuir á mellora da calidade da ensinanza no noso centro.

Eiquí tedes algunhas das múltiples pezas do escornabot, a derradeira que vedes neste bloque é a placa base, fundamental para o seu funcionamento...

 

Despois da xornada amósase a satisfacción dunha completa xornada de formación. Para o CEIP Plurilingüe O Ramo é unha honra contar cun profesorado tan motivado: 9 profesoras se formaron para implementar esta metodoloxía na aula. Moitas grazas compañeiras¡¡¡.

É un pracer contar coa axuda da estructura de formación do CFR de Ferrol e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para mellorar a calidade do ensino no noso centro...

Proxectos 2º Trimestre

Dende a TV Educativa O Ramo Producións presentamos o video - resumo de algúns dos nosos proxectos do 2º trimestre....

Grazas pola vosa colaboración.

ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2017/18

Benvidos á nosa escola¡¡¡

É un pracer para nos poder contar vos o vindeiro curso. Na seguinte lista tedes o conxunto de alumnado admitido para o próximo curso 2017/18.

 

PROGRAMA MÓVETE MÁIS E ALIMÉNTATE MELLOR

A nosa escola está a desenvolver o programa Móvete Máis e Aliméntate Mellor, avalada non só pola nosa Consellería de Cultura, Educación e O.U, senón por importantes axentes do mundo do deporte e entidades coma a Universidade se Santiago de Compostela (USC), así coma profesionais do Centro Hospitalario de Santiago de Compostela, coma o Dr. Felipe Casanueva e a Dra. Rosaura Leis, avalados pola consellería de Sanidade. Os obxectivos:

- Mellorar e aumentar os hábitos deportivos.

- Fomentar hábitos nutricionais saudables.

Deste xeito pretendemos aportar o noso graíño de area para mellorar agora e no futuro da vida dos nosos alumnos a súa saúde e benestar, así coma contribuir a fomentar valores que desenvolvan un benestar xeral cunha base clara e necesaria: a saúde.

 Dentro das múltiples actuacións no eido deste programa está a formación a familias, alumnado e profesorado, debido a isto o día 2 de marzo contamos coa ponencia a alumnos pola mañá e a familias e profesorado pola tarde sobre nutrición saudable e fomento da dieta atlántica da Dra. Rosaura Leis.

 Eiqui temos momentos das ponencias a familias, profesores e alumnos impartidas pola Dra. Leis e a Nutricionista Rocío Sáchez, colaboradora do departamento de nutrición da USC.

Posteriormente ás ponencias realizáronse obradoiros sobre nutrición, configuración de dietas saudables e a importancia de identificar os azúcares enmascarados na alimentación, moi pouco recomendables... Foi un auténtico privilexio contar coa Dra Leis na nosa escola, investigadora de referencia na materia de nutrición e pediatría... 

Por último púxose en valor, unha das liñas de investigación do equipo da Dra Leis sobre a necesidade de impulsar e implementar na nosa vida a dieta atlántica , moi saudable e recomendable, con productos da nosa terra.... Que mellor¡

GRAZAS pola asistencia masiva as ponencias e obradoiros ás familias da nosa escola, así coma aos múltiples profesionales da saúde da zona de Ferrolterra que nos acompañaron no privilexio de contar con esta ponente de relevancia e primeira liña científica. 

Fin do Entroido 2017

Hoxe pechamos o entroido coa queima do meco e a lectura do testamento, ofrecendo os nosos mellores desexos a alumnado, familias e mestras, e dando paso xa, a nova estación que comezará en 9 días: a primavera...

  

 

E rematamos este divertido entroido coa queima de Don Trampulleiro, coma símbolo de rexeneración e dos nosos bos desexos...

COMEZA O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2017/18

E ti que queres ser de maior?

Querémoste no noso equipo! Ven connosco!

 

ENTROIDO 2017

Este ano celebramos o entroido de xeito moi especial, co noso meco: Don Tamp Ulleiro, ao longo da semana fixemos os distintos mandados e finalizamos o venres cun espectacular desfile polos arredores da nosa preciosa escola....

Eiquí tedes a Don Tampulleiro, con mandados moi esixentes que tivemos que cumprir, pero fixémolo con moita ledicia e optimismo....

 

 

Estes foron os mandados cos que desfrutamos moitísimo...

Cada día lemos os mandados e todos moi atentos e espectantes¡¡¡

 

A temática dos disfraces: Os deportes e a vida saudable, dentro do Proxecto de Centro...

Fixemos unha espectacular comparsa polos arredores do cole, saudando aos veciños e visitandoos coa nosa ledicia...

Cada aula fixo unha actuación.....

Para rematar degustamos lambetadas propias do entroido, elaboradas polas familias... Que saboroso manxar propio da nosa tradición¡¡¡

 

ADMISIÓN CURSO 2017/18

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O vindeiro día 1 de marzo e ata o 20 comeza o proceso de admisión para o novo curso 2017/18, lembrade que o día 1 de marzo (por ser entroido) e sábados e domingos a inscrición so se poderá facer vía telemática (por sede electrónica), os demais días laborais estaremos encantados de recibirvos na secretaría do centro para recoller as solicitudes de admisión. VIDE A NOSA ESCOLA¡¡¡

Dia da Paz 2017

A conmemoración da Paz lévase a cabo todos os días nas relacións cos compañeiros, coas familias, cos mestres... Nembargantes un día coma o 30 de xaneiro conmemórase o día da paz, coíncidindo co pasamento de Mahatma Gandhi, líder espiritual que deixou legado no corazón da humanidade, este ano recordámolo dende o CEIP Plurilingüe o Ramo pintando a seguinte mensaxe na entrada da nosa escola...

Non hai camiño para a PAZ a PAZ é o camiño.... pensamos que esta frase se podería extrapolar a aspectos fermosos que levamos a cabo día a día, a aprendizaxe é o propio camiño, así coma o desfrute do mesmo....

 

Entre todos pensamos, buscamos e escollimos a frase, ademais de pintala, para que o noso lema sexa ben visible, é noso e de toda a humanidade...

A nosa escola é preciosa e "máxica", pedimos que a Paz se faga...

 

E todos xuntos cantamos a canción do día da paz.....

Eiquí tedes un vídeo, na nosa canle de TV Educativa sobre o día da Paz, quedou fermoso e o momento de aprendizaxe foi moi especial....

PLAN DE SENSIBILIZACION DA DISCAPACIDADE I

O noso Plan de Sensibilización da discapacidade, tenta ir mais aló de amosar a diferenza, tenta ver as capacidades que todos temos e a importancia de promover a inclusión educativa e social. Traballamos a empatía, as habilidades sociais e a necesidade de poñerse no lugar do outro, nos aspectos fortes  e menos fortes...

Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa FAXPG ( Federación de Persoas Xordas de Galicia) quen coa axuda das sus maravillosas especialistas en lingua de signos e formadoras nos ensinaron non so signos basicos que levamos xa tempo traballando, senón que levaron a cabo unha xornada de sensibilización que nos amosa coma se sente un neno que non pode oír e que estratexias utiliza para a súa vida....

 

Unha formadora xorda nos explicou con signos como é a vida dun neno xordo e, de todas as posibilidades, que cunha axeitada política inclusiva, todos podemos ter...

 

Explicáronnos que técnicas utilizan na vida diaria para desprazarse con autonomía, espertarse pola mañá,... facer unha vida plena a que todos temos dereito...

Ata veu a prensa e a TV a cubrir este maravilloso acontecemento que ten por bandeira a educación e inclusión educativa e social, signos de unha sociedade avanzada...

Foi unha xornada estupenda de aprendizaxe, pasámolo moi ben, e sentímonos xenial coñecendo a diversidade e concienciandonos para aportar o noso graíño de area dende a escola para facer unha sociedade mellor...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut