Skip to Content

Día da Paz 2018

O pasado 30 de xaneiro de 2018 celebramos o día da Paz e os valores de pacifismo que fan a unha sociedade grande, que tentamos impulsar dende a nosa escola...

O noso lema deste ano: XUNTOS imos camiñando rumbo a paz.... Non entendemos outro xeito de facer as cousas  que facelas xuntos e cos valores de Paz e Convivencia.... Familias, Alumnado e Profesorado somos un neste fermoso camiño da aprendizaxe...

Mirade o noso fermoso mural onde os nosos nenos e nenas son os protagonistas...

Cando fixemos o mural, partimos de un dos nosos lemas (Destacado por Galeano: Camiñamos cara a Utopía...), na que concluímos cos nenos a importancia de "facer camiño" cara a paz e desfrutar o camiño coma filosofía de vida... Este ano cada neno navegaba cara a paz nun mar onde todos convivimos, traballamos e crecemos...

 

Cada alumno deseñou o seu barquiño e a súa figura, e colocárona onde estimaron facendo un mural único e irrepetible, ao igual que eles.... Ademais o deseño do mural estivo a cargo do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria...

 

Ademais o estupendo equipo de Educación Infantil traballou no seu proxecto mensual a PAZ, e trasladouno á vida do centro coa súa aportación as distintas clases e a realización de excelentes traballos que podedes contemplar nos seguintes murais...

 

 

Destacar que a realización destes traballos non sería posible sen a colaboración das familias, que cada día o estades facendo mellor e cunha excelente intensidade.... GRAZAS a nosa gran familia de O Ramo.... As vivencias e aprendizaxes están a ser maravillosas....

Entre todos fixemos os retoques finais para que todo estivese á altura do proceso..............Maravilloso¡¡¡

Ademais deste maravilloso traballo integrado na nosa programación curricular do pasado xaneiro, culminamos a celebración da PAZ coa lectura do noso alegato pola PAZ e da canción da PAZ que estivemos ensaiando para uns invitados moi especiais: as mamas e papas que nos viñeron visitar..... Eiquí tedes uns vídeos deste momento...

 

Os nenos de 6º de Primaria leron xenial o alegato a favor da PAZ e a investigación realizada sobre a conmemoración neste día.... É importante coñecer axeitadamente as raíces do que aprendemos......

 

Por último cantamos XUNTOS a canción ensaiada dende o Departamento de Música e todas as mestras, para conmemorar este maravioso día..... GRAZAS por asistir, por participar e colaborar... Coma sempre aprendemos moito e pasámolo xenial¡¡¡



page | by Dr. Radut